Mostrando entradas con la etiqueta COOPERATIVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COOPERATIVAS. Mostrar todas las entradas

25/8/23

Por unha vez nos valoran ás mulleres porque no rural as mulleres sempre foron traballadoras igual que os homes e, sen embargo, nunca lles deron o valor que tiñan. Non é por tirarnos flores... a Sociedade Cooperativa A Carqueixa conta con 215 familias asociadas, case dez veces máis que na súa fundación hai preto de tres décadas, e o 43% das cooperativistas desta sociedade dos Ancares son mulleres... E agora levan sete meses coa venda da comida preparada online, e está a funcionar moi ben, hai moitos pedidos... Pola carne, é un sabor único. Aquí as vacas críanse en liberdade, están no campo e pacen herba. Os xatos maman leite con elas e iso é único... O que cociñamos nós e comida tradicional, cociña de avoas, de toda a vida. Non é cociña rápida de microondas, creo que a xente volve valorar máis os pratos elaborados... e vén de ser galardoada polo Ministerio de Agricultura co segundo Premio de Excelencia á Innovación en Actividade Agraria...

 "O verán é o momento de máis traballo no bar Xegunde, en Navia de Suarna, onde Mari Carmen Fernández prepara comidas tradicionais con produtos de proximidade que fan perdurar o sabor dos Ancares que volven buscar as persoas emigradas e que cada vez máis xente proba a distancia. Fernández tamén foi migrante e regresou á súa terra para vivir e traballar aquí, polo que se considera unha privilexiada. Ela é unha das participantes na Sociedade Cooperativa A Carqueixa, que conta con 215 familias asociadas, case dez veces máis que na súa fundación hai preto de tres décadas.

A Carqueixa vén de ser galardoada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co segundo Premio de Excelencia á Innovación en Actividade Agraria, unha das categorías dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais. O 43% das cooperativistas desta sociedade dos Ancares son mulleres, unha cifra moi elevada que se traslada tamén ao seu consello reitor, paritario ao 50% entre homes e mulleres desde 2022.

O Ministerio recoñece o proxecto por tratarse da única cooperativa que comercializa online Tenreira Galega Suprema e por contar cun organismo reitor paritario que toma as decisións entre a celebración das asembleas. Mari Carmen Fernández rexenta o restaurante Xegunde, mais tamén axuda coas vacas da explotación familiar e este ano comezou vender a través do sitio web da cooperativa varios dos pratos tradicionais que elabora coa carne de tenreira que tan ben coñece.

Canto tempo leva como cooperativista na Carqueixa?

O meu marido é socio case desde o comezo da cooperativa e eu agora levo o restaurante pero tamén axudo no manexo das vacas. Quizá o momento no que menos colaboro é neste mes porque estou máis saturada na cociña. Coñezo o produto desde o principio, sei o que estou cociñando porque sei o que comeron os xatos da casa, e máis ou menos en todas as casas aquí comen o mesmo. Teño o privilexio de coñecer o produto desde o punto cero.

Como é ser muller no agro hoxe?

Por unha vez nos valoran ás mulleres porque no rural as mulleres sempre foron traballadoras igual que os homes e, sen embargo, nunca lles deron o valor que tiñan. Non é por tirarnos flores.

Era algo que se falaba entre as mulleres?

Non, tampouco. Había un culto de que todo o tiña que facer o home, pero alguén espertou e dixo: pero por que os homes se as mulleres tamén podemos chegar a facer o mesmo? Sinceramente, aínda que non teñamos a mesma forza física, si temos a mesma forza mental ca eles, ou máis.

Este recoñecemento do Ministerio de Agricultura ao traballo da muller axuda a que as máis novas vexan a zona dos Ancares como unha alternativa real de vida?

Eu teño 53 anos e quero pensar que si, o que pasa é que eu entendo que as mulleres de hoxe non teñen a mesma mentalidade que tiñamos nós aos seus anos. Penso que isto as vai animar a que queden no rural e sigan para adiante porque hai unha cousa moi clara, se o rural non funciona a cidade non come. Agora parece que todos queren unha cadeira e un ordenador, pero se non rural non hai patacas a cidade non come. É obvio pero o leite non sae do cartón, a leituga non aparece no andel do supermercado... Sei que aquí temos outras perspectivas, eu nacín e crieime aquí, fun emigrante e non me pesou nada por volver; penso que somos privilexiados por vivir aquí. Ter un traballo na túa casa é un privilexio e creo que a xente nova se vai animando a quedar.

Pensa que as novas xeracións comezan a mostrar máis interese en traballos do sector agrogandeiro?

A xente que naceu e se criou aquí, que llo intuíron na casa, esa quizá si. Pero a outra que non llo intuíron e non se criou cos animais é máis difícil, tenche que gustar.

Foi unha sorpresa o premio entre as e os cooperativistas?

Si porque é algo a nivel estatal, non de Lugo. Eu fiquei moi sorprendida e agradecida porque nos recoñezan o que traballamos, que xa é bastante. Pero desde aquí tamén lles pedimos ás Administracións que estean máis pendentes de nós, entendo que se ven as perspectivas desde a cidade, pero teñen que ser conscientes da importancia do rural, non da zona dos Ancares, de todo o rural. Aínda non o celebramos porque estamos todos atarefados, pero xa haberá tempo para a festa.

Cales son as trabas que atopa co seu negocio?

Aféctanos a suba dos prezos, como a todos, o cereal para os animais está subindo moito. Pero sobre todo destacaría a dificultade para facer calquera trámite administrativo, todo son problemas e hai moito papeleo que non é garantía de nada.

Di que están no momento de máis traballo, hai moita diferenza de xente no verán que no inverno?

Aquí hai moita xente que emigrou e retorna as súas casas agora en agosto, e turistas que veñen pasar o día. No inverno, no tempo da neve, tamén hai moita xente que nos visita. O que pasa é que agora mesmo non temos nin un clima que pareza galego porque hoxe [polo 9 de agosto] estabamos a 38 graos en Navia, e iso que temos o río que sempre axuda a refrescar. Xa non sabes nin cando é inverno, no mes de decembro tivemos algún día a vinte e pico graos, iso non é normal. O cambio climático afecta a todo, aos animais, á vexetación... É unha ameaza que temos enriba e que estamos vendo, eu non lembro temperaturas tan altas como as dos últimos dous anos.

Por que apostaron por vender os pratos cociñados coa carne das vacas da cooperativa a través de internet?

Xurdiu a idea de probar a ver se funcionaba e eu pensei que tiña que funcionar porque se o cociñas para ti, para comer ti, vai funcionar; se o cociñas para vender, non.

Cal é esa diferenza?

Din que todos os galegos temos unha retranca e esa é a miña. Eu sempre digo que cociño para min, non para vender. Un cociñeiro que veu darnos unhas leccións unha vez nos dixo que non comía o que cociñaba, pero aquí todo o que cociñamos comémolo nós tamén.

 Como definiría vostede o sabor dos Ancares?

Pola carne, é un sabor único. Aquí as vacas críanse en liberdade, están no campo e pacen herba. Os xatos maman leite con elas e iso é único. Pola comida sería o mesmo, un sabor único, o sabor de toda a vida sen cambiarlle ningunha cousa.

E agora un sabor que chega máis alá dos Ancares. Levan sete meses coa venda da comida preparada online, como está a ser a acollida?

Está a funcionar moi ben, hai moitos pedidos. Se o fas ben e á xente lle gusta vai repetir. Precisamos que máis xente saiba que estamos aquí e o que facemos, pero de momento quen proba repite, estamos vendendo para toda a Península. Tamén temos venda na praza de abastos de Lugo e está a resultar moi ben. Moita xente non ten tempo nin de cociñar e isto pode ser unha boa alternativa. Nos pedidos vai a comida envasada ao baleiro. Por exemplo, cociñamos un mércores, o xoves sae para o destino e ao día seguinte xa está na casa do cliente.

Como escolleron os pratos que poñer á venda no sitio web da cooperativa?

Miramos o que mellor saía no restaurante. De momento temos a tenreira con salsa de figos, o caldo galego, os callos con garavanzos e o xarrete con castañas. Xa está vindo xente emigrada fóra que me di que xa probou os meus callos porque os pediu online, isto pode ser unha alternativa para os tempos de menos carga de traballo no restaurante. De momento estamos aterrando e imos pouco a pouco.

Percibe máis interese da xente en coñecer o produto que come desde que pasamos a pandemia?

Si, a xente preocúpase máis polo natural, por comer produtos da zona, e pola calidade. No restaurante nótase, entendo que na carnicería tamén.

Isto séntese como unha volta varias xeracións atrás?

Quizá si. O que cociñamos nós e comida tradicional, cociña de avoas, de toda a vida. Non é cociña rápida de microondas, creo que a xente volve valorar máis os pratos elaborados."                 (Ana G. Liste , Praza Gal, 11/08/23)

11/8/22

"No rural de Galicia témolo todo, o que faltan son modelos máis cooperativistas, máis colaboración"... en Alemaña ou en Austria, onde hai mesmo queixerías móbiles que van de granxa en granxa producindo o queixo de cada explotación, que logo é a que o vende e comercializa. Desde as administracións poderíanse fomentar este tipo de proxectos colaborativos

 "Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor ecolóxico do Estado e o primeiro de Galicia. Nas súas 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos pacen máis de 300 vacas e co seu leite elabóranse todo tipo de produtos lácteos dunha gandería que, en 2002, foi unha das primeiras en certificarse oficialmente como ecolóxica. 

A explotación de Mesía cumpre co veto aos produtos e abonos químicos, co benestar animal e co mínimo dunha hectárea de prado por cada dúas vacas. Ademais de destacar por ter consolidade un negocio de referencia no sector lácteo e ecolóxico, destaca tamén polo respecto e coidado do medio ambiente e o fomento da conservación da biodiversidade na granxa. O éxito desta aposta quedou tamén certificada coa declaración de máis de 74 hectáreas como espazo natural protexido nunha explotación con pastos, bosques e zonas húmidas libres de herbicidas, insecticidas e fertilizantes químicos desde hai décadas e unha variedade de especies case única. 

Cristina Fernández-Armesto é unha das socias que leva o temón da granxa familiar, unha aventura que empezou cando nos anos 60, os seus avós, Felipe e Victoria Fernández-Armesto, fundaron a gandería en Mesía, que iniciaron con vinte vacas traídas desde Canadá. O resto, é historia á que nos achegamos nesta primeira entrega da serie Mans da Galicia que vén, na que coñeceremos proxectos apegados ao territorio e con vocación de futuro en diversos puntos do país

Que era a Casa Grande de Xanceda para vostede e que é agora?

Para min isto sempre foi a volta á infancia porque aquí pasamos eu e mais os meus irmáns todos os veráns. Xanceda sempre estivo aí. Obviamente, houbo unha evolución desde os inicios por parte do meu avó, para quen isto era un soño de xubilación. Das primeiras 20 vacas que mercou pasouse a unhas 300, mentres el, que viviu ata os 98 anos, ía mercando ou intercambiando terras ata conseguir unha base territorial grande e conxunta, unhas 200 hectáreas. O valor de todo o que facemos agora son estas terras, a base que nos permitiu logo apostar pola gandería ecolóxica. Ese foi o legado principal do noso avó, o que nos permitiu dar un paso máis. 

Como decidiron dar ese paso máis?

Cando meu avó morreu, en 2002, aquí había 300 vacas e todo este terreo. Eu traballaba nunha multinacional da moda en Madrid e con meu pai e meus irmáns cavilamos moito sobre o que facer. A opción fácil tería sido vender as vacas e o terreo ou plantar árbores... 

Pero non o fixeron. 

Non. Decidímonos un pouco antes da crise de 2008. Daquela había moitas oportunidades no mercado, todo parecía ir ben economicamente... Asociámonos con Guillermo, que era o veterinario da granxa e tiña unha visión moi clara sobre as posibilidades da certificación ecolóxica, da necesidade de achegar valor engadido e dos beneficios para a natureza e o medio ambiente que suporía impulsar outro modelo. E apostamos por el. En 2002 decidimos certificar oficialmente como ecolóxica a granxa. 

Con que obxectivos emprenderon esa mudanza?

Un dos principais obxectivos era ser sostibles a nivel económico, porque a granxa era unha auténtica ruína: vender leite cru non é un bo negocio nin o era. Sabiamos que tiñamos que darlle unha volta total. O outro obxectivo era ser sostibles desde o punto de vista medioambiental. Foi así como decidimos facer unha reconversión e pasar a ser unha granxa ecolóxica. Daquela non había moitos compradores de leite ecolóxico e o prezo que nos pagaban non compensaba os custos, así que, despois dun tempo, demos outro paso para ser a nosa propia industria e pechar o ciclo.

Todo se fai na Casa Grande de Xanceda? 

Todas as vacas que temos, desde hai medio século, naceron e medraron aquí; nunca compramos unha vaca de fóra e todas as que hai son tataranetas das primeiras que chegaron. Alimentámolas, apañamos a maior parte da súa alimentación da nosa colleita, muxímolas e comercializamos o leite. E facémolo cun grupo de traballadores e traballadoras da contorna, do rural. Todo baseado na terra, nas 200 hectáreas que temos. Así empezou a historia. 

Unha historia que presume da calidade dos seus produtos, principalmente...

Sabíamos que non íamos ser nunca nin os que máis vendésemos nin os máis baratos, así que sabiamos que tiñamos que diferenciarnos pola calidade.

 O coordinador de Galletas Daveiga dicíame que no rural galego o fundamental para o seu desenvolvemento é que a súa xente crea nas súas posibilidades. Está de acordo?

Completamente de acordo. Temos que crelo porque en Galicia temos as materias primas, témolo todo. Hai bos exemplos de cooperativas, pero faltan máis, precísanse modelos máis cooperativistas, centros de transformación compartidos, por exemplo. Ocorre en Alemaña ou en Austria, onde hai mesmo queixerías móbiles que van de granxa en granxa producindo o queixo de cada explotación, que logo é a que o vende e comercializa. Desde as administracións poderíanse fomentar este tipo de proxectos colaborativos.

Unha boa forma de diminuír os riscos que supón empezar un proxecto agrogandeiro... 

Claro, porque o risco, existe, obviamente. A primeira parte da nosa fábrica supuxo un investimento de 1 millón de euros e sufrimos moito os primeiros anos. Se tivésemos a oportunidade de facer un investimento máis pequeno, sen tanta presión... Calquera tipo de instalación de uso compartido, de colaboración, de cooperación para empezar desde abaixo e pouco a pouco sería moi positivo. 

En definitiva, falta cooperación no sector agrogandeiro galego?

Si, claramente. Falta unha cultura de cooperación. Abonda con mirar como de forte é o sector en Francia e todo polo espírito cooperativo que teñen.

Non será o único problema... 

Moitos dos problemas teñen que ver tamén co produto final que vendemos. Vender leite envasado nun brick non é rendible. Hai unha competencia feroz e en Galicia a maioría dos produtos lácteos que se venden son leite e nada máis. Fáltanos facer produtos con máis valor engadido. 

 

Por non haber non houbo nunca un grupo lácteo forte...

Se en Galicia pagan menos o leite tamén é porque o sector lácteo ten pouca capacidade de negociación conxunta. Podo poñer un exemplo sobre eivas dese tipo: hai moitos anos, cando empezaban as granxas ecolóxicas, intentamos formar unha cooperativa para facer negociacións conxuntas. Eramos unha ducia e nós iamos falar con cada unha delas pero todas nos dicían o mesmo: "Ti vai facendo e logo xa veremos". Ao final non se formou e tardou moitos anos máis en crearse.

Que cre que falta en Galicia para que haxa máis xente nova dedicada á agricultura ou á gandería?

Aquí ten moito que ver a calidade de vida. Se tes unha gandería familiar, como a maioría en Galicia, traballas 365 días ao ano. Se queres marchar de días libres ou vacacións tes que contratar a alguén para que te substitúa. Iso veo a xente nova, os fillos dos gandeiros... Ven que é unha vida dura para logo chegar moi xusto a fin de mes e para non poder decidir nin o prezo ao que vendes os teus produtos. Tes pouca liberdade e entendo que haxa quen opte por outro camiño. 

Daquela, que fai falta?

Fan falta máis servizos no rural. Iso é fundamental. Unha familia queda a vivir se ten vivenda accesible e uns servizos axeitados, que che permitan unha vida digna. Son necesarias escolas infantís para poder conciliar, colexios, servizos médicos, boas comunicacións, internet... A fibra chegou á Casa Grande de Xanceda o ano pasado! Ata daquela, todos na empresa estabamos con liñas de teléfono e datos limitados. Tamén é certo que cada vez máis as novas tecnoloxías, como os robots de muxidura ou a maquinaria de limpeza, están a facilitar moito o labor nas granxas. 

E que falta para que o sector avance e se renove?

Máis motivación e máis formación para as novas xeracións, para que vexan que se pode facer moito máis do que facían seus pais, que foi fundamental e moi importante, obviamente. Pero a xente nova debe saber que se poden facer moitas máis cousas nas explotacións. En Austria, por exemplo, non hai unha soa granxa de vacas que non teña tamén a súa parte de turismo, a súa venda directa de produtos, as súas visitas guiadas, cafetería... Son outras fontes de ingreso. Hai que ir buscando ese valor engadido e ir innovando. É clave. 

Faltan moitas desas alternativas en Galicia?

Falta moito, si. Nós temos a granxa coas portas abertas desde hai anos e temos lista de espera desde hai moito tempo para as visitas. É a nosa forma de aprenderlles aos nenos e a moitos adultos que hai detrás do que están comendo, pero tamén de que vexan sistemas de gandería que achegan ao medio ambiente e á natureza. E que non restan. Modelos que, ademais, poden ser rendibles, que xeran o suficiente como para seguir reinvestindo, mellorando, innovando e mantendo os postos de traballo, que é o máis importante. Ademais, isto supón manter a poboación e a actividade económica no rural.

E é un exemplo de respecto á contorna, ao medio ambiente...

A gandería e a agricultura poden achegar ao medio ambiente e isto é algo que hai que ter moi claro e explicar, máis agora que todos somos conscientes dos problemas pola falta de biodiversidade ou a contaminación. Hai estudos da UE que indican que en Europa só quedan un 20% de terras agrarias cun alto valor natural, polo que a agricultura e gandería que se está levando a cabo está degradando os ecosistemas, destruíndo hábitats e biodiversidade. Aquí vimos de conseguir a declaración de espazo natural protexido para unhas 75 hectáreas da granxa, que é a certificación de que o noso modelo non só protexe a biodiversidade, senón que a fomenta.

Cal é a fórmula para conseguilo?

A nosa filosofía é facer pequenas accións para que a natureza poida mellorar o seu rumbo. Temos ata 30 especies diferentes de vexetación nos prados, temos zonas húmidas, ecolagoas, río... Conformamos a típica paisaxe orixinal de Galicia, como adoitaba ser, con prados, sebe, árbores autóctonas... Colocamos 60 caixas niños, colmeas de abellas e mesmo atopamos enxames de abellas salvaxes, un indicador de que as cousas están indo ben. Parecen cousas insignificantes, pero importan. Traballamos co grupo naturalista Hábitat, que cada poucos anos fai un reconto: no último identificaron máis de 140 especies diferentes de plantas, máis de 90 de aves, máis de 25 de mamíferos e outras tantas de réptiles e anfibios. É a confirmación de que gandería, agricultura e natureza poden coexistir e fomentarse unha a outra. 

E todo iso cun negocio que tamén é rendible, algo que moitas veces sen pon en dúbida cando se fala de proxectos ecolóxicos e con ese grao de responsabilidade co medio ambiente e a contorna...

É rendible porque este proxecto só existe porque hai consumidores que queren que exista, aos que lles interesa que haxa ganderías que sexan compatibles co medio ambiente e ademais acheguen á natureza. É importante explicalo e contalo, porque se non o fas a xente tampouco o valora. Un proxecto así só pode funcionar se fas partícipe del ás persoas que compran os teus produtos. 

No entanto, levan anos loitando contra proxectos eólicos dos que advirten que son "incompatibles" coa súa política de empresa e forma de ser

Agardamos que coa declaración de espazo natural protexido para boa parte da nosa granxa se exerza de verdade esa protección, tamén contra estas iniciativas. O que está claro é que os macroeólicos e as macroinstalacións que se proxectan co macroparque Curtis-Ordes non son compatibles cunha vida no rural e menos nunha zona coma esta. Non son compatibles coa vida agrogandeira, que é prioritaria aquí. A calidade de vida empeora moito, o valor dos terreos cae un 20%, o ruído, as molestias, as liñas de alta tensión, as subestacións... Acabas convertendo a zona nun polígono industrial, cando é un espazo que vive da agricultura e da gandería.

Desde Casa Grande de Xanceda amosaron claramente o seu rexeitamento. Por que esa contundencia?

Se o que queren é que non vivamos disto, teremos que emigrar todos ás cidades, pero se a prioridade é que Galicia e España teñan un rural que nos alimente en casos de crise, isto é incompatible. Queremos un rural que exista ou non? Se a resposta é si, que non queremos depender de leite en po que veña de Nova Celandia, senón producir leite de aquí, de proximidade, o que temos é que coidar o rural e dar calidade de vida para que os agricultores e gandeiros poidan quedar a vivir nas súas aldeas e vilas. Isto é totalmente incompatible con macroinstalacións que, ademais, non achegan valor ao rural, senón que llo restan en favor dun beneficio que levan macroempresas e multinacionais que non están aquí e non deixan nin un peso. Só deixan consecuencias negativas. Se queremos un rural que exista, hai que apostar por el e pór cada cousa no seu sitio. Enerxías renovables si, pero así non. "                   (Miguel Pardo, Praza Pública, 05/08/22)

21/9/21

Una cooperativa de orquestas quiere romper el monopolio de las fiestas de Galicia. Terremoto en el negocio millonario de las verbenas gallegas: "Es un sector muy oscuro"

 "Mueven 40 millones de euros por temporada, cientos de millones en servicios indirectos, y gozan del rango de estrellas de la música. Las multitudes se desplazan allá donde toquen sus ídolos, hay galas en televisión, 'rankings' de los mejores grupos y de los mejores solistas, cada concierto es un verdadero despliegue de sonido, luz y pirotecnia. 

Es el extravagante mundo de las orquestas de verbena de Galicia, un fenómeno de masas difícil de entender fuera de esa comunidad y que hoy vive una implosión interna provocada, precisamente, por varias de esas orquestas. Hay mucho dinero en juego y algunos se han cansado de un negocio que califican de opaco y cautivo, dominado con mano de hierro por un puñado de empresarios que hacen y deshacen a su antojo.

En realidad, el mundo de las orquestas lleva tiempo bajo sospecha. Hace 10 años, la Agencia Tributaria inició una investigación que resultó en condena de cárcel para sus dos grandes promotores. La Audiencia de Pontevedra condenó este pasado mes de junio, tras un procedimiento de años, a Ángel María Pérez ‘Lito’, el conocido como rey de las verbenas, a 27 meses de cárcel por defraudar 320.000 euros a Hacienda en concepto de IVA. Finalmente, el Tribunal Supremo le ha absuelto por mala praxis en la obtención de las pruebas. Junto a él, su socio Miguel Ángel García Souto también ha sido condenado a siete años y medio de cárcel y 1,5 millones de multa por el mismo delito. 

 Lito y García Souto eran los propietarios de las dos grandes orquestas gallegas, Panorama y París de Noia. Su condena confirma lo que todo el sector sabía en Galicia desde hace décadas: que en la contratación de las orquestas casi todo el dinero se movía sin declarar a Hacienda.

“Esto desde hace cinco años es otro mundo. Hoy, el 99% de las orquestas emiten su factura al cliente, ya sea el ayuntamiento o la comisión de fiestas. Tenemos a la Inspección de Hacienda encima nuestro, y encantados de que lo estén, así nos olvidamos de historias”, resume Víctor Rodríguez, propietario de Gaias Eventos, la oficina de representación de orquestas y bandas más poderosa de Galicia. Rodríguez es hoy el empresario que mueve los principales hilos tras la caída de Lito. Asegura que en el mundo de las verbenas se acabó el fraude fiscal, y por eso se sorprende de la iniciativa que justo acaba de surgir para batallar contra su monopolio: la Cooperativa de Orquestas Galegas (COOGA).

 COOGA “pretende romper con métodos tradicionales de contratación y representación de formaciones musicales, para poder acercar de forma más directa y sencilla nuestra música a los consumidores”, explica en su comunicado de presentación. “Las orquestas podrán prescindir de una aparatosa red de intermediarios para su contratación, pudiendo depositar su confianza en aquellos representantes que ellas crean pertinentes”.

 Estas palabras, que para alguien externo no tienen nada de especial, suponen para el mundo de las verbenas gallegas un auténtico revolcón. Dan a entender que el negocio millonario de las orquestas sigue infestado de comisionistas dudosos y que no siempre los pueblos y parroquias contratan a las orquestas que quieren, sino a las que les imponen. Muestra de que la cooperativa ha hurgado en la herida es que ninguna de las orquestas contactadas ha querido expresar en abierto sus opiniones en este artículo. ¿El motivo? Si la todopoderosa Gaias Eventos se entera de que simpatizan con la cooperativa, ya pueden ir despidiéndose de trabajar en el futuro.

"La gente está muy quemada, pero apoyando a la cooperativa te la juegas en lo laboral. No es una sensación de amenazas como en el mundo de la droga, pero te juegas quedarte sin contrataciones después de dos años de pandemia muy duros. Hay muchas orquestas que han desaparecido para no volver", cuenta un miembro de una orquesta.

“No queremos entrar en guerras, pero sí vemos que la actual forma de trabajar es oscura y queremos que sea transparente, que el cliente sepa cuánto cuesta cada orquesta y qué es lo que paga, no como ahora, que se le da un dinero al intermediario y este ofrece un paquete cerrado, con las orquestas que él tiene en cartera, y no hay claridad sobre ese dinero”, cuenta Manuel Carballo, presidente de la cooperativa. “Un ejemplo: una comisión de fiestas tiene un presupuesto de 40.000 euros y cierra una fecha con uno de estos intermediarios, pero nadie sabe exactamente cuánto paga por cada orquesta, ni sabes si tu orquesta recibe menos dinero del que debería ni por qué. Estamos en manos de intermediarios y lo que queremos es que quien nos contrata acceda a nosotros directamente, que conozca nuestras tarifas a través de una plataforma en internet. No puede ser que en el siglo XXI exista este retraso”.

 Este año, dos de las grandes orquestas de Galicia han salido de la órbita de Gaias Eventos para fundar su propia oficina de representación. Las orquestas Panorama y Combo Dominicano se unieron bajo el sello Go Music Management para ser ellas quienes vendan su calendario y controlen las comisiones y a los comerciales. La irrupción ahora de la cooperativa es otra grieta en un muro que parecía inquebrantable.

De media, una orquesta gana 3.000 euros por noche de verbena. Por supuesto, hay categorías. Las grandes cobran fácilmente 6.000 euros y se elevan hasta los 20.000 en las noches más señaladas de agosto, con una facturación anual que ronda los dos millones de euros. Las modestas se conforman con mucho menos. No existen tarifas oficiales, es un mercado salvaje de oferta y demanda, controlado al 90% por las oficinas de representación, principalmente Gaias Eventos.

Las orquestas consultadas formulan una sospecha que no se atreven a denunciar en abierto: la caída de Lito y de García Souto no ha limpiado del todo el fraude fiscal en las verbenas. Presuntamente, existiría una facturación en A y otro porcentaje en B sobre presupuestos de cientos de miles de euros. Medias de 70-30 o 60-40 sobre el importe total. El propietario de Gaias Eventos rechaza de forma tajante tal acusación: “Si alguien conoce algún fraude que lo denuncie y que me lo haga saber para no trabajar más con esa persona. Pero, si no, que dejen de embarrar y lanzar mierda sobre este sector. Llevamos dos años pasándolo muy mal y esto es lo último que necesitamos”. 

 La clave del negocio millonario de las verbenas son las comisiones de fiestas. Todo gira en torno a ellas. En Galicia hay 313 municipios ('concellos'), pero cerca de 3.000 comisiones de fiestas, todas dependientes de alguna parroquia, grande o pequeña. Un ayuntamiento gallego puede tener fácilmente siete u ocho parroquias y ermitas, cada una con su comisión de fiestas, su presupuesto y sus ganas de que la fiesta en honor de su santo sea mejor que la del santo del vecino. De ahí que las verbenas cuenten con buenos presupuestos, casi siempre a base de donativos de los vecinos a la comisión, que actúa como asociación sin ánimo de lucro. Eso, y las ganas de fiesta de los gallegos, explica por qué el sector de las orquestas es tan boyante en Galicia desde hace 50 años.

“Las verbenas forman parte de la sociedad gallega desde hace mucho tiempo, y las orquestas son el centro de la fiesta. En los últimos años se ha incorporado la juventud, que la ha dado un impulso muy grande. No todo son grandes conciertos con miles de personas como aparece siempre en las fotografías en prensa, la mayoría son fiestas tradicionales con poca gente. Una fiesta es la seña de identidad de una aldea o una parroquia y ponen todo su esfuerzo”, explica Manuel Fariña, presidente de la Asociación Galega de Orquestas (AGO). Para Fariña, este terremoto en el sector abre “una situación complicada”, ya que “cambia la forma de venta” y genera un cisma entre quienes están a favor de poner unas tarifas fijas en internet y quienes están en contra.

 Ninguna de las grandes orquestas se ha posicionado en favor de la cooperativa. Cierto es que varias de estas orquestas son propiedad de las oficinas de representación. Es decir, las oficinas son juez y parte del negocio, un hecho que solivianta a las orquestas más modestas y que es el germen de la cooperativa. “Por ahora somos cinco orquestas y un grupo, y hay dos grupos más que quieren entrar. Muchas orquestas nos reconocen en privado que les gusta nuestra iniciativa, pero que no se atreven a salirse de su oficina de representación porque la pandemia nos ha hecho mucho daño a todos, necesitan trabajar y no quieren jugársela”, explica Carballo.

El propietario de Gaias Eventos y referente de las verbenas les lanza un dardo para rebajar la importancia de este movimiento: "Por muy bonitas palabras que utilicen, esta cooperativa funcionará como una oficina de representación más, con sus orquestas y sus comerciales. Son cuatro o cinco orquestas las que impulsan esto. Me parece legítimo, pero no pueden poner en duda a todo el sector para buscar un beneficio".                     (David Brunat, El Confidencial, 27/08/21)

22/7/21

Nace a Casa do Maior da Costa da Morte, un proxecto de economía social e cooperativismo para asentar poboación

 "A comarca conta con algunha Casa Niño como a do Ézaro. Un Un fogar alternativo para as crianzas paralelo ás Escoliñas. Un servizo que permite paliar a escaseza de prazas no rural a través do emprendemento.

Unha idea semellante (unha casiña cunha coidadora para o coidado de 5 persoas) é a “Casa do Maior”. A Xunta, mentres esquece a creación de novos centros de Día a pesar da demanda continua, prepara unha subvención para a creación deste novo servizo. E na Costa da Morte nace un proxecto ben fermoso de “economía social, baseado no cooperativismo sen ánimo de lucro, para dar un servizo de coidado a 5 maiores, dende un local cedido polos concellos, favorecendo o emprego feminino no rural, a conciliación, e a dinamización comunitaria”.

A que fala é Natalí Asorey, responsable do Centro Colaxe, e promotora do proxecto “Casas do maior da Costa da Morte”, que este mércores facía a presentación oficial na Casa dos Veciños. Con ela, despois de meses de contactos por toda a zona, un grupo de mulleres que queren “contribuír á transformación social da comarca a través da economía social e feminista”.

Queda agardar ao mes de agosto, cando a Consellería de Política Social escolla os proxectos subvencionados, a partir de cando as promotoras terán 3 meses para poñer as Casas en marcha."            (Ubaldo Cerqueiro, Qué pasa na costa, 12/05/21)

9/7/21

¿Aún no conoces a las rederas gallegas que trabajaron con Loewe y crean los bolsos más bonitos del verano?

 "Las rederas de Corme (A Coruña), auspiciadas por Artesanía de Galicia, triunfan con su proyecto paralelo: una línea de bolsos de red y mimbre que es perfecta para los ‘looks’ más veraniegos.

 Rosa Rodríguez (Corme, 1964) comenzó a trabajar como redera de barcos de pesca a los catorce años. Al cumplir 54, Loewe llamó a su puerta para que le ayudase a elaborar unos llaveros. Entre una escena y otra, han transcurrido cuatro décadas de sacrificado trabajo por y para el mar, no siempre bien remunerado ni convenientemente valorado

Pero también está la varita mágica del proyecto Enredadas, creado por las consellerías de Economía, Emprego e Industria do Mar de la Xunta y coordinado e impulsado por la fundación Artesanía de Galicia en 2012, con el objetivo de formar a las redeiras (rederas, en gallego) en gestión comercial y marketing para apoyar la diversificación de su actividad

En ese contexto, casi alquímico, también toma peso otro factor fundamental: el hada madrina que lo cambió todo para las redeiras de Corme –son 17 las mujeres que conforman la asociación Illa da Estrela, incluyendo a Rosa Rodríguez–, la diseñadora rianxeira Rosalía Castro, que visitó la localidad costera coruñesa por primera vez en 2015 para enseñarles a las integrantes de Illa da Estrela a convertir sus artes de pesca en bellísimos accesorios.

 “Me pareció un proyecto muy bonito, y las primeras clases que di fueron con las rederas de Corme. No me pudieron recibir mejor, y a partir de ese momento (con algunos cursos de por medio), nos une una gran amistad. En este camino que seguimos juntas, aprendo de ellas numerosas cosas, como su tesón, trabajo, valentía y, sobre todo, el buen humor y optimismo con el que afrontan cada proyecto”, resume. 

A día de hoy, es capaz de crear prototipos de accesorios para ella, pero aún no ha logrado aprender a hacer los nudos de red con las agujas de las profesionales. “Aprendí a hacerlo a mano, pero me parece realmente complicado lo que hacen. Cuando las veo, me quedo maravillada, menuda destreza y rapidez”.

 “El primer curso que les di, en 2015, trabajamos con redes recicladas que fui a comprar a un almacén. Con ellas hicimos bolsos de diferentes tamaños, sirviéndonos de tejidos naturales como el lino o el algodón para elaborar el forro y haciendo las asas de cuero. En 2018 nos volvimos a reunir en Corme para otro curso y ese año trabajamos el patronaje y la confección con la máquina de coser. Hicimos bordados, mochilas, bolsos de mano y creamos el tejido de mallas con nudos con el que se hacen esas bolsas de mercado que tanto están de moda”, continúa la diseñadora.

Ese año, 2018, Loewe llamó a la puerta de las rederas. Su trabajo paralelo se había popularizado, “especialmente por el boca a boca”, apunta Rosa Rodríguez, y había llegado a oídos de la firma madrileña, que en los últimos años ha apostado aún más por su vinculación a la artesanía española. “Nos contactaron y, después de una temporada valorando varios diseños, se decidió la elaboración de unos llaveros en los que se combinaba la técnica de las rederas con el cuero de la marca. Para nuestra asociación fue una gran satisfacción trabajar con una firma tan conocida como esta”, añade Rodríguez.

Visto en retrospectiva, tanto las rederas como la diseñadora que les enseñó a convertir su oficio en moda (y, por el camino, acabó por hacer las veces de directora creativa de sus accesorios), podían haber imaginado que el proyecto secundario en el que se estaban embarcando interesaría al público. Referencias no les faltaban: “A mí me gusta preparar los cursos bien, y siempre procuro enseñarles cómo grandes firmas, de Celine a Miu Miu, pasando por Chanel o The Row, se sirven de este tipo de arte para crear bolsos, complementos y piezas de vestuario”, añade Castro.

 En 2020, la ‘maestra’ las invitó a crear todos los bolsos con nudos –“Ellas tejían con la aguja con la que trabajan cada día”, puntualiza Castro– y después se adaptaba cada modelo con particularidades especiales: cestos de mimbre, asas metálicas, forros especiales… “Jugamos con las materias primas desde el principio hasta la finalización de la pieza. Muchas veces, un solo bolso tarda varios días en hacerse, ese es su gran valor”, cuenta Castro.

 Quien espere una gran colección y un stock inmenso, puede esperar sentada (pero, al mismo tiempo, sin fatigarse). “Trabajamos por modelos según demanda”, interviene Rosa Rodríguez, que añade que cada temporada se renuevan los diseños. Por el momento, las piezas (a precios asequibles) se venden en su local de trabajo, en el puerto de Corme, en ferias artesana, en varias tiendas especializadas de Galicia (Santiago de Compostela, Cee, A Coruña…) y, por supuesto, a través de sus redes sociales

¿Por qué hacerse con uno de sus maravillosos bolsos, que combinan los capazos con las técnicas de red ancestrales de Galicia? “Porque están hechos con productos relacionados con el mar, y al mismo tiempo [por el reciclaje de estas artes] se aporta un grano de arena para proteger el medio ambiente. Porque lo hacemos con todo el cariño del mundo, aportando también un grano de arena para el futuro de nuestra comunidad. Y porque está pensado para ser disfrutado”, sentencia Rosa Rodríguez."                (Paloma Abad, Vogue, 01/07/21)

14/6/21

Galletas del siglo XV para revitalizar Chantada y el rural gallego

 "En el interior de Galicia se hornean galletas inspiradas en una receta marinera del siglo XV al calor de una fábrica pionera en conciliación y teletrabajo. La empresa Lugar da Veiga, SLL nació en 2005 en Chantada (Lugo) con solo cinco empleados para cumplir el sueño de seis hermanos, empeñados en revitalizar la comarca rural que los vio nacer aplicando los principios de la economía social. 

Hoy factura 6,5 millones de euros, emplea a 83 personas y se sitúa entre las empresas europeas que más rápido crecen: entre 2014 y 2019 lo hizo a un ritmo medio que supera el 50%.

“El resultado de nuestro proyecto demuestra que la economía social y el rural tienen futuro”, proclama Xosé Lois Lamazares, coordinador general de la firma, sobre un modelo de gestión empresarial que no busca el lucro a toda costa y prioriza valores como la integración social, la ecología o la participación democrática. Lugar da Veiga es una sociedad limitada laboral, en la que los trabajadores pueden convertirse en socios o dejar de serlo cuando lo deseen. Así lo han hecho actualmente 47 miembros de la plantilla, con una aportación que supone más del 70% del capital social. Aunque no entren en la propiedad, los empleados tienen derecho a acceder a la información sobre la marcha de la empresa y a participar en la toma de decisiones relacionadas con la organización de la producción.

Lamazares defiende que “apostar por un modelo responsable desde el punto de vista de gestión empresarial no es una carga, sino que aporta ventajas”. “Las personas están más implicadas y es más fácil hacer frente a crecimientos grandes o a imprevistos, porque aporta mucha flexibilidad”, explica el cofundador de Lugar da Veiga. “Además la seguridad alimentaria y la calidad se consiguen mejor con un modelo de responsabilidad que fiscalizando a los trabajadores”.

Este experto en economía social dejó en 2005 su labor como asesor de cooperativas y técnico de desarrollo local en ayuntamientos y, del brazo de sus hermanos, dio el salto de la teoría a la práctica. Facilitar que los trabajadores concilien su vida personal con el trabajo es un objetivo “importante” en la organización del día a día de la fábrica, afirma. De hecho, no tuvo que llegar una pandemia para que se implantase el teletrabajo. Desde 2015 los empleados de oficinas tienen la opción de trabajar un día a la semana desde casa sin ningún tipo de justificación. Por motivos de conciliación, las tareas a distancia pueden ampliarse.

La jornada laboral es continua desde que se fundó la empresa. Se optó por esta fórmula pensando en “una mejor calidad de vida”, pero, como ocurrió con el teletrabajo al estallar la pandemia, resultó “una ventaja” cuando el fuerte crecimiento de las ventas a partir de 2013 obligó a aumentar la producción. “Solo hubo que crear otro turno”, explica la dirección de la empresa.

Actualmente el 47% de la plantilla está integrada por mujeres y la mitad son personas de más de 45 años. A los trabajadores del obrador no se les pide ninguna cualificación específica porque todos ellos son formados en la fábrica. “No acudimos ni a servicios de empleo ni a empresas de contratación, sino que incorporamos a personas que quedaron descolgadas del mercado laboral y que forman parte de nuestro entorno”, señala Lamazares.

La familia Lamazares, originaria del municipio de Rodeiro, limítrofe con Chantada, puso en marcha la fábrica con una inversión de 600.000 euros después de un viaje a Argentina. Visitando a uno de los hermanos que ejercía de panadero en el país austral, los fundadores de Lugar da Veiga descubrieron las galletas marineras, un producto introducido en América desde la Península Ibérica que prácticamente había desaparecido a este lado del Atlántico. Elaboradas de pan sin miga, fueron ideadas hace seis siglos para alimentar a los marineros y resistir sus largas singladuras. En Baleares el invento sobrevive con el nombre de quelitas y en el mundo anglosajón se instaló en la dieta como crackers.

Cambios en la receta

Cuenta Lamazares que para poder acudir a proveedores locales en la compra de materia prima y servir así de motor de desarrollo de la comarca, hubo que introducir algunas adaptaciones en la receta de las galletas marineras que se fabrican en Chantada. Las que hornea Lugar da Veiga incorporan, por ejemplo, mantequilla y aceite de oliva, aunque en los últimos años se han añadido otros ingredientes foráneos como la quinoa y una variedad ecológica. Se elaboran con productos naturales, sin aditivos, y de forma “semiartesanal”, apunta el responsable de la empresa, ya que la producción, con una capacidad de 6.000 kilos al día, “está mecanizada, pero no automatizada”.

Los trabajadores del obrador se sirven de máquinas para amasar, recortar o envasar, pero sus manos siguen siendo fundamentales en el proceso. Por eso todas las galletas son distintas y son sus ojos los encargados de vigilar y decidir cuándo están en su punto para salir del horno. En la búsqueda de reducir al máximo los residuos generados, los restos y descartes de galleta se trituran y sirven de pienso al ganado de la comarca.

Estas tortas de pan sin miga que se fabrican en Chantada se venden sobre todo en el extranjero. Más del 70% del volumen de negocio de Lugar da Veiga lo representan sus clientes de Portugal y Reino Unido. The Financial Times la ha incluido este año en su ránking de las 1.000 empresas europeas que más rápido crecen por tercera vez, pues ya lo había hecho en 2018 y 2019). Hace solo seis años su facturación no alcanzaba el millón de euros y actualmente rebasa los 6,5 millones.

Con estos números, los responsables de la compañía aseguran que está preparada para superar la embestida económica de la pandemia. En 2020 su crecimiento bajó al 3,5%, pero “el proyecto está suficientemente consolidado para afrontar esta situación”, asegura Lamazares, quien cifra los beneficios en un millón de euros. Parte de esas ganancias se destinan a la organización de seminarios y charlas para predicar las bondades de la economía social."                   (Sonia Vizoso, El País, 12/06/21)

6/5/20

Mulleres colleiteiras: o círculo da economía social

"Fixeron realidade iso que deu en chamarse economía social e circular. Sonia, Montserrat, Emilia, Soraya e Violeta son as cinco socias de pleno de­reito de Mulleres Colleiteiras, unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada en 2015.

Vinte e catro meses antes entre vinte e trinta mulleres xitanas, colectivo maioritario nesta Cooperativa, iniciaban a recollida de aceite vexetal usado no barrio coruñés de Monte Alto, co apoio da ONG Arquitectura sen Fronteiras, das entidades do barrio, da súa Asociación de Veciños e de moitas persoas que se implicaron directa ou indirectamente naquel proxecto piloto. Hoxe, Mulleres Colleiteiras está recoñecida. Recibiu o accésit do Premio Nacional Xuntas polo Clima (2019) e a Pomba de Ouro da Plataforma LaTeuaTerra (2018). 

O seu crecemento é proba do funcionamento exemplar das economías social e circular que rexen esta empresa, que comezou con 20 puntos de recolección e que hoxe conta con 65, que se ampliarán este ano a 85, distribuídos por toda A Coruña, Oleiros, Arteixo e Ferrolterra. No ano 2017, Mulleres Colleiteiras recolleu 43.994 quilos de aceite vexetal usado. Este ano chegarán aos 130.000. Esta é a súa historia.

«Vivo a experiencia de saber o que é traballar, e unha oportunidade», conta Montserrat, xitana de apenas vinte anos, cando se lle pregunta por este traballo. Sonia, a súa compañeira, da mesma idade e tamén xitana, responde así: «É unha experiencia nova. Nunca traballara. 

Estámonos independizando. Para nós é máis difícil». Sonia e Montserrat acaban de chegar, xunto con Emilia Allegue, ao primeiro punto de recollida desta xornada. Chegaron na furgoneta verde de Mulleres Colleiteiras desde o seu Centro de Operacións, situado no Polígono Industrial de Oleiros. A ruta de recollida de aceite vexetal usado acaba de comezar.

Sonia e Montserrat sacan do contedor laranxa as botellas de plástico cheas deste espeso líquido, colócanas nunhas cestas de caucho de cor negra e lévanas á furgoneta. Cada cesta ten unha etiqueta, que contén a dirección do punto de colleita co fin de poder saber, ao final da xornada, cantos quilos de aceite había nel. Cada un deles ten as súas cestas de caucho coa súa identificación.

 «Gaño 315 euros ao mes. Só traballo vinte horas á semana. Estou a proba. Agora comezarei a xornada completa», explica Montserrat na furgoneta, mentres nos diriximos ao segundo punto de recolección, o Mercado de Conchiñas. «Só temos esta furgoneta. Necesitamos outra, unha na que se poidan poñer directamente os contedores e recolocalos logo automaticamente. 

Non damos abasto pero non dispoñemos de orzamento para comprar unha furgoneta máis. Somos autónomas. Traballamos de 9 a 15 horas os luns, mércores e venres. E os martes e xoves de 9 a 16 horas», explica mentres conduce a furgoneta Emilia Allegue, que leva dous anos nesta cooperativa.

«Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro porque pensamos que é a forma ideal de facer realidade a economía social e circular. O que se pretendeu e se pretende con esta cooperativa é que as mulleres da mesma, a maioría en exclusión social, participen en todos os ámbitos da empresa. 

Elas son socias traballadoras. A empresa é súa. Fixeron unha achega mínima de capital. Nun principio fan unha práctica, págaselles a dieta, o transporte, ensínaselles algo tan básico como abrir unha conta corrente no banco e dáselles unhas pautas para facer o seu traballo.

 Poñerei un exemplo que fará máis clara a situación que vivimos. Se ás nosas traballadoras lles chega unha carta que non comprenden, ou se teñen que realizar unha xestión complexa para elas porque nunca a fixeron, axúdaselles. Facémolo para que aprendan e poidan un día ser donas das súas vidas. Hai empresas de inserción social e centros especiais de emprego, que fan un itinerario formativo de tres anos e logo os seus traballadores volven á marxinación.

Neste tipo de empresas houbo casos de explotación. Naquelas, as persoas non teñen un horizonte, a posibilidade de quedar, de seguir formándose. Isto non sucede en Mulleres Colleiteiras. Tras realizar as prácticas e o período de proba, se elas se senten seguras, sen obrigalas, pregúntaselles se desexan ser socias de pleno dereito. A dignidade e o respecto son esenciais neste proceso. 

Hai que pensar na situación de cada unha, normalmente delicada. Doutra banda, neste proceso tamén se ten en conta a conciliación familiar e laboral. Se unha traballadora chega media hora tarde por motivos familiares, pode recuperar esa media hora pola tarde do mesmo día, ou outro día. Isto fálase sempre. 

Tivemos algún caso, no que unha traballadora tivo que deixar o seu posto porque na súa casa ninguén facía a comida, nin coidaba da familia. Nós conciliamos organizándonos. A conciliación é o primeiro. Levámola a cabo individualmente, adaptándonos á situación de cada traballadora, á súa problemática. Sonia e Montserrat viven no poboado xitano e desexan independizarse», explica Susana Pena Liaño, xerente da Cooperativa.

 Susana gaña 1200 euros ao mes. Non é socia da Cooperativa, é persoal contratado e o seu soldo cóbrese cos 25.000 euros aportados, desde o ano 2018, pola Consellería de Igualdade do Concello da Coruña. Outras institucións que colaboran con Mulleres Colleiteiras son a Estación Depuradora de Augas Residuais EDAR, o Concello de Arteixo, a Consellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. O Club de Leóns de Oleiros tamén colaborou coa cooperativa para a compra de maquinaria especial para o depurado do aceite vexetal usado. Destaca a colaboración da EDAR, que foi e é fundamental para o desenvolvemento de Mulleres Colleiteiras e tamén para a Estación Depuradora de Augas Residuais, para o seu mantemento eficaz e sostible. 

«Un litro de aceite vexetal usado equivale a 1000 litros de auga limpa de mar. Nos sumidoiros e na depuradora teñen problemas gravísimos co aceite que chega alí polas canalizacións, desaugues, inodoros… O aceite, unido a outros residuos, forma bloques máis duros que o formigón na EDAR. Estes bloques hai que destruílos cun trade. Doutra banda, gástase moitísima auga en limpar este aceite na depuradora», explica Emilia Allegue.

Chegamos ao segundo punto de recollida de hoxe, situado no Mercado de Conchiñas. Sonia e Montserrat descenden da furgoneta, van cara ao punto laranxa, colocan as botellas de plástico cheas de aceite vexetal usado nas esportas negras de caucho ben etiquetadas, e lévanos á furgoneta. Mentres o fan pasan casualmente dous ciclistas da asociación de reparto Van en Bikke, coa que Mulleres Colleiteiras colabora desde 2017. «Distribúennos folletos informativos, nos que se explica como se debe reciclar o aceite vexetal usado, e reparten funís, que facilitan ás persoas o reciclado», explica Emilia Allegue.

Como se recicla o aceite vexetal usado? De forma sinxela. Para iniciar o ciclo de reciclado necesítase unha botella de plástico e un funil. Vértese o aceite vexetal usado que teñamos na casa e desexemos reciclar na botella de plástico. Péchase ben a botella e lévase, o máis limpa posible, a un punto laranxa de recollida. Que pasa logo co aceite que as Mulleres Colleiteiras recollen? Algo marabilloso, que garda moitos soños. En primeiro lugar, finalizada a ruta do día, lévase o aceite recollido ao centro de operacións de Mulleres Colleiteiras, no Polígono de Oleiros, na Coruña. 

No Centro, nunha nave alugada a ese concello desde 2016, pésase o aceite de cada punto de recolección. Posteriormente, vértese a través dun sistema de enreixado, co que se fai o primeiro filtrado. Nesta operación baléirase unha a unha cada botella de aceite. Unha vez realizada esta operación vértese o aceite nun tanque de 400 quilos. Aquí será valorizado, é dicir, depurado por unha empresa á que Mulleres Colleiteiras llo vende a 40 céntimos o quilo. Esta empresa venderallo á súa vez, tras depuralo ou valorizalo, a unha multinacional que o transformará en biodiesel.

 Nun futuro próximo, grazas ao investimento de ao redor de 40.000 euros, que realizaron Mulleres Colleiteiras, dese tanque de 400 quilos o aceite pasará a un de 1500 no cal, a través dun proceso de temperatura (por calor), separarase o aceite da auga e do residuo orgánico. Logo, o aceite pasará a unha centrifugadora, onde se depurará de novo e finalmente a un tanque de 14.000 quilos, onde se almacenará. 

«Faremos nós todo o proceso de depuración converténdonos en valorizadoras deste residuo. Para lograr isto, para o que xa contamos con todas as infraestruturas, necesitamos 10.000 euros, que teremos que depositar na Xunta de Galicia para conseguir a autorización que nolo permita. Este é un dos nosos obxectivos e tamén un dos nosos soños. Pero hai máis: levar este aceite, xa depurado no noso centro de operacións, ás caldeiras da calefacción dos colexios, ás dos centros cívicos, ás das entidades financeiras, de institucións etcétera. 

Se o logramos, pecharíamos o círculo, conseguiríamos aquilo polo que loitamos cada día: que a nosa sexa unha empresa onde a economía circular e social estean completas», detalla Susana Pena Liaño e engade: «Traballamos nun proxecto de I+D+ I da Universidade da Coruña, en concreto coa Unidade de Combustible do Campus de Ferrol, con empresas de economía social e coa cooperativa A nosa Enerxía para lograr que o aceite que recollemos vaia, unha vez depurado, ás calefaccións. Hoxe este aceite véndese a empresas multinacionais pero pódese usar directamente nas caldeiras de calefacción, é dicir, sen ser convertido en biodiesel».

 Despois do Mercado de Conchiñas chegamos ao punto de colleita IBS Pai Rubinos, logo imos ao do Bar Atlántico 57, ao do Orzán, ao do Mercado de San Agustín, ao de Cidade Vella, ao de Praza Parque, ao do Mercado Monte Alto, onde comezaron as Mulleres Colleiteiras, ao do Parque de Marte, ao do Campo da Leña, ao de Zalaeta, ao de reataurante Overa e ao do comedor da empresa Showa Denko, desde onde nos dirixiremos ao centro de operacións para acompañar as Mulleres Colleiteiras no labor de pesado e baleirado do aceite.

«Ademais destes proxectos, estamos realizando as dilixencias necesarias para conseguir os certificados IS0 9001 e ISCC para a trazabilidade de biocarburantes. Son necesarios para que podamos participar no concurso para a recollida de aceite vexetal usado do Consorcio das Mariñas. Doutra banda, presentámonos ao convenio para a limpeza de contedores de aceite vexetal usado do Concello da Coruña, pero non nos admitiron porque somos unha cooperativa sen ánimo de lucro. 

 Nas súas bases só se permite a participación de Empresas de Inserción Social e de Centros Especiais de Emprego. Recorremos estas bases. Ao fin, a empresa que gañou cometera irregularidades graves na súa xestión e retiráronlle o convenio. Esperamos poder presentarnos cando salga a oferta de novo», explica Susana Pena Liaño.

Acaba o día. O aceite está no tanque. Todo no Centro de Operacións de Oleiros está xa limpo. Queda analizar como foi o día e a ruta de mañá. «Preparo as rutas unha semana antes. Hai puntos aos que imos recoller o aceite cada quince días, outros, os menos, unha vez ao mes, e outros unha vez por semana. 

En base a esta planificación», aclara Susana Pena Liaño, quen como Sonia, Montserrat, Emilia, Soraya e Violeta, sente que está facendo as cousas ben e que por iso Mulleres Colleiteiras ten futuro a pesar do mercado negro do aceite vexetal usado, malia as competencias desleais, malia a perversión das axudas públicas. Malia todas as dificultades, elas duplican a súa actividade cada ano. Están aí e xa son un referente de bo facer."                     (Juana Vera, Luzes, 12/04/20)

30/4/19

Copagro, unha cooperativa agraria que integra a 8.000 familias, anuncia un ERE de extinción por sorpresa, pois non ten débedas cos seus provedores e aos traballadores unicamente débelle os atrasos de convenio, o que abunda no inexplicable do peche...

"A Unión Sindical Obreira (USO) denunciou este martes que a cooperativa agraria Copagro, situada en Valdoviño, na comarca de Ferrol, presentou un ERE de extinción para os seus 16 traballadores "no seu mellor momento". Esta cooperativa, segundo recolle a súa propia web, integra a 8.000 familias "entre traballadores e socios". Conta, ademais, con tenda agraria e fábrica de pensos e proporciona servizos veterinarios.

Segundo lamentou o coordinador da Federación de Industria de USO-Galicia, Francisco Cousillas, a cooperativa comunicou o seu peche "totalmente por sorpresa, despois de ampliar o seu persoal nun 40% nos últimos anos e investir un millón de euros no último exercicio para converter á fábrica de pensos nunha empresa punteira en Galicia".

Tal como asegurou a organización sindical nun comunicado, Copagro está participada polas cooperativas de Meirás, quen designou aos administradores. Así, nos últimos meses, "a cooperativa comprou tres camións, instalou unha aplicación informática nova e construíu unha planta para pensos porcinos", na que, segundo datos de USO, investiu 80.000 euros en maquinaria "que non se chegou nin sequera a montar por orde do seu presidente".

"SEN PREVIO AVISO"

"De súpeto e sen previo aviso, preséntase un ERE para cesar a actividade dunha fábrica que tanto os traballadores como o noso sindicato, o único representado na Cooperativa, vemos non só competitiva, senón con proxección de futuro", criticou Cousillas.

Neste sentido, USO sinalou que Copagro move ao ano unhas 19.000 toneladas de mercadoría, "non ten débedas cos seus provedores e aos traballadores unicamente débelle os atrasos de convenio", o que, segundo Cousillas, "abunda no inexplicable do peche, sen exporse sequera unha venda da unidade produtiva que garanta a actividade e o futuro dos empregos".

Desta maneira, os traballadores solicitaron a documentación que sustente o ERE, "pero as únicas contas que recibiron son as de 2017, o que fai sospeitar de que as de 2018 poderían conter irregularidades".

Por todo iso, o persoal convocou unha concentración este mércores, de 12,00 horas a 13,00 horas, diante da Cooperativa de Meirás. "Queremos documentación que xustifique o peche e os despedimentos e se é tan rendible como todo fai indicar, esixiremos que se manteña a actividade", sentenciou o representante sindical."                     (Galicia Confidencial, 23/04/19)

9/4/18

Cando un proxecto cooperativo agrario venceu á emigración en pleno Franquismo con métodos “comunistas”

"Ao principio todo o mundo desconfiaba do proxecto pero grazas a que os seus fundadores creron sempre nel, na parroquia non houbo que emigrar. O concepto de xuntar terras hai 50 anos era totalmente innovador e non tiña moito que ver coa mentalidade daquela época”, así explica Xan Ramos presidente de Grille Sociedade Cooperativa Galega, antes Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, en Mazaricos.

 “A fórmula deu froitos e foi exitosa ata hoxe en día, medio século despois”, di orgulloso Ramos.

Foi un 26 de febrero de 1968 cando o Goberno Civil aprobaba os estatutos desta cooperativa que na actualidade está na listas das principais explotacións lácteas galegas. Os seus fundadores entón foron José García Vilas, Olimpio Álvarez Casanova, Juan Rial Rial, José Ponte Martínez, Manuel Ramos Silva, Manuel Suárez Ramos, José Currais Rodríguez, José Turnes Noya, Eliseo Ramos Silva e José Maneiro Mouzo.

Precisamente, para celebrar este 50 aniversario, as persoas socias e vinculadas á cooperativa déronse cita nun restaurante este luns para lembrar ese feito. Agasallouse aos presentes cunha cunca de Buño xunto coa acta fundacional da cooperativa e cunhas figuras, tamén de Buño ás persoas fundadoras.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro aproveitou a oportunidade para “parabenizar” aos socios fundadores por “ser pioneiros e ter a valentía de botar a andar un modelo produtivo e cooperativo que, naquela altura era case impensable”. Do mesmo xeito salientou a “traxectoria meteórica” da cooperativa pois “segue cos mesmos valores pero ten vacas de alta xenética e produce máis de 10.000 litros de leite ao día”.           (Galicia Confidencial, 27/02/18)

5/12/17

Una cooperativa agraria reflota su negocio fabricando postres fríos con la leche fresca de sus granjas. Desde 2015, Bico de Xeado ha abierto 15 heladerías en España

"El secreto de un buen helado natural empieza en el guisante. La planta se deja crecer en invierno, pero no para que la coman las vacas, sino para enriquecer con nitrógeno la tierra en la que luego se sembrará ese maíz que sí va a alimentar a las lecheras. 

Así ocurre al menos en la granja O Cancelo (Miño, A Coruña), una explotación de un centenar de reses rescatada del abandono en 2009 por una escuálida Cooperativa Agraria Provincial (CAP) que procedía de las antiguas Uteco (Unión Territorial de Cooperativas) y que en plena crisis del sector había vendido prácticamente todo su negocio y su marca de leche a Puleva

Hoy, los ganaderos han comprado una segunda granja que pronto entrará en funcionamiento. El objetivo es duplicar la producción por el éxito de los postres fríos que fabrican y venden a la hostelería y en establecimientos propios de toda España con la marca comercial de Bico de Xeado. 

La denominación en gallego significa "beso de helado" y juega a la ambigüedad, porque, como señala el gerente de CAP, Jesús Otero, "de Xeado" suena a "deseado": "Siempre me preguntan cómo nos atrevimos a vender los helados con este nombre fuera de Galicia, pero ¿quién sabe lo que quiere decir Häagen-Dazs?"

Hoy, CAP factura seis millones de euros de los que 1,8 proceden de la elaboración de helados. El resto viene fundamentalmente de la venta directa de parte de la leche que produce a la marca Celta, de los trabajos de asesoría para otros ganaderos, y de la compra y gestión de materias primas para granjas asociadas. 

También de un servicio por el que ofrecen personal de sustitución para que los dueños y los empleados de otras explotaciones puedan tomarse vacaciones y bajas, algo hasta hace poco impensable.




S. R. P.
"Sabíamos muchísimo de producir leche y nada de fabricar helados. Nos costó localizar maestros porque es un mundo muy especial", reconoce el gerente: "Cada artesano guarda con celo su fórmula". Al fin, en 2011, encontraron ayuda en Canarias, y al volver de allá fue cuando invirtieron en la primera, pequeña, máquina. La primera tienda la inauguraron en mayo de 2015 en A Coruña, muy cerca de las heladerías más célebres de la ciudad.

"Sabíamos que si queríamos abrirnos un hueco solo podíamos aspirar al nivel alto", sigue relatando Jesús Otero, "llegar al mercado en el tope de gama, sin copiar a nadie, con recetas propias ideadas aquí". Iria García es la maestra heladera: "los nuevos sabores que creamos son probados por toda la plantilla", asegura la trabajadora, "y entre todos decidimos si salen al público o no, porque somos como una familia". Aprovechan las cenas de la empresa para hacer esa decisiva cata en el momento del postre, pero algunos sabores "van y vienen por peticiones de los clientes".

La cooperativa coruñesa, presidida por José Calo, rechaza la fórmula de fraquicia para sus heladerías. "Esa palabra nos asusta", comentan en la factoría de Bergondo. En 2016 empezaron a lloverles peticiones de personas interesadas y entonces idearon "un proyecto de colaboración" en el que no existen los cánones de entrada. 

"Les cedemos la imagen y les vendemos nuestro producto, pero no nos aprovechamos de nuestros colaboradores", asegura Otero. Ahora estudian muchas propuestas en Portugal pero de momento, entre las tiendas españolas, la mayoría siguen siendo propias.

O Cancelo, además de criar y ordeñar vacas, es el "campo de ensayo" donde se experimentan mejoras en la alimentación, se prueban razas lecheras y se dan charlas y clases en un aula de madera a la que suelen ir los colegios. 

En la granja se cultivan cereales (y guisantes, claro) para la elaboración de los forrajes, y se complementa la dieta de las vacas con el bagazo de cebada que les subministra la cervecera Estrella Galicia. En las visitas organizadas tratan de "divulgar el sector lácteo" para que la gente se pregunte "cómo es posible que un litro de agua cueste lo mismo que uno de leche, cuando para producir uno de leche hacen falta tantos de agua".

Dependiendo del sabor del que se trate, entre el 45% y el 50% de cada helado Bico de Leite es leche de vaca únicamente pasteurizada. Estos días se preparan para fabricar los de kiwi y castaña porque la carta se ajusta a la fruta de temporada "y a poder ser -salvo el plátano, que viene de Canarias- de proximidad". 

Hay otros sabores como el de licor café de Gomariz (O Ribeiro, Ourense) que, sin embargo, siempre están ahí. Empezaron fabricándolos en la propia granja, pero el éxito los obligó a trasladarse, primero a una nave en el ayuntamiento de Arteixo y recientemente a otra en el polígono de Bergondo, siempre dentro de la provincia de A Coruña. 

Este año producirán 200.000 litros de helado y el objetivo, cuando entre en funcionamiento la granja Esperanza, adquirida en San Sadurniño (A Coruña), es doblar la cifra. La cooperativa da trabajo ahora a medio centenar de personas, además del personal de refuerzo que contratan las heladerías en temporada alta.

La CAP desapareció prácticamente en 1999 tras la traumática venta de su marca insignia, Leyma, a la granadina Puleva. En la cooperativa no quedaron más que un par de personas trabajando, sin ninguna explotación en propiedad, y mantenían bajo mínimos el nombre ofreciendo servicios de asesoramiento a granjeros. 

Resucitar O Cancelo, esa ganadería cerrada donde reinaban la desilusión y la basura, fue el primer paso. Pegarse un gran batacazo con un proyecto de máquinas expendedoras de leche fresca para los urbanitas, el segundo.

 El tercero llegó el día en que los socios recibieron una invitación para asistir a una demostración de una multinacional holandesa que ofrecía preparados en polvo para añadir a la leche y fabricar helados de sabores. A los granjeros gallegos, que buscaban una salida después del fracaso de las expendedoras, aquello no les gustó nada pero les señaló el camino.

"El queso era lo típico, los yogures ya había en Galicia quien los hacía muy bien... ¿Por qué no podíamos emplear nuestra leche fresca en hacer helados, pero con fruta fresca e ingredientes naturales?", cuenta el gerente que se preguntaron entonces. 

En 2011 compraron su primer pastomantecador, la máquina esencial en la fabricación de helados. Y enseguida empezaron a despachar a la hostelería sus postres de marca Granxa O Cancelo. En 2015 dieron la gran zancada final: no sin polémica dentro de la cooperativa, acordaron cambiar de imagen y de nombre para abrir heladerías propias. 

Así nació Bico de Xeado, hoy con unas quince tiendas y puntos de venta al público en Galicia, Andalucía, Cantabria y Madrid. Aquí también planea entrar en el Wanda Metropolitano: lo hará con la biconeta, una furgoneta retro que es todo un símbolo para la marca. Los otros emblemas son los "carros de bicos" (carros de besos) y los bancos en forma de vaca que fabrica en castaño para las heladerías un ebanista de cerca de la granja."                (Silvia R., El País, 10/11/17)

9/11/16

Nace 'Espazo Coop', 1.500 socios e 570 traballadores “para impulsar o cooperativismo en Galiza”

"A Unión de cooperativas de traballo asociado (Ugacota), Ucetag (Unión de cooperativas de ensino de traballo asociado de Galiza) e Sinerxia veñen de aprobar por unanimidade en asemblea a fusión destas tres entidades, dando pé ao nacemento de 'Espazo Coop'. 

Esta nova unión agrupa pois a 181 cooperativas, das cales 152 son de traballo asociado, 28 de ensino e 1 de consumo. Posúen 1.120 socios traballadores, 340 socios consumidores e 570 persoas contratadas. A facturación é de 45 millóns de euros.

'Espazo Coop', sinalan os impulsores, “nace chea de diversidade cooperativa en canto a tipoloxías, tamaños ou sectores de actividade”. Na asemblea que decorreu esta fin de semana aprobaron tamén os estatutos da nova entidade, para alén de designar o novo consello (que terá como presidente a Celso Gándara, de Algalia sociedade cooperativa galega). 

Perante a asemblea presentouse o Proxecto estratéxico 2016-2020, no que se marcan entre os retos prioritarios “construír unha unión de cooperativas sostíbel e eficiente”.

Espazo Coop é, recoñecen, “o paso final” dun proceso interno nestas organizacións que leva tempo madurando, produto tanto da colaboración que manteñen como dunha visión estratéxica e de partillar valores e principios do cooperativismo e a intercooperación.

“A razón de ser da fusión é gañar capacidade de representación e gañar en eficiencia no aproveitamento de recursos e no desenvolvemento dos fins das asociacións promotoras que participan deste proceso, converténdose na maior entidade representativa do cooperativismo galego, por número de cooperativas asociadas, e para actuar como interlocutor do colectivo, representando e defendendo os intereses do sector, promovendo a intercooperación entre cooperativas e con outras organizacións da economía social, fomentando un cooperativismo de calidade”.      (Sermos Galiza, 08/11/16)

3/11/16

La gran cooperativa gallega nace con 3.600 socios y el 15% del mercado lácteo

"La gran cooperativa del sector agrario gallego ya es una realidad. Las asambleas de Feiraco (Ames), Os Irmandiños (Ribadeo) y Melisanto (Melide) dieron ayer luz verde por amplísima mayoría -más del 97 % de síes- a su integración, un proceso del que se descolgó Xallas, la más pequeña de las cuatro agrupaciones con las que se presentó el proyecto hace un mes. 

El grupo, para el que se barajan tres posibles nombres, tendrá unos 3.600 socios y gestionará el 15 % del negocio lácteo gallego, según fuentes de esas empresas. Tendrá una destacada presencia en ese negocio, el de la leche, pero también en piensos, hortalizas, maquinaria agrícola y hasta gasolineras. Y está abierta a nuevos socios, también de fuera de Galicia.


El proyecto nace con Feiraco como principal entidad. Tener ganaderos que produzcan a los costes más eficientes de Europa fue una de las principales ideas que cuajaron en el sentir de los socios de la cooperativa que ayer mayoritariamente respaldaron el proyecto de integración.

 El 96,7 % de los más de 590 votos emitidos dieron un sí «con confianza», como explicó uno de ellos a la salida de una asamblea de la que estaba satisfecho el presidente del consejo rector, José Montes Pérez: 
«Comprando todos xuntos, entendemos que abaratamos custos» y los cooperativistas de las tres sociedades ganarán en eficiencia. Un segundo paso «a medio e longo prazo», apuntó, debe ser la comercialización conjunta de la leche.

En cambio, a unos kilómetros de distancia, el temor a una repercusión negativa de la fusión en sus explotaciones ganaderas llevó a que 223 socios -el 85 % de los presentes- de la cooperativa Xallas, de Santa Comba, dijesen no, con solo 33 a favor. Fueron realmente muy pocos los participantes en la asamblea, puesto que cuenta con 1.800 socios. 

La negativa en Xallas hay que entenderla por una serie de factores, como el miedo a un incremento de los precios del pienso, pues es de los más baratos en su entorno, además de que peligre el acuerdo por el que venden la leche que producen a Celta a un precio superior que el que perciben otros ganaderos de su zona.


«Si estamos a favor dunha integración con sentido común e onde cada cooperativa asuma as súas débedas, pero explicando ben as cousas e non xuntándose para facer unha foto sen antes consultar cos socios», coincidían los congregados. Entienden que salen ganando porque era la única de las cooperativas que mantendrá su autonomía económica.


Los socios de Melisanto dijeron sí por una aplastante mayoría, del 96 % de los asistentes. No fueron todos, lo hicieron 220 de una masa social integrada por 656 cooperativistas, la mayoría de los cuatro concellos de la demarcación comarcal -Melide, Toques, Santiso y Sobrado dos Monxes-, y en menor medida de municipios limítrofes como Arzúa, Boimorto y Palas de Rei. 

El presidente de Melisanto, Pablo Costoya, valoró que «os socios queren que se traballe nese sentido». Costoya explicó que la integración repercutirá «nunha mellor eficiencia dos servizos, na compra das materia primas e estar integrados nunha sociedade de maior dimensión para emprender proxectos que en solitario non serían factibles».


La tercera pata la aportan desde A Mariña luguesa. Tres reuniones por zonas precedieron a la asamblea de Os Irmandiños en Ribadeo. Con esa información previa, y la que ayer les dieron el presidente, José Ángel Blanco, y el gerente, los ganaderos emitieron 238 votos a favor y 7 en contra. 

Es una «aposta clara» de Os Irmandiños por pertenecer a una organización «máis dimensionada, porque tamén no rural hai que adaptarse aos novos escenarios económicos, nos que as empresas se fusionan para ser máis fortes, gañar en competitividade e reducir custos», explicaba José Ángel Blanco, su presidente. «Para os socios todo vai seguir igual, cos mesmos servizos, con todo... pero con máis vantaxes».

Melisanto


Los piensos son la marca más rentable de la sociedad

Con casi 37 años de trayectoria, Melisanto tiene una facturación de más de 18 millones de euros al año. Su principales líneas de actividad son la recogida de leche, con 30 millones de litros anuales que vende para su transformación a Larsa, Entrepinares y Clesa, y la fabricación de piensos con marca propia, de los que produce 19.000 toneladas al año.

La cooperativa de Melide, con 37 empleados, también envasa y vende a grandes distribuidores cultivos propios de la huerta gallega que producen más de una veintena de socios.

Os Irmandiños


Mil socios, 32 millones y 40 años centrados en producir

Cumple 40 años Os Irmandiños con 920 ganaderos de 40 municipios. La mayoría producen leche, unos 700.000 litros anuales por granja, y el bajo precio les pasa factura. La cooperativa facturó 32,6 millones en el 2015, un 11 % menos que en el 2014, y un 13 % menos que en el 2013. 

Este año ha presupuestado 34,3 millones. Más especializada en producción que en comercialización, cubre todas las necesidades de las granjas: alimentación, maquinaria, veterinarios... Además, tiene tienda agraria, economato y una gasolinera a punto de abrir.

Feiraco


Líder de Galicia en facturación e innovación. Feiraco es la primera cooperativa láctea gallega en volumen de facturación, pues recoge, procesa y comercializa unos 350.000 litros diarios, así como productos derivados procedentes únicamente de sus explotaciones.

Cuenta con 3.460 socios, aunque la cifra de cooperativistas productores es de 2.114, según la propia entidad. Además, dispone de una fábrica de piensos y ofrece servicios de gestión técnica y económica, de calidad de leche, agronomía, reproducción animal, venta de gasóleo, seguros o un departamento de I+D+i. Liderará la integración."             (La Voz de Galicia, 01/11/16)