30/11/21

Los mejores bombones del mundo no son belgas, sino de Santa Comba y con estrella Michelin

 "Los bombones del chef gallego Manuel García y de su restaurante Retiro da Costiña levantan pasiones en el mundo de la cocina y la repostería.

Solo para la campaña de Navidad esperan incrementar la producción de estos dulces en 300.000 unidades. 

 Aunque Suiza y Bélgica se suelen llevar el mérito, los expertos saben que, para bombones, los de Santa Comba. La comarca del Xallás esconde el más dulce de los secretos, obra del reputado chef gallego Manuel García, al frente de los fogones de restaurante Retiro da Costiña y responsable de los bombones que han cautivado todos los paladares.

Los CostiñaChocolat son bombones "elaborados artesanalmente con chocolate 100% trazable y sostenible con un sabor puro a cacao y notas intensas". Son el resultado de artesanía y cocina contemporánea, que además de tener acento gallego tienen una marcada intención por la sostenibilidad. 

 Por suerte para aquellos a los que Santa Comba no les queda cerca, los bombones de Manuel García pueden disfrutarse sin acudir al Retiro da Costiña que con sus 75 años de vida figura en la Guía Michelin como uno de esos lugares que no escapan a los gourmets.

Desde la cocina de Santa Comba señalan que, para estas navidades, esperan "un incremento de 300.000 unidades en la producción de esta creación estrella". “A Galicia se le reconoce mundialmente por la calidad de sus mariscos y carnes,p ero esta tierra, en el noroeste de España, tiene mucho más que ofrecer y estos chocolates son un ejemplo perfecto”, señala el chef, que hace la boca agua de todo el que llama a su puerta."              (  , Galicia Press, jueves, 21 de octubre de 2021)

29/11/21

Unha masiva marcha pola "sanidade digna" no oriente ourensán volve alertar da perda de servizos no rural

 "O calendario de protestas que durante semanas incluíu concentracións ante o hospital comarcal puxo o ramo este domingo no Barco cunha gran marcha por unha "sanidade digna" e contra a falta de recursos nas comarcas do oriente ourensán.

Milleiros de persoas, 4.000 segundo os cálculos sindicais, saíron as rúas noutra marcha pola sanidade pública que virou nun clamor global contra a perda de servizos no rural e o interior galego. Como antes acontecera en Verín e na Mariña ou como nas mobilizacións pola perda de servizos financeiros en tantas localidades. 

"Rubial volve a Vigo, o rural morre contigo", puido escoitarse na manifestación con consignas cara ao xerente da área sanitaria de Ourense pero tamén cara ao conselleiro Julio García Comesaña. 

Malia o intenso frío, centos de veciños e veciñas das comarcas de Valdeorras, Trives e Viana -as que atinxe o distrito sanitario- reclamaron unha "sanidade pública e digna", así como a "recuperación dos servizos sanitarios perdidos" no hospital de Valdeorras e na Atención Primaria, tal e como demanda a xunta de persoal, que leva tempo pedindo melloras na estrutura dos centros e material de traballo. 

De feito, profesionais advirten da situación "crítica" do hospital do Barco pola "dramática" falta de profesionais e a desaparición ou mingua dos servizos clínicos. Ademais, denuncian que esas "carencias" fan que "o número de pacientes trasladados ao hospital de referencia, o CHUO en Ourense, leven aumentando ano a ano, cos conseguintes transtornos para a poboación asistida", que chega ás 30.000 persoas. Así o sinala Víctor Pariente, portavoz da xunta de persoal, que repara nuns contundentes datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.

"Os traslados en 2020 a Ourense foron 89 cando a media mensual do que vai de ano é de 80; isto implicaría un aumento do 1.000%", explica quen advirte de que "desde a pandemia, practicamente todo o que se podía tratar no hospital comarcal mándase á capital. Como pano de fondo, a denuncia de que Ourense e Vigo tornen en hospital de refrencia de localidades que, nalgúns casos, distan a varias horas de viaxe en coche.

Neste domingo, Pariente lamentou que a cidadanía da zona teña que protestar tan decotío na rúa por un "desmantelamento" do hospital que di que se arrastra "desde 2010", ano no que se creou a estrutura de organización de xestión integrada de Ourense-Verín-Valdeorras que agora se corresponde coa área sanitaria. "Non é pola pandemia; desde aquela os servizos empezaron a empeorar", engadiu, quen advertiu da ausencia de cardiólogos ou urólogos ou da escaseza de traumatólogos. 

Ademais, o portavoz da xunta de persoal criticou que o conselleiro de Sanidade acudise ao hospital "tres días antes" da manifestación, no que ve un intento de intentar desmobilizar a cidadanía. O pasado xoves, Julio García Comesaña, anunciou no Barco o acordo con centros do Bierzo para reforzar o persoal en Valdeorras, algo que ocorre desde hai algúns días nalgunhas especialidades.

Tamén anunciou un sistema polo que, a partir de xaneiro, persoal de toda Galicia rotará para cubrir tanto a atención ordinaria como as gardas do servizo de Traumatoloxía no hospital, ademais de incorporarar un novo traumatólogo en decembro. A xunta de persoal retruca advertindo de que son moitas máis as especialidades que precisan aumento de recursos e persoal. 

Desde o Sergas, o seu xerente, José Flores, asegurou este domingo na Radio Galega que "respecta" a mobilización pero que desde Sanidade "non a entenden". Para el, a protesta "atenden a un tipo de lamento que se fai extensivo á xente, pero non hai razón". Aínda así, recoñece as "dificultades" para cubrir as vacantes en diferentes especialidades pero di que é algo "que ocorre en toda Galicia". 

"Hai poucos profesionais e escollen o seu destino libremente", insistiu Flores, que cargou contra o Goberno central para esixirlle máis prazas MIR. 

Á marcha deste domingo asistiron representantes políticos como as deputadas do BNG no Parlamento, María G. Albert e Noa Presas, xunto ao seu compañeiro de grupo Iago Tabarés. Desde o Bloque denunciaron o "proceso de demolición do distrito sanitario de Valdeorras" e pediron que se "garantan os servizos básicos que se lle requiren a calquera hospital comarcal digno de tal nome". 

Tamén se puido ver na marcha a representantes autonómicos, provinciais, comarcais e municipais do PSdeG de Ourense, como a deputada no Parlamento Marina Ortega. Ademais, na marcha estivo presente o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, que liderou a proteta polo peche da atención aos partos no hospital comarcal en Monterrei e que foi sancionado pola Xunta."            (Praza Pública, 28/11/21)

26/11/21

A Xunta asina o inicio do traballo da empresa á que adxudicou o primeiro contrato estable de rastrexo de casos da pandemia coronavirus, 20 meses despois do primeiro caso detectado en Galicia

 "Máis de 20 meses despois da detección do primeiro caso de COVID-19 en Galicia o Sergas vén de fixar no 18 de novembro a data de inicio do traballo da empresa á que adxudicou o primeiro contrato estable de rastrexo de casos da pandemia.

 O rastrexo de casos viña sendo contratado ata agora por vía de emerxencia coa teleoperadora Universal Support, pero agora pasará a mans de Extel Contact Center, que gañou o concurso público convocado para facer o servizo estable grazas a unha oferta máis barata pero de peor calidade técnica que a que presentou a súa predecesora. 

 O Goberno galego non decidiu convocar un concurso para dispoñer dun servizo estable de rastrexo da COVID-19 ata que “a situación se complicou” o pasado Nadal e non foi ata finais de xullo que rematou de valorar as ofertas que recibiu e se decantou pola empresa Extel Contact Center, cun historial de conflitos laborais. Universal recorreu a adxudicación e en setembro o tribunal de contratos público ratificou o proceso, pero non foi ata a pasada semana que o Sergas propuxo adxudicar o primeiro dos sucesivos contratos mensuais coa nova operadora, que abarcará o período entre o 18 de novembro e o 17 de decembro. 

A Xunta deseñou o concurso como un contrato marco cunha estimación de custo total de 13,8 millóns de euros ao ano, pero pagará en función do número de servizos efectivamente prestados cada mes a partir dunhas tarifas máximas de partida. O sistema contempla tres grandes tipos de actuacións ou sublotes por parte da empresa que se cuantifican en tempos medios de atención que á súa vez se traducen a custo en euros segundo os convenios do sector das empresas teleoperadoras [aquí o detalle dos servizos]. 

No primeiro contrato mensual coa nova empresa, e atendendo á situación actual da pandemia, a Xunta prevé que teña que atender un máximo de 12.000 “casos sen complexidade”, 3.600 “casos complexos” así cualificados por producirse por exemplo en centros como os educativos, e 900 casos froito de “programas especiais de control de gromos, viaxeiros e similares”.

Con ese máximo de casos e aplicando os custos ofrecidos pola empresa, o Sergas estima en 444.000 euros o que terá que pagar á empresa polo seu primeiro mes de traballo. Pero como xa se prevía no deseño do concurso, matiza que “dada a variabilidade do servizo e os incrementos de actividade que se poden producir, no caso de que o número máximo de casos estimados se acade antes da finalización do prazo de execución do contrato, e este feito se documente de forma xustificada, tramitarase un novo contrato e se o número de casos dos tres sublotes é inferior ao estimado neste contrato aboaranse só os casos realmente presentados”.

O importe agora estimado polo Sergas para o primeiro mes do servizo suporía en todo un ano preto de 5,5 millóns de euros, algo menos da metade da estimación realizada nos pregos de condicións do concurso, pero as cifras reais a pagar variarán cada mes en función da evolución da pandemia.

Agora será a empresa adxudicataria a que decida como é quen de organizarse internamente para acadar esas tarifas e prestar un servizo que ata agora viña sendo desenvolvido por teleoperadores que teñen como contrato máis habitual o temporal por 900 euros brutos por 30 horas á semana, segundo a documentación facilitada pola Xunta durante o concurso. A inestabilidade dun persoal ao que a Xunta non require coñecementos sanitarios seguirá manténdose no novo contrato xa que a Xunta esixe á empresa que sexa quen de atender o volume de chamadas que lle poida encargar, e deixa en mans dela se ten que contratar ou despedir persoal e como."                     (David Reinero, Praza Pública, 24/11/21)

25/11/21

O naval esmorece en Vigo e os sindicatos apuntan a intereses inmobiliarios nos terreos dos estaleiros

 "Tanto a CIG como CCOO comparten a visión de que as Administracións no seu conxunto –en concreto a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Goberno do Estado– están deixando esmorecer o sector naval en Vigo coa súa inacción. O conflito non é novo e non mudou desde que comezou a pandemia, mais está en vías de empeorar de non resolverse a situación do principal estaleiro privado do Estado, o vigués Hijos de J. Barreras

Practicamente amortizado o que foi o segundo estaleiro da ría de Vigo, Vulcano, o sector depende de que as instalacións de Barreras volvan funcionar a pleno rendemento para garantir tamén o futuro da industria auxiliar. Freire e Armón teñen neste momento unha carga de traballo con continuidade, en Metalships non hai obra nova, pero si reparacións, como en Cardama. Aínda que estes últimos tampouco poderían tirar do sector por si sós debido ás súas dimensións.

 "Barreras está a punto de entrar en liquidación polas débedas acumuladas", asegura César Rodríguez, responsable do naval da CIG-Industria de Vigo, para quen "a única solución é a intervención pública". "Ritz-Carlton nunca tivo interese na construción naval, só en acabar o seu barco, o Evrima [que está a ser rematado en Santander]. Coa crise de Havila tomaron o control para non perder o invertido aí", engade sobre a compañía que colocou a Douglas Prothero na presidencia do estaleiro ata o mes de xullo, cando foi destituído pola actual xestora

"Non somos alleos a que os terreos interesan ao sector inmobiliario", apunta Ramón Sarmiento, de CCOO Industria de Vigo, quen sinala que varias promotoras en mans de fondos de inversión xa se fixeron con varias parcelas nos arredores do estaleiro. Un extremo que tamén coñecen na CIG. Por outra banda, trasladouse que varias firmas da construción naval, algunhas de dentro do Estado e outras de fóra, estarían interesadas en retomar a actividade en Barreras. 

"Temos claro que ninguén o vai querer coller coas débedas actuais –afirma Rodríguez sobre o estaleiro–, outra cousa é que estean agardando a que haxa unha liquidación; pero aquí tamén entramos noutra cuestión: Cal sería a resposta do consello de administración do Porto de Vigo? Será a mesma que con Vulcano?".

 "Vulcano é un estaleiro que non existe", lamenta o representante da CIG. A Autoridade Portuaria de Vigo impediu calquera saída para que se mantivese a construción naval nel ao eliminarlle o dereito de uso da lámina de auga que empregaba dende a súa instalación en Teis. Está parado en relación a un litixio entorno á concesión administrativa da Autoridade Portuaria de Vigo. Sarmiento detalla que "a súa situación está limitada pola posición intransixente que foron tomando as Administracións, en concreto o Porto de Vigo, que non deu nin tan sequera oportunidade a que puidera callar un proxecto industrial da man de quen adquiriu as instalacións". Mentres, especúlase sobre unha saída inmobiliaria para os terreos, sobre os que as construtoras xa mostraron interese, segundo os sindicatos.

CIG e CCOO ven con preocupación que o devir de Vulcano, que fica nunha especie de limbo á espera dalgún tipo de resolución, se repita no caso de Barreras. "Máis alá de que poida haber alguén que sabemos que está interesado en retomar a actividade nas instalacións, o que compre o estaleiro tamén quere garantías de que adquire unha instalación e unha capacidade de produción; e non adquire litixios, pleitos, embargos, reclamacións... Hai que dotar de seguridade a ese suposto proceso de transmisión das instalcións. E, non sendo fácil, as Administracións son as que teñen que dar garantías nese proceso", salienta Sarmiento.

 Coa incerteza sobre o futuro aínda presente, a Unión Comarcal da CIG de Vigo e a federación de Industria convocan unha nova manifestación en defensa do sector naval para o vindeiro martes, día 23, que sairá dende o cruce da Dobrada ás 19.00 horas e rematará diante da delegación da Xunta. O sindicato mantén o pulso na rúa para evitar, din, o desmantelamento do sector sen que haxa alternativa. Xa que defenden que "a construción naval ten futuro", só que coa "renovación encuberta" do 'tax lease' e a "inacción por parte dos Gobernos" a maioría do traballo se leva a cabo noutros estaleiros europeos.

″Quero destacar o difícil que nos está a resultar enganchar á sociedade no seu conxunto sobre a importancia do sector. Isto o dis nos oitenta, ou incluso nos anos noventa, e te din que estás tolo. Xa son varias as manifestacións que facemos neste sector, que ten unha importancia de arrastre moi importante, e vemos difícil que cale a mensaxe. Eu son dos que penso que son as grandes mobilizacións da xente as que acaban por activar ás Administracións, senón ao final parece que van deixando que o sector caia sen repercusións″, di César Rodríguez.

 Ante esta situación, chama a atención que non haxa unha unidade sindical nas mobilizacións, aínda que si hai reunións conxuntas cos traballadores de Barreras. "Reclamamos a unidade dende o principio", manifesta Ramón Sarmiento dende CCOO, quen incide en que "é a CIG a que non a acepta". O responsable de Comisións Obreiras deixa fóra a UGT, que ten a maioría sindical no comité de empresa de Barreras e "valida a situación" da empresa. O representante da CIG-Industria no naval rexeita esa negativa á unidade con CCOO e mantén "que se ve perfectamente quen leva anos na rúa defendendo o sector e quen o fai puntualmente". 

"Isto vén de lonxe, non descubrimos a pólvora agora. Había certa unidade sindical na negociación do convenio do metal e despois xa miramos en que quedou todo... Costounos moitas veces que se sumaran ás mobilizacións o resto de sindicatos, pasou en Vulcano e en Barreras. O que non pode ser é estar á marxe de todo e despois querer accións para facerse a foto. Estamos a falar dun sector clave na industria de Vigo, que podemos poñer ao nivel da automoción", agrega o representante da CIG.

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, resalta que os últimos datos da EPA (do terceiro trimestre deste ano) "confirman que non hai ningún síntoma de recuperación real, máis ben ao contrario". Gonçalves critica que o emprego industrial en Vigo continúa por debaixo dos niveis anteriores á crise da COVID, xa que se destruíron por volta de 1.400 postos de traballo. "E hoxe, en Vigo, hai 6.100 empregos industriais menos dos existentes en 2009", lamenta.

 Un delegado da CIG en Barreras foi despedido "por demandar carga de traballo e denunciar a situación do estaleiro" despois dunha das mobilizacións convocadas pola central sindical. O despedimento está xudicializado e está prevista a vista para este luns. "Materialízase todo no noso delegado porque é a CIG quen está a denunciar o que está acontecendo en Barreras", defende César Rodríguez. Ambos sindicatos confirman que desenvolver a actividade sindical en Hijos de J. Barreras é extremadamente complicado cunha maioría sindical que de UGT que "deu apoio á saída do Evrima" das instalacións de Beiramar cara a Santander, o último golpe no estaleiro en medio dos equilibrios que mantén desde a saída do seu anterior presidente, José García Costas, e que viñan de antes.

"Habería que dotar ao proceso de transparencia, o sector non se merece máis aventuras", asevera Sarmiento, quen observa que hai unha "repunta de consultas comerciais" no sector. "O naval, de determinadas crises de carácter global, se está a beneficiar. Nese carácter cíclico que ten a actividade naval, podemos estar ás portas dun dente de serra en positivo no que é a demanda de construción de barcos", vaticina.

A semana que vén tamén está previsto que o Ministerio de Industria se volva sentar cos sindicatos para avanzar no deseño do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) para o sector naval, que permita "diversificar" a capacidade de construción de barcos nos estaleiros do Estado, así como apostar por empregar fontes de enerxía menos contaminantes nesta industria. A ministra de Industria, Reyes Maroto, confirmoulle esta semana ao presidente da Xunta que haberá un PERTE para 2022 no naval, polo que o sector se poderá beneficiar de fondos europeos."                   (Ana G. Liste, Praza Pública, 20/11/21)

24/11/21

O AVE faille perder o tren á Galiza Mentres o traxecto entre estas Madrid e Ourense se reduce a 2 horas e 15 minutos e da Coruña á capital do Estado a 3 horas e 51 minutos, os tempos de viaxe entre os principais núcleos de poboación da Galiza son moito máis elevados... o desprazamento por ferrocarril de Lugo a Compostela é de 2 horas e 43 minutos, de Pontevedra a Ourense de 1 unha hora e 57 minutos e da Coruña a Ferrol de 1 hora e 18 minutos, carecendo esta última cidade de conexión directa con Vigo... A articulación ferroviaria interna da Galiza non é unha preocupación do Executivo español nin tampouco do galego

 "A conexión por alta velocidade entre Madrid e Ourense deixa claras as prioridades en materia de comunicacións dos poderes públicos.

 Mentres o traxecto entre estas dúas cidades se reduce a 2 horas e 15 minutos e da Coruña á capital do Estado a 3 horas e 51 minutos, os tempos de viaxe entre os principais núcleos de poboación da Galiza son moito máis elevados. Así, a duración do desprazamento por ferrocarril de Lugo a Compostela é de 2 horas e 43 minutos, de Pontevedra a Ourense de 1 unha hora e 57 minutos e da Coruña a Ferrol de 1 hora e 18 minutos, carecendo esta última cidade de conexión directa con Vigo.

 A articulación ferroviaria interna da Galiza non é unha preocupación do Executivo español nin tampouco do galego. A este respecto, resulta clarificadora a negativa do Estado a pór en marcha un servizo de proximidade nalgunha das áreas metropolitanas ou comarcas galegas.

 Nesta mesma dirección, enténdense as partidas recollidas nos orzamentos do Estado de 2021, onde non aparece ningún investimento para actuacións prioritarias, como a liña entre A Coruña e Lugo, ou a súa contía é insuficiente, como acontece coa circunvalación de Betanzos no tramo da Coruña a Ferrol.

“O obxectivo do AVE é mellorar a conexión de Madrid”

Os criterios seguidos para a definición dos trazados, fixación das frecuencias e a construción das principais vías de comunicación do Estado son de carácter estrutural e están determinados historicamente por consideracións de natureza ideolóxica.

 A respecto dos criterios de  expansión e desenvolvemento da alta velocidade no Estado ninguén se explicou con tanta claridade como o ex presidente do Goberno, José María Aznar, quen sinalou que “o obxectivo do AVE é mellorar a conexión de Madrid con todas as capitais de provincia, a fin de achegar a súa distancia a tres horas de viaxe, independentemente de cal sexa o seu custo”. 

A idea expresada por Aznar é coherente coa política de infraestruturas seguida no Estado desde a primeira metade do século XVIII e partillada pola totalidade dos Executivos españois dos últimos 40 anos.

 Os deseños dos trazados dos camiños de ferro españois responden a unha concepción centralista do modelo do Estado e o seu obxectivo non é outro que coser o edificio estatal arredor de Madrid, como garante dunha estrutura unitaria claramente prexudicial para o resto dos territorios ibéricos. 

“O criterio de expansión da alta velocidade ferroviaria seguiu o que foi normal desde a primeira parte do século XVIII. A lóxica política de usar a lei e os subsidios dos orzamentos para facer realidade aquilo que a dinámica económica non sustentaría: a radialización das redes de comunicación en España”, escribiu o economista Germà Bel, no seu xa clásico España, capital París, volume onde destacou que “o caso de España ilustra que a centralización pode ser un factor determinante para para a distribución do investimento en infraestruturas terrestres".             (Xacobe Ferreiro, Nós, 23/11/21)

23/11/21

O PP emenda os orzamentos da Xunta para facilitar nomeamentos 'a dedo' e compensar ás construtoras o encarecemento de materiais

 "A través das leis de acompañamento dos orzamentos de cada ano o Goberno galego vén aproveitando para mudar todo tipo de leis que non teñen que ver coas contas públicas. E tamén é habitual que posteriormente o grupo parlamentario do PP engada aínda máis correccións a esas reformas propostas desde a Xunta, nalgún caso mesmo introducindo cuestións nas súas emendas non incluídas no texto orixinal da lei de acompañamento, o que na pasada lexislatura foi denunciado polo PSdeG ante o Tribunal Constitucional, que aínda non resolveu.

Este ano as emendas do PP á lei de acompañamento da Xunta non só rebaixan aínda máis os impostos ás rendas máis altas senón que tamén volven flexibilizar aínda máis os instrumentos que o Goberno galego ten para actuar de xeito discrecional en diversas eidos, como o emprego público ou os contratos de obras. 

Por unha banda, as emendas populares engaden á lei de acompañamento a posibilidade de habilitar máis postos discrecionais nos entes paralelos da administración. Se a lei de emprego público establecía que na administración xeral terán a consideración de postos directivos -e polo tanto discrecionais- “as vicesecretarías xerais, as subdireccións xerais, as secretarías territoriais e as xefaturas territoriais”, agora as emendas do PP engaden que tamén “no ámbito das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, terán a consideración de postos directivos os equivalentes aos indicados anteriormente para a Administración xeral”. 

Co cambio non só se aumenta o número de postos que nos entes paralelos se poden ocupar por persoal directivo e polo tanto elixido de xeito discrecional, senón que polo feito de ser considerados postos directivos esas prazas nos entes paralelos poden tamén ser ocupadas por persoas que non sexan funcionarias, como a Xunta fixo a comezos de ano ao darlle a un ex-deputado do PP unha subdirección na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

 Por outra banda, se a lei de acompañamento proposta pola Xunta establecía que nos seus entes paralelos o Goberno galego poderá clasificar postos co rango de subdirección xeral ou xefatura de servizo -postos que pode entregar de xeito discrecional- “para a súa provisión por persoal sanitario, docente ou da Administración de xustiza”, as emendas do PP engaden que tamén as xefaturas territoriais, igualmente discrecionais, “poderán ser provistos por persoal sanitario, docente ou da Administración de xustiza”, mentres que ata agora só podían ser ocupados por funcionarios da administración xeral. Isto é, se ata agora o PP viña colocando en xefaturas territoriais a funcionarios afíns pero só no caso de que estes tivesen praza na administración xeral da Xunta, agora poderá recorrer tamén a profesorado ou persoal sanitario afín para esas xefaturas territoriais discrecionais.

Os cambios engádense a unha longa sucesión de mudanzas da lei de emprego público que a Xunta vén acometendo nos últimos anos sen previa negociación cos sindicatos.

 As emendas do PP á Xunta tamén introducen novidades nas obras públicas relacionadas co encarecemento de todo tipo de materiais que se está a rexistrar nos últimos meses. O Goberno galego poderá ou compensar aos seus contratistas polos encarecementos de materiais que xustifiquen pagándolles máis que o previsto inicialmente nas adxudicacións, ou permitirlles mudar de materiais. 

O texto da emenda do PP di sobre esa segunda posibilidade que a Xunta poderá autorizar “unha modificación dos materiais tidos en conta para a elaboración do proxecto que serviu de base para a licitación, que permita un abaratamento dos seus prezos e que non implique unha minoración na funcionalidade da obra en execución”, e engade que “neste caso deberase optar, na medida do posible, por materiais de proximidade cuxa elección responda a criterios que permitan unha redución das emisións e da pegada de carbono”.                  (Cavid Reinero, Praza Pública, 19/11/21)

22/11/21

A Atención Primaria está colapsada e, detrás dela, van caendo as especialidades... A saturación da sanidade chega a oncoloxía: “o meu tratamento xa tiña que ter comezado”

 "Malos tempos para a sanidade pública. Os anuncios da Xunta prometendo máis centros de saúde ou un novo sistema de citas non conseguen silenciar o runrun crecente: que a Atención Primaria está colapsada e, detrás dela, van caendo as especialidades. A última da que se ten noticia é Oncoloxía, afectada por unha saturación que Galicia Confidencial puido certificar na área de Vigo pero que, de acordo con fontes do sector, estaría a sufrir atrancos en toda Galicia. 

O 15 de outubro, María R.B. desprazouse ao Hospital do Meixoeiro para recibir unha inxección inmunoterapéutica. A comezos de ano diagnosticáronlle un cancro de mama nas primeiras etapas. A quimioterapia foi ben --“atendéronme moi rápido”--, e a cirurxía resolveuse sen problemas a mediados de xullo. Os problemas comezarían ese venres 15. María soubo entón, da man da súa doutora, que a última etapa da intervención --radioterapia-- comezaría tarde, e decidiu poñer unha reclamación ante o Sergas polas demoras indebidas.

A radioterapia adoita ser o último paso para dar por pechado este tipo de cancros. Diversas investigacións no eido concluíron que este tratamento debe comezar, como máximo, 12 semanas despois da operación. No caso de María R.B., o prazo cumpriuse o pasado venres 22, sen que a muller contara sequera cunha cita para comezar as sesións. O perigo está agora en que o cancro se volva a estender: “Se teño que volver pasar por quimio penso poñer reclamacións ata chegar a Frijolito; están xogando coa vida da xente”, apuntaba días atrás ao Galicia Confidencial. 

SISTEMAS “CADUCADOS”

No caso desta paciente da área de Vigo, os retrasos poderían deberse á falta de recursos físicos e non á deficiencia de persoal que veñen denunciando sindicatos e profesionais. María R.B. afirma que unha doutora apuntou á “caducidade” de dous aceleradores --as máquinas coas que se desenvolve á radioloxía-- como orixe das longas listas de espera que sofre a área.

Na división de Vigo hai catro destes aceleradores: tres deles no Meixoeiro e un no hospital privado POVISA, co que a Xunta mantén un acordo para que absorba parte dos pacientes do Sergas. Unha das baixas tería tido lugar no centro privado e outra no público. Galicia Confidencial puido confirmar que o POVISA se atopa, neste momento, en proceso de substituír o seu acelerador radiolóxico, pero a Xunta, hermética, non deixou escapar unha palabra sobre a situación dos sistemas do Meixoeiro. 

A saturación viría dada, en palabras da mesma fonte, porque ante a falta de prestación no POVISA este optou por derivar pacientes --e tamén persoal-- ao hospital público. O Meixoeiro tería rematado así cunha sobrecarga que María R.B. atribúe a unha posible falta de coordinación, xa que o reemprazo das máquinas --cando menos a de POVISA-- se produce por cumprir o ciclo de vida útil, circunstancia que podería ter sido prevista. 

SILENCIO DA XUNTA

O escurantismo que a Xunta adoita desenvolver no caso da sanidade pública redóbrase e colle forza no tocante aos tratamentos oncolóxicos. Estes non dependen do Sergas senón de Galaria, unha compañía pública pero con certa independencia que, en palabras dun cargo da plataforma Batas Blancas, “non rende contas ao Servizo Galego de Saúde”.

De aí que os sanitarios consultados por este xornal certifiquen o retraso pero non saiban da súa orixe, ao igual que acontece coas fontes contactadas por Batas Blancas. Esta plataforma destaca, á parte, o temor de moitos sanitarios da área viguesa a falar despois da sanción sufrida por Eva Maquieira, a que era xefa de Cirurxía Plástica do Álvaro Cunqueiro ata que se atreveu a criticar a falta de máscaras no hospital nos primeiros compases da pandemia. Pouco despois de publicar un post en Facebook denunciando a situación, o xerente da área viguesa, Julio García Comesaña, decidiu depoñela do posto por falta de confianza. Uns meses máis tarde, Núñez Feijóo nomearíao conselleiro de Sanidade.

MÁIS CASOS DE CANCRO

“Hai unha auténtica caza de bruxas”, destaca un cargo de Batas Brancas que opta non dar o seu nome, de acordo cos estatutos da asociación. Dende a plataforma destacan, á parte, que a saturación da área de Vigo se replica en boa parte das unidades oncolóxicas do territorio galego, tratándose dun problema xeral. “Nunca tantos casos de cancro se viron no Sergas”, destaca este mesmo cargo. Miguel Tizón, de CIG-Saúde na área, opina semellante: “cando falla a atención primaria cae a especializada, porque os primeiros diagnósticos tardan demasiado”, apunta. 

Aínda que nin o Sergas nin Galaria responderon ás cuestións do Galicia Confidencial, este xornal puido coñecer que a área de Vigo vén de habilitar unha quenda nocturna da radioterapia para tentar aliviar as demoras nos pacientes con tratamentos en curso. De igual forma, POVISA asegura que o novo acelerador radiolóxico estará funcionando “a mediados de novembro”. María R.B., da área de Vigo, dá pouco creto ás promesas da administración autonómica e ao “todo vai ben” dos cargos públicos. “Logo aínda saen os políticos dicindo que todo está como Dios. Será na súa casa, porque o hospital está ata arriba, de pasar alí horas e horas...”.            (Iago Codesido, Galicia Confidencial, 01/11/21)

19/11/21

El inspector Óscar Fraile desvela los entresijos de la Operación Nécora en un libro autobiográfico

 "El narco made in Galicia sigue en la diana editorial y sin signos de agotamiento, cuatro décadas después de que esta estirpe del llamado crimen organizado comenzara a multiplicarse en la ría de Arousa a costa de un negocio lucrativo y duradero que hoy ya está bajo el control de la tercera generación.

 En la historia de este fenómeno socioeconómico importado de Latinoamérica, que transcendió a Europa desde las Rías Baixas, el pasado sigue alimentando el interés literario y periodístico de unos incombustibles capos gallegos, aunque la mayoría ya no estén en la primera línea del negocio de las drogas. Óscar Fraile, uno de los agentes que formó parte de los preparativos de la Operación Nécora, desgrana ahora detalles inéditos en un libro autobiográfico titulado Delta y Omega y que acaba de publicar la editorial Círculo Rojo.

Mientras los narcos trabajaban a destajo con el hachís y la cocaína a finales de los años ochenta, estalló la Operación Nécora, la mayor redada policial contra el narcotráfico en España. Con un inusitado despliegue de medios policiales, el operativo fue el capítulo más mediático de la historia del narco, y no tanto por los resultados del proceso judicial amparado en las acusaciones de dos traficantes arrepentidos, sino más bien por el efecto sorpresa que permitió encarcelar a los nombres propios de la mafia gallega. El título elegido por el inspector del Cuerpo Nacional de Policía Óscar Fraile Cortijo (La Roda de Albacete,1954) corresponde a los indicativos en clave de las brigadas policiales que empleaban para comunicarse, como las del Servicio Central de Estupefacientes que llevó el peso de la investigación desde la provincia de Pontevedra.

El inspector llegó a Galicia con otro compañero a principios de octubre de 1989 al volante de un discreto Seat Málaga con el que harían los seguimientos de los objetivos de la operación. Solo traían consigo cinco mandamientos de intervención telefónica firmados por el entonces juez Baltasar Garzón y la orden de entrevistarse en la cárcel con Ricardo Portabales, un personaje desconocido para el policía. En una casa situada en el cruce que comunica Vilanova con Cambados, se instalaron todos los aparatos de escucha que surgieron a lo largo de las investigaciones.

 “Llegamos a tener más de 25 teléfonos pinchados de forma simultánea”, cuenta el inspector. “Para nosotros aquello era un territorio y unos personajes desconocidos, eran ventajas e inconvenientes a la vez, porque no estábamos contaminados por nada ni por nadie, pero la realidad es que llegamos sin saber exactamente qué hacíamos allí”, afirma Fraile.

El libro dedica un capítulo a la entrevista que el policía mantuvo con el arrepentido Portabales en la prisión de A Parda. “Me pareció un charlatán porque no dio ninguna información aprovechable, pero el juez y el fiscal, en cambio, no opinaron igual”, recuerda el inspector Fraile. “De mostrarse temeroso, el hombre se volvió soberbio, vivió unos años de esplendor mediático hasta que dejó de ser útil y volvió su rencor y frustración hacia quienes lo habían escoltado y protegido”, añade.

El autor de Delta y Omega sostiene que para los agentes Sito Miñanco “no se escapó de la redada” porque ellos sabían que en aquel momento no estaba en Galicia. Meses después, una madrugada fría en Madrid, Fraile detectó “el desembarco de sus escuderos en un piso de la calle Alfonso XIII”, relata. “Desde allí llegaron a distribuir más de 2.000 kilos de cocaína, y al poco tiempo Sito y sus hombres cayeron en Pozuelo de Alarcón”, relata. La Operación Nécora, resalta Fraile, fue “un modelo de planificación operativa”. “El efecto sorpresa fue un éxito porque no transcendió el más mínimo dato a nadie que no fuera del juzgado número 5 de la Audiencia Nacional o del Servicio Central de Estupefacientes, y hoy no podría llevarse a cabo algo así”, asegura el inspector."                (Elisa Lois, El País, 25/10/21)

18/11/21

La Xunta perpetúa con un contrato millonario las prestaciones sanitarias en Vigo a través de entidades privadas

 "El Gobierno de Alberto Núñez Feijóo está a punto de cerrar un acuerdo marco con una inversión millonaria para que los hospitales privados del área sanitaria de Vigo cubran la "insuficiencia" que la administración reconoce en un área que da cobertura a más de medio millón de ciudadanos. La Xunta prevé un gasto de 16,5 millones de euros hasta final de 2023, que se elevaría hasta los 49,5 millones, una vez contabilizadas las prórrogas previstas en el pliego. La industria privada de la sanidad se consolida como indispensable para la Xunta en la primera ciudad de Galicia.

El nuevo contrato viene a complementar un sistema que en Vigo se apoya desde hace décadas sobre las empresas privadas a las que el Sergas deriva de manera habitual buena parte de sus pacientes. El ejemplo paradigmático es el Hospital Povisa, propiedad de Ribera Salud y ubicado en el centro de la ciudad, atiende en concierto con la administración entre 130 y 140 mil pacientes de la población con tarjeta sanitaria pública. Para encontrar un ejemplo parecido al de Povisa en Vigo hay que ir a modelos como el que la Comunidad de Madrid impulsa con la Clínica Jiménez Díaz, en donde los pacientes con tarjeta sanitaria son atendidos sin saber muchas veces que la gestión de sus dolencias está al 100% en manos de una empresa privada.

Povisa aglutina el 70% de la actividad concertada del Sergas y su posición de dominio puede verse ahora incrementada con el nuevo concurso al que, según fuentes del sector, han presentado ofertas con descuentos del 25% por debajo de las tarifas de licitación, que ya suponían una caída de precios cercana al 17% sobre el concierto anterior.

Paliar las listas de espera

El Gobierno de Feijóo quiere ahora que la privada adquiera afiance responsabilidades para paliar listas de espera y atender urgencias que los centros 100% públicos no son capaces de asumir. Además de los servicios que ofrece Povisa, otros hospitales como Vithas o Concheiro, o clínicas que no están acreditadas por el Sergas son invitados a atender la llamada del Gobierno de la Xunta para cubrir los agujeros del sistema público. Sobre la mesa, el Gobierno gallego ha puesto 50 millones de euros.

En el informe justificativo de la nueva contratación, la Xunta reconoce su incapacidad para prestar con medios propios los servicios públicos de atención sanitaria en esa zona de Galicia y reconoce "la imposibilidad de que los servicios públicos se puedan prestar esa atención con los recursos con los que cuenta en la actualidad". El área sanitaria que rodea a la ciudad olívica atiende a 566.352 ciudadanos con tarjeta sanitaria individual, pertenecientes a un total de 26 ayuntamientos.

En el equipo de Feijóo le quitan hierro a la inversión prevista. Un portavoz de la consellería de Sanidade asegura a elDiario.es que "la cuantía de gasto se mantiene por debajo de los presupuestos de 2009", los últimos aprobados por el gobierno bipartito de PSOE y BNG. Según las mismas fuentes, el acuerdo cumple el mandato del parlamento que obliga a mantener el gasto en la privada "por debajo del 5% del total del Servizo Galego de Saúde".

El plan del Gobierno gallego del PP se divide en seis lotes, uno de los cuales incluye, por primera vez, la derivación de urgencias a hospitales privados. La Xunta aclara que esas derivaciones solo se corresponden con tratamientos concretos como "cirugías maxilofaciales o de la mano".

El expediente de contratación fue aprobado por el Consello de la Xunta en su reunión del pasado 14 de octubre. La referencia de aquella reunión, publicada en la web del Gobierno gallego, omitió todas las referencias al plan de gasto. De aquel día, el departamento de sanidad solo informó de dos asuntos: un acuerdo de protección sanitaria con los ayuntamientos por tres millones de euros y otro que marcaba en inicio de la tramitación de un decreto, aún por escribir, sobre formación sanitaria. Sobre la nueva inversión millonaria en la sanidad privada, ni una palabra.

Protestas del sector

Mientras el contrato se gestiona, la sanidad pública gallega ha iniciado una serie de protestas denunciando las carencias estructurales en el sistema público. El pasado fin de semana miles de personas se echaron a la calle para protestar por el mal funcionamiento de la Atención Primaria.

Sumado a lo anterior, los responsables de urgencias en A Coruña y Pontevedra hablan de colapso en los servicios. Frente a esto, la Xunta de Feijóo mantiene la práctica habitual en sus gobiernos y que el breve paso de la izquierda por la Xunta no pudo corregir: lo agujeros del sistema público se cubren gracias al negocio millonario de la sanidad privada."                  (Gonzalo Cortizo, eldiario.es, 17/11/21)

“Amplo seguimento” da folga xeral na Mariña

 “Hoxe non é un día normal”, di unha veciña de Viveiro. E, certo, non o é.  Boa parte do comercio e hostalaría da cidade está fechado, colexios e institutos están ao ‘ralentí’ e empresas e industrias tamén etán paradas nunha alta porcentaxe. E o de Viveiro pode estenderse a Burela, Foz, Ribadeo e toda a comarca da Mariña. Hai foga xeral e nótase.

 “Amplo seguimento”, indican sindicalistas e piquetes para resumir o inicio da xornada de folga, que xa comezou ás 22 horas da noite de onte da man da quenda de Alcoa. Barricadas de pneumáticos ardendo alumeaban na noite. “Polo futuro da Mariña!”, o lema omnipresente: faixas, colantes, cartaces...

A convocatoria de CIG, CCOO e UXT sumou numerosos apoios nestas semanas, desde Administracións locais até colectivos veciñais, organizacións de comerciantes ou plataformas ecoloxistas. Un apoio que transloce que na comarca aniña un sentimento de “abandono”. Á crise industrial (Alcoa, Vestas...) súmase a febleza en determinados servizos, o despoboamento...

 A multitudinaria manifestación que no mediodía de hxoe percorreu Burela, reunindo miles de persoas procedentes dos diferentes concellos da comarca, fixo posíbel visibilizar o grande apoio á folga. Na marcha participaron representantes do PPdeG, co seu secretario xeral MIguel Tellado á fronte, unha delegación do PSdeG, liderada por Valentín González Formoso; e unha ampla representación do BNG, con Ana Pontón á cabeza.

 "Os piquetes informativos percorren a comarca, que rexistra polígonos sen actividade, comercios e hostelaría pechadas e aulas e rúas baleiras nunha xornada de folga que se prevé histórica", indicaba a CIG nas redes sociais.

Ameaza

Hai agora xusto un mes, centos de persoas saíron ás rúas de Viveiro a exixir un futuro para a Mariña. Desde entón, nada mudou. Se acaso a angustia dos habitantes desta comarca, que acusan as Administracións de miraren para outro lado en lugar de buscar solucións á crise industrial, social e demográfica que ameaza desde hai anos os concellos deste extremo do país.

 Esta "desidia" é a que levou os sindicatos CIG, CCOO e UXT a convocar no día de hoxe unha folga xeral de 24 horas na comarca e unha manifestación ás 12 horas polas rúas de Burela. Protestan non só pola situación de industrias como Alcoa e Vestas, co seu futuro no aire, senón polo "abandono" que sofren desde hai anos por parte das administracións estatal e galega, e que se traduce nun déficit de infraestruturas e o progresivo desmantelamento de servizos esenciais como a sanidade ou a educación, entre outros. 

Para esta convocatoria contan ademais co apoio de numerosas entidades, desde os concellos de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Valadouro, Viveiro e Xove, até portos pesqueiros como o de Celeiro (Viveiro) ou a gran maioría do comercio e a hostalaría local, dispostas a sacrificar unha xornada de traballo para reclamar un plan de acción a unha Xunta e un Executivo estatal aos que acusan de "mirar sistematicamente cara a outro lado".

 "Sentímonos abandonados, ninguneados, e precisamos urxentemente que se tomen medidas tanto polo Goberno estatal como polo da Xunta", apunta o representante da CIG, Xorxe Caldeiro,  A idea principal desta folga, como indica a Nós Diario María José Nóvoa, responsábel de CCOO na Mariña, é "que vexan que toda a comarca está unida, que estamos aí. Non só Teruel existe; A Mariña tamén existe", profundou a representante sindical. Desde UXT, Diego Ballesteros, membro do comité de Alcoa, lamenta que ás Administracións “non lles importa nada do que reclame a sociedade”      (Nós Diario, 17/11/21)

17/11/21

Un ganadero gallego denuncia el maltrato a las pequeñas explotaciones: "Nos estáis matando"... Los costes de producción de un litro de leche son de 0,40 céntimos, mientras que la venden a 0,32

"Las pequeñas explotaciones nos estamos muriendo. Cuando yo empecé hace 30 años éramos 35.000 explotaciones en Galicia, y ahora quedamos menos de 6.000″. Estas palabras son de Roberto López, un ganadero lucense que explica a través de un vídeo en Twitter la mala situación en la que se encuentra el sector.

 Los costes de producción de un litro de leche son de 0,40 céntimos, mientras que la venden a 0,32. Esta pérdida se debe, según explica López, al aumento del precio del pienso, electricidad, combustibles, plásticos, cereales… "Nos estamos arruinando, no llegamos a fin de mes".

 "Los pueblos se están quedando vacíos. No hay quien quiera trabajar la tierra, cuidar de los animales… ¿Qué vamos a comer después? ¿De qué vamos a vivir?". El alegato no solo se centra en la defensa del sector ganadero, sino de todo el sector primario. La llamada España vacía es la España de los campos. La despoblación de las zonas rurales lleva también a una pérdida de los trabajos que se centran en la tierra.(...)"                (Tremending, 04/11/21)

16/11/21

Clamor na defensa da Atención Primaria na primeira protesta multitudinaria pola sanidade pública galega dende o inicio da pandemia

 "O 9 de febreiro de 2020, as novas a respecto do coronavirus ecoaban en Galicia dende as seccións internacionais dalgúns medios de comunicación. Aquel día, unha multitude secundou a mobilización convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública. Os diversos conflitos ligados á xestión sanitaria, aguilloados pola vitoria do movemento social e política que lograra frear o peche da sala de partos do hospital de Verín cando a Xunta xa a tiña decidida, confluíran nunha concorrida mobilización con inevitables aires preelectorais: "Isto debe ser o comezo dunha mobilización continuada que conduza a un cambio de goberno, sen o cal a sanidade pública galega está condenada", sinalara o manifesto final.

Este 14 de novembro de 2021, algo máis dun ano e nove meses despois daquela gran manifestación, a mellora da situación da pandemia da COVID-19 grazas á ampla extensión da vacinación permitiu a SOS Sanidade Pública retomar, dalgún xeito, a mobilización onde quedara naquel afastado febreiro de 2020. Unha pandemia e unhas eleccións despois, organizacións cidadás diversas, centrais sindicais e formacións da oposición parlamentaria volveron ás rúas da capital galega para clamar: "Feijóo, atende, a sanidade non se vende".

 Desta volta, o foco da protesta, secundada por milleiros de persoas, estivo nun dos elos do sistema sanitario público que máis enfraquecido entrou na pandemia e que, din profesionais e representantes das persoas usuarias, máis resentido sae dela: a Atención Primaria. Os plans da Xunta nos últimos anos, manteñen, puxeron o foco na renovación dalgunhas infraestruturas e na introdución de novas solucións tecnolóxicas que, manteñen, non van ao núcleo do problema: carencias de persoal que derivan nunha peor atención, consideran.

 A situación actual, defende a táboa reivindicativa da mobilización -que finalizou na compostelá Praza da Quintana, ocupada ata a metade por unha terraza hostaleira estendida durante a pandemia e que non foi retirada, dando lugar á contrariedade en boa parte dos asistentes-, é resultado de "doce anos continuados de xubilacións de profesionais" combinada coa "contratación en precario" de novo persoal, o cal vén fomentando "a marcha de profesionais a outros servizos de saúde sen que a Consellería tome medidas".

Baixo os mandatos de Feijóo na Xunta, enfatizan, produciuse o "desmantelamento das estruturas directivas de Atención Primaria para que ninguén sexa responsable do que acontece" mentres a Xunta se "nega a incorporar novos profesionais" e opta, acusan, polo "populismo, xestionando a sanidade mediante titulares". "Chegou o momento de parar isto e dicir non ás colas na rúa para acceder aos centros de saúde, a ter que realizar múltiples chamadas telefónicas para conectarse co centro de saúde" u a "listas de espera incompatibles coa Atención Primaria, que colapsan os puntos de atención continuada e as urxencias hospitalarias e favorecen a privatización", advirten.

 Á mobilización promovida por SOS Sanidade Pública acudiron as dúas forzas da oposición parlamentaria encabezadas por cadanseus máximos representantes orgánicos: Ana Pontón, polo BNG, e Valentín González Formoso, polo PSdeG (ademais do seu voceiro parlamentario e secretario xeral saínte, Gonzalo Caballero), e múltiples membros de ambas formacións. Dende o eido político secundaron tamén a marcha membros de Unidas Podemos, entre eles o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, e cargos de mareas locais.

 No eido sindical, CIG, CC.OO. e UGT, así como representantes de organizacións profesionais sanitarias, acudiron tamén á mobilización. Como en anteriores ocasións, abondou tamén a representación veciñal de localidades con conflitos abertos no eido sanitario, caso das persoas afectadas pola ampliación do hospital da Coruña, plataformas locais na defensa da sanidade pública ou colectivos afectados por carencias de profesionais en centros de saúde."             (Ana G. Liste ,David Lombao , Praza Pública, 14, novembro 2021)

15/11/21

Mina de Touro: de cuando la especulación económica convirtió a la cuenca del Ulla en el mayor vertedero tóxico de Galicia

 "Miles de toneladas de lodos de sedimentación y drenajes ácidos procedentes de la antigua explotación de cobre se acumulan a día de hoy en el tramo medio del río Portapego.

 El «Lugar do Potaguzo» acumula en el río Portapego, afluente del Ulla, miles de toneladas de lodos de sedimentación procedentes de la actividad de la mina de Touro / Cornado Mina Non

El denominado «Lugar do Portaguzo«, tal como es conocido este enclave, confirma para la Plataforma vecinal Cornado Mina Non que la promesa de restauración de Cobre San Rafael para la zona afectada por la mina de Touro «no es algo real» y sin embargo sí supone «una cortina de humo para sacar adelante su plan extractivo» tras el anuncio de un nuevo proyecto por parte de la empresa.

Porque para las vecinas y vecinos de Touro y O Pino, buenos conocedores del desastre, «no hay un solo indicio» por parte de la filial de Atalaya Mining y Explotaciones Gallegas «que invite a pensar» que su mercantil conjunta se va a hacer cargo de este desastre ambiental que no sólo afecta a este sector del Portapego sino a docenas de kilómetros de otros ríos y arroyos de la comarca que derivan finalmente en la cuenca del Ulla.

Por eso, consideran que las sucesivas campañas propagandísticas de la promotora del proyecto de reapertura tan solo suponen un ejercicio de «minería para incautos» dado que al encontrarse fuera del contexto de la mina histórica y de la propia concesión el supuesto “nuevo” proyecto de Cobre San Rafael «ni contempla ni contemplará» restauración alguna «para la inmensa afectación superficial y subterránea de la actividad metalífera previa».

 Cornado Mina Non recuerda que la legislación es clara en este punto pues la restauración no tiene que ser consecuencia del desarrollo de un nuevo proyecto como pretende ahora la minera, sino que la Administración «ha de velar por el cumplimiento de la normativa aplicable, que en este caso indica de manera clara que el adecuamiento ambiental ha de tener un carácter previo y debe solventarse por parte de la actual propietaria de la concesión, algo que Explotaciones Gallegas lleva obviando a lo largo de las últimas tres décadas», y se añade, por otra parte, a la «operativa» que está siguiendo Atalaya Mining en su proyecto andaluz de Riotinto, «que acumula expedientes sancionadores, escándalos internos, altos niveles de siniestralidad laboral e incumplimientos en materia ambiental», lo que incluso ha llevado a la Fiscalía a actuar de oficio, «poniendo así en cuestión cualquier tipo de promesa que más allá de la propaganda o la publicidad pagada pueda hacer la minera para sacar adelante su negocio».

LA ESPECULACIÓN COMO OBJETIVO ÚLTIMO DE MINERAS E INVERSORES

El caso de la mina de Touro, que vuelve a estar de actualidad, viene a demostrar que el objetivo de fondo que hay en la inversión en commodities es el de especular con la volatilidad del movimiento en el precio de los metales, pues los mercados de materias primas, que funcionan por ciclos, favorecen la especulación financiera tanto de inversores como de mineras, que juegan con informes y tendencias económicas siempre con el objetivo de obtener el máximo beneficio.

 En este contexto la protección del medio ambiente es la gran olvidada, tal y como ha venido demostrando la crítica situación ambiental de otros sitios mineros en Galicia como el Monte Neme, Varilongo, San Finx o Valdeorras, donde el saqueo mineral ha sido una constante que nunca ha ido acompañada de una restauración del terreno afectado digna de tal nombre. dando al traste con la propaganda tanto de la Cámara Oficial Minera de Galicia como de las propias empresas que se amparan en términos como «sostenibilidad», «responsabilidad» o «minería verde» que en absoluto se corresponde con el mundo real."                 (Contrainformación, 11/11/21)

12/11/21

A percepción ou atmosfera dominante no nacionalismo galego é que o tempo corre en contra... A corrente partidaria da recentralización medra en España ao tempo que a identidade nacional galega está á baixa... ao BNG xa non lle quedan moitas máis oportunidades

 "O que sucede co nacionalismo galego é que é minoritario pero, aínda así, consistente. Leva sendo así dende as primeiras eleccións democráticas. Nas últimas eleccións obtivo, baixo o liderado de Ana Pontón, o 24% dos votos. Case 1 de cada 4 votos: non é pouca cousa. O desaparecido e tan querido Fermín Bouza indicaba hai unha década que, do punto de vista da prospectiva sociolóxica, podía captar ata un 30% dos votos. Máis aló tería que saber romper fronteiras invisibles.

Con todo, o dato das últimas eleccións, ese 24%, pode ser enganoso, porque esa cifra alcanzouna o BNG no contexto do afundimento das Mareas e do escaso crédito que o PSdeG ten na area autonómica. E, todo hai que dicilo, porque gozou de certa aquiescencia mediática que, todos sabemos, pode volverse hostil se a Presidencia da Xunta estivese en risco para o PP. 

 De feito, parece probable que, no caso de que A Cousa de Yolanda Díaz teña éxito, ese espazo recupere votos do BNG -e cabe que tamén do PSdeG-. Ou non.. Todo está pillado polos pelos. O que pase con Biden ou, por suposto, en Bruxelas, acaba incidindo en Vigo ou A Coruña. Vivimos en tempos tan fluidos e incertos que a percepción de todo catalexo se volve borrosa mesmo a curta distancia e xa non digamos se as traxectorias a divisar operan máis lonxe...

Sexa coma for, entendo que, máis aló do éxito electoral último, a percepción ou atmosfera dominante no nacionalismo galego é que todo está en causa -o propio sentido histórico-; que as ventás de oportunidade se acaban, se non o fixeron xa; e que o tempo corre en contra.

A corrente partidaria da recentralización medra en España ao tempo que a identidade nacional galega está á baixa. Por non falar da opinión que, nestas mesmas páxinas expresaba Carlos Elordi: “La animadversión hacia los partidos nacionalistas es mayoritaria, algunos creen incluso que muy mayoritaria, en la opinión pública española”. Todo iso conforma un clima adverso que lle resultará ao BNG moi difícil de afrontar dados os escasos medios cos que conta e o baixo nivel da conciencia nacional galega.

Se PP-VOX gañan as próximas eleccións, cousa que é posible e ata probable, a demonización dos nacionalistas será fenomenal e a recentralización das competencias e das institucións -do poder- tremenda e feroz. As campañas mediáticas serán terribles e o espazo xurídico inseguro. Todo pode pasar. No caso de Galicia, moitísimas cousas -dende a situación do idioma ata o control da opinión publicada- tal vez non teñan volta atrás, dada a extrema debilidade do sentimento galego. Hoxe mesmo, a Xunta xa ten moito de Deputación grande, e está practicamente baleirada de sentido político.

É evidente, ou a min así mo parece, que o gran problema do nacionalismo galego foi a implosión de Coalición Galega e do seu sucesor, o Partido Nacionalista Galego a fins dos 80 e comezos dos 90. A unificación da dereita baixo Manuel Fraga e a morte ou ausencia dunha opción nacionalista no ámbito conservador e centrista foi o presuposto fundamental das sucesivas victorias do PP. O progresivo afastamento do PP do espíritu galeguista baixo o control de Feijóo foi facilitado a posteriori por ese control orgánico previo. Baltar, creo, non pasa de ser un fake.

O segundo grande problema do nacionalismo galego no período democrático é a súa incapacidade para postularse como partido de goberno. Para un observador externo, o BNG é un partido de esquerda moderada, fundamentalmente de clases medias, que ten no seu universo de referencia un sindicato, a CIG, que lle da un peso adicional. Pero non sempre o BNG se ve a si mesmo con esa contención, o que é causa de enormes malentendidos.

É obvio que un programa de modernización económica, social e cultural en clave galega só pode desenvolverse dende a capacidade de acción do goberno galego e, nese sentido, o obxectivo central de toda forza nacionalista debería ser gañar a Xunta. Pero o nacionalismo galego tendeu, unha e outra vez, a menosprezar a importancia do autogoberno autonómico tirando pedras, inexplicablemente, contra o seu propio tellado.

Por certo, das tres forzas políticas galegas o BNG foi a que mereceu máis atención por parte de historiadores, politólogos e outras herbas máis ou menos teorizantes. A literatura sobre el podería encher estantes e ocupar os ocios de moitas tardes.

Por contraste, o PPdeG despertou menos curiosidade, especialmente no período Feijóo, o que non deixa de resultar sorprendente, dada non só a súa hexemonía en Galicia, senón tamén o papel fundamental que no esquema conservador español ten este partido. O PSdeG, pola súa vez, apenas ten quen se interese por el.

O libro de referencia sobre o BNG Un longo e tortuoso camiño, escrito por Xosé Ramón Quintana, xa da pistas sobre o virtuosismo do nacionalismo galego á hora de dispararse tiros nos propios pés e noticia da súa capacidade para, entre dúas opcións, escoller a máis complicada.. Hai pouco Xosé Manuel Sarille deu á luz outro, A nova presenza do BNG que suxire, na súa promoción, que é "para entender o BNG", que é unha organización que precisa de hermeneutas avezados.

Sexa coma for, o BNG unha e outra vez oscila entre, dunha banda, a necesidade de adaptación ás demandas da sociedade galega, que lle reclama un programa factible e, condición necesaria tamén, un persoal cualificado para levalo a cabo e, pola outra banda, unha pulsión fundamentalista que, de ter éxito, faría del unha organización irrelevante e, de feito, a mellor inimiga de si mesma.

Nos últimos meses Ana Pontón, no contexto da preparación da 17 Asamblea do BNG, ven afirmando que hai que ampliar as bases, dotarse dun programa aquelado de goberno e darlle voz aos expertos que poidan e queiran contribuír a un proxecto de transformación da sociedade galega. Son declaracións que constitúen unha expresión de sentido común tal vez animadas pola clara conciencia da dificultade do momento.

Máis atinadas aínda se é verdade, como parece, ou a min así mo parece, que ao BNG xa non lle quedan moitas máis oportunidades, unha vez inferido e entrevisto o horizonte futuro que pode abrirse en España e que, de feito, seguramente se abra."                    (Antón Baamonde , eldiario.es, 07/11/21)

11/11/21

¿Por que Galicia é un país urbano? o 70% da poboación vive en contextos urbanos, Galicia é unha cidade única... pero o rural como universo de procedencia dunha parte da poboación está relativamente preto na experiencia de moitas persoas

 "Unha nova Olanda (Galaxia, 2021) busca outra ollada sobre Galicia. Unha que, ao dicir do seu autor, teña en conta a realidade: a dun país maiormente urbano que, se quere ter opcións de futuro, debe asumir a súa continuidade económica, social e cultural con Portugal. A fachada atlántica da Península Ibérica, ao cabo. O ensaísta Antón Baamonde (Vilalba, 1959), colaborador de elDiario.es, avoga por densificar a trama urbana e mellorar as redes de transporte. Nacionalista e partidario do federalismo, crítico coa calidade do debate público e as súas expresións políticas, deposita porén a maior carga da proba no presidente da Xunta de Galicia: "Feijóo en dez anos non propuxo nada. Non lembro unha soa idea forza que puxese sobre a mesa".

Por que Galicia é un país urbano?

 Hai décadas que máis da metade da poboación do país, o 70%, vive en contextos urbanos, tal e como define este criterio a Unión Europea. A cultura, os modos de vida, a sociabilidade, a identidade persoal, o consumo de masas, teñen os trazos dunha sociedade urbana.

Pero a definición de Galicia como sociedade rural aínda ten percorrido.

En Galicia o proceso de desagrarización aconteceu máis tarde que noutros lugares de Europa ou que en Estados Unidos, debido, entre outros factores, ao corte da Guerra Civil. Esa é a especificidade galega: o rural como universo de procedencia dunha parte da poboación está relativamente preto na experiencia de moitas persoas. Por ese motivo hai esa vinculación que, en último grao, ten visos de certa hipocrisía paternalista.

Esta transformación acelerada, e próxima no tempo, tamén foi traumática.

Está claro. De feito, chamoume a atención que Tuco Cerviño, nunha entrevista recente, dixese que, en Galicia, a cultura dominante seguía sendo rural. Paréceme unha cousa sorprendente. Porque hai identidades urbanas que veñen de moi lonxe e están moi establecidas na conciencia popular. A xente, ou xa os seus pais, ten a conciencia de ser dos Castros, na Coruña, ou de Casabranca en Vigo. Pero, por algún motivo, isto non foi obxecto de discusión social. As sensibilidades urbanas, ou mesmo as de barrio, son moi poderosas na Coruña, en Vigo ou noutras cidades e pásanse por alto.

O urbano en Galicia vai máis alá das sete cidades?

Á parte das sete cidades, as dúas zonas con maior poboación son a Ría de Arousa e a costa de Lugo, con moita riqueza económica. As súas formas de vida non son as de Vigo ou A Coruña, cidades que rozan os 300.000 habitantes, pero son tamén basicamente urbanas.

Afirma que “por algún motivo” a Galicia urbana non foi sometida á “discusión social”. Que motivo?

Hai un tipo de reflexión que é xenérica e funciona con parámetros estandarizados. E despois adoita suceder que as reflexións en Galicia e sobre Galicia sexan, como é o meu propio caso, a cargo de galeguistas e nacionalistas. Nese ámbito, estaba asumido que a poboación maioritaria era rural e, por así dicilo, o suxeito político tiña que tomar en consideración ese dato. Na miña opinión, isto era comprensibel antes da guerra e menos comprensibel desde a Transición democrática.

Por que?

Galicia sempre foi politicamente plural. E o galeguismo antes da guerra foi minoritario. Ao repasar os principais nomes do galeguismo, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuevillas, Peinador, Cabanillas, Peña Novo... faise obvio que era un movemento mesocrático, de clases medias. Para o contexto galego, mesmo de clases medias altas. Como digo ás veces con certa sorna, Otero Pedrayo posto hoxe aquí sería un pijo de libro. Na xeración da Transición, o imaxinario maoísta -o de labregos, obreiros, mariñeiros, o frente de liberación nacional dirixido por un partido comunista- interactuou co imaxinario agrarista previo. Fíxose aí un convoluto un pouco estraño. Agora publícanse libros sobre historia de Ourense, da Coruña, de Lugo pero, con todo, pensar o feito urbano en Galicia a outro nivel segue sendo extraordinario.

Precisamente unha das teses centrais dunha Nova Olanda é a concepción de Galicia como cidade única. Pero o localismo, adoito funcional ao centralismo español, é aínda un factor activo.

España é un país centralista, onde Madrid quere ser París. Pero Barcelona e Bilbo son tamén polos. Aquí había esa idea de Vigo como a Barcelona do Atlántico, ao meu ver errada. España é un país centralista pero foi historicamente policéntrico: a capital, Madrid, era política, pero a economía era Barcelona, Bilba... E estaban Valencia ou Sevilla.

É unha das grandes disfuncións do Estado español, politicamente centralista pero social, económica ou culturalmente plural.

Agora queren resolvelo implementando economicamente Madrid. O meu modelo máis ben é o holandés. Historicamente Galicia tamén foi policéntrica. Aquí non hai, nin é previsíbel que vaia haber, unha única cidade rectora. E o universo das comunicacións xa é outro. Cantos exemplos hai, empezando por min e a miña familia, de xente que vive na Coruña pero traballa en Santiago, ou vive en Vigo e traballa en Santiago, ou vai de Vigo a Pontevedra...

Pero o transporte público non acaba de funcionar como debera.

Galicia non ten unha boa planificación ferroviaria, aínda que agora un pouco mellor que hai dez anos. Cando se puxo o tren máis rápido de Coruña a Vigo resultou que era unha das liñas máis rendíbeis de España.

E máis usadas.

E das máis usadas. Había unha demanda para a que non había oferta. Unha boa comunicación, especialmente por tren, daría máis extesión a algo que xa é un dato real, esa interdependencia entre cidades. A maior parte da poboación vive no eixe atlántico e está unida por autoestrada e polo tren. As cidades galegas son distintas, con especificacións económicas diferentes que crean identidades urbanas distintas. Talvez Coruña é máis o sector servizos, Inditex é a gran marca local. En Vigo é Citroën. Se Galicia é un sitio atractivo e quere evitar perdas de poboación, á parte da paisaxe, o clima ou a alimentación, debe redimensionar o seu fenómeno urbano.

Por que esta realidade urbana e policéntrica acaba derivando a miúdo cara á competición e non cara á cooperación?

A palabra clave é cooperación. Ademais de admitir que o ámbito é Galicia e o norte de Portugal. Do punto de vista da loxística, da distribución... Se che interesa crear un mercado interno, agora que non existe fronteira política con Portugal, é evidente. Porque ves o mapa da Península Ibérica e está clarísimo: o eixe mediterráneo; no centro Madrid; e Galicia e Portugal, de Ferrol a Setúbal. Pero o poder político en Galicia ten que ver coas provincias agrarias. As cidades están gobernadas por binomios progresista e nacionalista.

As cidades e as súas áreas metropolitanas.

Exacto. Pero o poder na Xunta ten que ver con esa poboación que en número é menor e a súa representación política é o PP.

A relación entre Galicia e Portugal é un dos grandes tópicos da política galega. Todo o arco parlamentario asegura defendela. Pero nunca acaba de concretarse nunha estratexia clara, e logo a alta velocidade a Madrid acaba concentrando todo o debate.

De entrada, todos os expertos din que o AVE beneficia á cidade central. Un AVE Galicia-Madrid beneficia a Madrid. Segundo, un dos sentidos do meu libro é apuntarse ao modelo da España en rede. Pero o modelo da España en rede significa ter en conta Portugal e o que propón o seu primeiro ministro: conectar Portugal ao sur con Alxeciras e ao norte con Galicia e o Cantábrico. Se Galicia quere protexer a súa unidade de mercado e o seu aspecto estratéxico -no sentido de por exemplo mellorar o tráfico marítimo ou calquera parámetro- teno que facer con Portugal. Debería ser un eixe da política galega compartida polos tres partidos. A continuidade demográfica, económica e social con Portugal é obvia e evidente.

E cultural.

E cultural, por suposto! Ese lazo é o que pode evitar que Galicia, aínda cun nivel de vida relativamente decente, siga perdendo peso demográfico ou económico.

Por que esta cuestión non se concreta politicamente máis alá da retórica?

Feijóo é un mal xestor e unha persoa sen ideas. O que quería ser de maior, non sei se aínda está a tempo, era líder da dereita española. Todo o aparato institucional da Xunta e o seu organigrama político cultural púxoos ao servizo de non molestar a mentalidade dominante en Madrid. Este é un aspecto do problema. E logo o programa de goberno da oposición debería ser este, implementar as conexións por estrada, por tren, por avión, con Portugal. Non se trata dunha política de esquerdas ou dereitas, senón de puro medre económico e social. Na miña mente está relacionada cunha idea federal e policéntrica, pero tan sequera tes que ser federalista ou partidario dunha España policéntrica para defender este plan, abonda co puro argumento económico.

A crise climática non pode interferir en ideas centrais que expón Unha nova Olanda, por caso no aumento da mobilidade que require o concepto da Galicia urbana?

A mobilidade vai estar determinada polo cambio a unha economía descarbonizada. Do punto de vista climático, en 2050 Madrid pode ter o mesmo clima que Marrakech. O clima en Galicia, pola contra, é fabuloso e sensacional e un futuro atractor de poboación. Do punto de vista da mobilidade sostíbel, trátase do tren. Galicia, como estudou o economista Albino Prada, ten demasiados automóbiles. Porque en vez de promover as cidades densas, facilítase esta cousa libertaria, no sentido norteamericano, de esparexer as casas, cos problemas que iso ten. O problema da pouca sostibilidade xa o ten agora Galicia. Favorecer a trama, a densidade urbana, e a conectividade a través do tren e doutras formas de transporte público daríalle sostibilidade ecolóxica a Galicia.

Esta trama urbana espallada está relacionada coa histórica dispersión da poboación galega?

Cando se ten lástima desa Galicia tan rural, tamén se menospreza esa trama urbana, secular en Galicia, que foron as vilas e que funcionan como núcleos de urbanidade. Eu son un neno vilego, non son un neno de aldea. O meu universo nos anos 60 xa era Massiel [ri]. Cal foi o cambio coa desagrarización? Moitas destas vilas quedaron bloqueadas ou reduciron peso e poboación, como foi o caso de Vilalba.

E agora?

O gran cambio é que a poboación vive na AP-9, nas cidades e as súas contornas, que habería que planificar como un conxunto. As clases populares de antes son as que viven agora nas periferias urbanas. Son o novo suxeito social, que por certo vota case sempre progresista e nacionalista. Outro dos asuntos políticos fundamentais tería que ser mellorar as condicións de vida non só nos centros das cidades senón en áreas urbanas máis amplas. A Galicia urbana ten que deseñarse porque é onde viven os traballadores de hoxe.

Algúns dos problemas estruturais que sinala o libro -a demografía, a desindustrialización, a extinción do sector primario- non son exclusivos de Galicia. Onde reside a súa especificidade?

Manchester ou Liverpool teñen menos peso hoxe en Gran Bretaña que hai trinta anos. Londres ten máis poder. Son fenómenos que non só pasan en Galicia nin en España. Pero en España é específico porque a capital era de funcionarios e militares, non económica nin industrial. Isto quéreo resolver España desde hai 100 anos. Hai unha conversa entre [Juan Antonio] Suanzes, ministro de Industria franquista, e Dionisio Ridruejo no ano 40 ou 41 en que di que hai que promover Madrid como capital industrial para reducir o peso de Catalunya e do País Vasco. Pero nós somos galegos e temos que intentar promover a riqueza e o desenvolvemento do país. Ou a imaxinación social non serve para nada, e polo tanto tampouco a política, ou o problema está en que aquí temos un tipo de industrias condenadas á extinción e a imaxinación social e a política deberían buscar novas alternativas.

Por exemplo?

Unha vez [o historiador Lourenzo] Fernández Prieto explicábame que Inditex sería impensábel sen toda unha trama anterior existente de pequenos talleres de costureiras.

A acumulación orixinaria de Inditex.

Exacto. Ás veces hai saberes sociais, no caso de Vigo ou Ferrol o saber naval, que deben ser redirixidos. Para iso está a imaxinación social e a política non só entendida como os partidos, que tamén, senón as súas contornas intelectuais. Un dos problemas é que a conversa en Galicia é moi reiterativa.

Hai un défice de imaxinación social en Galicia?

Obvio.

E polo tanto de política.

E polo tanto de política. Se falamos de Feijóo paréceme obvio, porque Feijóo en dez anos non propuxo nada. Non lembro unha soa idea forza que puxese sobre a mesa. Galicia en xeral é un país conformista. Tampouco as outras dúas forzas políticas do arco parlamentario estiveron moi preocupadas por elaborar programas ou por xerar laboratorios de ideas que ofrezan ao país opcións de futuro.

A pregunta é de novo a mesma: por que?

Eu intentei sacar ao debate cousas como o das caixas, no seu momento, que para min é un dos grandes fiascos do bipartito: non aprobar unha lei de caixas por covardía. Ou o tema da AP-9.

A AP-9 si está na conversa pública.

Chegou a estar, si. Como é posíbel que pagues un pastón, cos efectos económicos que implica, por ir de Ferrol a Vigo? Como é en cambio posíbel que pareza natural de toda a vida que vaias a Madrid sen pagar un peso? Son debates que revelan a pobreza aspiracional de Galicia. Aquí as clases medias son moi recentes, están contentas, teñen a sensación de que chegaron e o seu nivel de aspiración é escaso. Porque o seu nivel de aspiración real é non empeorar.

Defende a necesidade de incorporar expertos á cousa política. Pero, se tomamos como paradigma a anterior crise do neoliberalismo e a tecnocracia que dirixiu a súa saída, o problema non foi a máis ben a falta de política?

A reacción da Unión Europea en 2008 e a reacción de agora responden nos dous casos á análise de quen manda, Alemaña. O programa de austeridade, co caso particular de Grecia, responde a un traxe feito a medida de Alemaña. Agora tamén. Porque todos sabemos que de non haber os fondos Next Generation, unha fórmula keynesiana entre aspas, a UE podería entrar en crise. Europa é un continente e todo o mundo sabe que o eixe do mundo se esta desprazando cara ao Pacífico. O problema de Estados Unidos é con China e Europa para Estados Unidos é un asunto menor.

No caso galego?

Non son partidario desas palabras un pouco baleiras, innovación, creatividade, pero si creo que falta investigación social, imaxinación social cultivada e non de falabaratos. Ademais, existe unha enorme pobreza conceptual por parte dos partidos. Porque, no fondo, os partidos vívense como epifenómenos do Estado. É dicir, como xestores sen inventiva do Estado. Cal é o tema político en Galicia? O financiamento. É un tema, hai que negocialo, pero, á parte de financiar os servizos básicos, cal é o proxecto? Cal é a idea? Non insisto tanto en que haxa uns tipos súper listos e súper espabilados como en preguntar: “Cal é a idea?”.                         (Entrevista a Antón Baamonde, Daniel Salgado, eldiario.es, 08/11/21)