27/10/16

Os desaloxos seguen aí: 7 ao día en Galicia, a maioría por alugueiros impagados

"Os efectos da crise están moi lonxe de desaparecer en Galicia. No segundo trimestre do ano os xulgados de primeira instancia practicaron 690 lanzamentos. A cifra supón un descenso do 3,4% con respecto ao mesmo período de 2015 (714) e do 4,4% en relación ao segundo trimestre de 2014 (722). 

Con todo, a situación é mesmo máis negativa que a que se rexistraba en 2013 (633 desaloxos no segundo trimestre). O gráfico amosa como nos últimos tres anos a realidade apenas mudou e cada día segue a practicarse unha media de 7.6 lanzamentos na comunidade.

A maior parte están relacionados con incumprimentos da lei de arrendamentos urbanos, principalmente pola falta de pagamento do alugueiro. No segundo trimestre foron 421, dous de cada tres. Os desaloxos por atrasos nos pagamento da hipoteca foron algo máis dun terzo (238). 

Nos últimos tres anos e medio producíronse 8.643 lanzamentos en Galicia, 5.496 relacionados co pagamento do alugueiro. (...)"        (Praza Pública, 15/10/16)


No hay comentarios: