"Ante a recente aparición de verteduras durante esta semana no río Lagares á altura de Balaídos,
falamos con Gabino Cuntín, membro da xunta directiva da asociación
ecoloxista Lagares Vivo, para intentar comprender un pouco máis o
acontecido.
Sen poder asegurar con rotundidade a súa natureza só
co apoio fotográfico, Cuntín considera que “parece o típico vertido de
deterxente, de fosfatos. Estas verteduras prodúcense por ducias cada ano.
Houbo outra hai un mes na contorna de Peinador. Tristemente son moi habituais”, lamenta.
“Identificamos 7 ou 8 cada ano no Lagares, e
obviamente non estamos a contar as que non chegamos a percibir, pero en
calquera caso o cen por cen quedan impunes. Nunca se descobre o culpable“, engade.
Nin
sequera o conseguiron hai 3 anos, cando un gran vertido provocou a
morte dun importante número de anfibios e animais doutras clases. O
acontecido tivo o seu eco nos medios de comunicación, o cal non adoita
ser habitual, e denunciaron ao Valedor do Pobo, todo sen resultado.
Aquela vertedura tivera lugar nun afluente do Lagares, o Barxa, que discorre polo Polígono de Valadares. Todo parecía apuntar a que fora producida por unha empresa dese polígono.
“Ao final quedou impune”, lembra Gabino, “e é ata
sospeitoso que o laboratorio do Campus de Lugo da USC non dera con que
sustancia fora, nin sequera co principio activo que causou as mortes”.
Como
nota positiva, Gabino valora nestas fotografías a resilencia do medio
natural, que aínda resiste os ataques do home. Así, ao fondo “unha garza real aguanta en medio da contaminación”, celebra.
Quedaremos
sen coñecer o culpable desto: “É complicado, incluo cando hai tuberías
que chegan ao río, aínda así quedamos sen saberlo. E isto ocorre moito
nos crimes medioambientais, un pouco porque non interesa, outro pola dificultades técnicas, como ocorre nos incendios”. (Xornal de Vigo, 16/11/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario