Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas

6/10/24

A vacina que pode erradicar a hepatite A no mundo: "Abaratamos custes para chegar aos países endémicos" O equipo de investigación da doutora Rosa María Pinto Solé logrou illar "unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente", un total de 7

 "A hepatite é unha desas enfermidades que, en moitos casos, pasa socialmente desapercibida. A diferenza do que acontece con outras doenzas causadas por virus, a inflamación do fígado semella ser algo no que ninguén pensa ata que lle acontece a un mesmo ou a un achegado. E, no caso de reflexionar sobre esta enfermidade, adoita pensarse unicamente na hepatite C ou B, cando en realidade hai un amplo repertorio de letras do abecederio que dan nome a diversos tipos de hepatite: A, B, C, D, E, F e G. Ademais, a pesares de non estar tan presente no imaxinario sanitario colectivo da sociedade, a Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que, no mundo, 325 millóns de persoas sofren hepatite B e/ou C. Ademais, a Organización Panamericana da Saúde (OPS) estima que o 57 % dos casos de cirrose hepática e o 78 % dos casos de cancro primario de fígado son debidos a infeccións causadas polos virus da hepatite B ou C. Son datos verdadeiramente alarmantes observando a tasa de mortalidade, pero, alo menos, hai tratamentos.

Non acontece o mesmo no caso da hepatite A, que está lonxe de causar unha enfermidade crónica sobre os seres humanos ou dano permanente sobre o seu fígado, pero que si supón un lastre a nivel económico para a sociedade porque a súa contaxiosidade fai que sexa unha enfermidade máis común do que puidera parecer e, unha vez infectada, a persoa debe gardar repouso e tratamento durante unha media de tres semanas, con todas as implicacións que iso conleva: baixa laboral, incapacidade física... Ademais, a OMS estima que, no ano 2016, houbo 7.134 persoas que morreron no mundo por hepatite A, unha cifra que representa o 0,5 % da mortalidade por hepatitis víricas, pero que non por iso deixa de ser significativa. De feito, ao ser causada por contaminación da auga, maioritariamente, a hepatite A adoita presentarse esporadicamente e en epidemias de ámbito mundial, tendendo a reaparecer periodicamente, con maior ou menor crudeza. Por exemplo, a epidemia rexistrada en Shanghái en 1988 tras comer alimentos contaminados afectou a unhas 300.000 persoas.

Ante esta realidade, dende o Galicia Confidencial falamos coa catedrática en Microbioloxía da Universitat de Barcelona Rosa María Pinto Solé sobre a importancia de previr esta enfermidade, para a que, polo momento, non hai tratamento. E, para facelo, o seu grupo de investigación desenvolveu unha vacina que busca ser máis economicamente accesible que as que xa existen no mercado, pois algo debe estar fallando cando "a nivel global aínda hai uns 150 millóns de infeccións anuais". Para a doutora, é importante partir da base de que "aínda que a hepatite A non causa cronicidade como si o fan a B e a C, e polo tanto dende unha perspectiva sanitaria pode semellar menos grave, non deixa de tratarse de unha infección aguda que che deixa tres semanas postrado na cama". Ademais, matiza que "aínda que a mortalidade non é moi alta, estímase nunha morte por cada mil infectados, o que, botando contas, entre eses 150 millóns de persoas infectados anualmente, supón 150.000 defuncións".

A HEPATITE A TRANSMÍTESE POR VÍA FECAL-ORAL E NON TEN TRATAMENTO

Como explica a doutora Pinto Solé, "as hepatites B e C teñen unha porcentaxe de cronicidade moi elevada, especialmente a C, e xeran importantes problemas de saúde nas persoas, ao ter esa capacidade de derivar nunha infección crónica que pode dar lugar a un hepatocarcinoma". Agora ben, incide, como dixemos, en que, "afortunadamente para a hepatite C hai uns tratamentos moi efectivos que practicamente son quen de curar a infección e, para a hepatite B, aínda que non hai tratamentos tan efectivos, si os hai". E tamén hai que ter en conta que non todas as hepatites se transmiten do mesmo xeito. Así, as hepatites B e C son de transmisión, principalmente, sanguínea, saltando de persoa a persoa a través das transfusións sanguíneas. Mentres que tanto a hepatite A como a E son de transmisión fecal-oral, o que supón, como explica a doutora, que "o virus replica no fígado, excrétase nas feces e estas poden rematar contaminando as augas de regadío ou o mar, de tal xeito que o virus se concentra nos mariscos que beben desas augas do mar contaminadas ou nas fresas que están sendo regadas con esa auga".

Outra das características que fai que o virus da hepatite A cause tantas infeccións cada ano a nivel mundial é que "ten unha gran resistencia ambiental", o que supón que "pode permanecer infeccioso durante meses tras ter contaminado a auga". Ademais, outra forma de transmisión, aínda que menos frecuente que a vía fecal-oral, é o contacto persoa-persoa, aínda que neste caso "iso evidenciaría que nunha comunidade concreta non se están tomando as medidas hixiénicas correctas, porque o virus da hepatite A como tal sempre se excreta nas feces", de tal xeito que ese contaxio persoa-persoa significaría que feces infectadas quedaron como residuos na pel dun individuo que rematou por tocar a outro que, á súa vez, mantivo contacto coa superficie do seu corpo onde quedou depositado o virus coa súa boca, inxeríndoo accidentalmente. Tendo en conta estas vías de transmisión, dende o punto de vista da investigación o que se busca é manter a raia ao virus, controlando a súa circulación, e non hai mellor maneira de facelo que a través da prevención, é dicir, da vacinación.

HAI NO MERCADO 5 VACINAS CO VIRUS INACTIVADO E 2 CO VIRUS ATENUADO QUE SÓ SE COMERCIALIZAN EN CHINA

A doutora Pinto Solé explica que "o que estamos facendo a día de hoxe para previr os casos de hepatite A é, basicamente, controlar a presenza do virus nos alimentos, por unha banda, e vacinando á poboación, pola outra". Así as cousas, a día de hoxe hai no mercado dispoñibles 5 vacunas co virus da hepatite A inactivado no mundo occidental e 2 co virus atenuado que só se comercializan en China. O problema está en que, como apunta a investigadora, "estas vacinas son moi caras de producir, porque se trata dun virus para o que custa moito obter antíxeno", de tal xeito que "unha vacina contra a hepatite A, comparativamente, é moito máis cara que unha vacina fronte a outros virus". É por iso que, o que lograron dende o seu departamento de investigación pode revolucionar totalmente a situación actual das infeccións por hepatite A: "Temos unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente". 

Falando de estadíos de desenvolvemento, a doutora en bioloxía asegura que "xa imos bastante avanzados e estamos en vías de firmar unha licenza cunha empresa do estranxeiro, non europea". E é que "xa fixemos todos os estudos a nivel de modelos de animais no laboratorio e, o que tocaría agora, serían as probas clínicas desa vacina en humanos, algo que nós, como grupo universitario, non podemos levar a cabo". De lograr esa licenza coa empresa interesada, "probablemente sería esa empresa a que as levaría adiante". O que puideron comprobar ata agora é que "a vacina funciona perfectamente no modelo animal", polo que "só falta saber o que acontecerá en humanos", pero semella moi prometedora. Unha vez con esta vacina no mercado, os custes de produción reduciríanse significativamente, pois "o candidato que illamos produce moito máis antíxeno que os das outras vacinas, o que vai abaratar moito os prezos". E, en consecuencia, os países con menos recursos, onde, ademais, a hepatite A é moderadamente endémica, poderían ter acceso a vacinas.

NOS PAÍSES MENOS DESENVOLVIDOS OS NENOS ENTRAN EN CONTACTO CO VIRUS DE PEQUENOS, CANDO NON MANIFESTAN SÍNTOMAS 

"A OMS aposta porque naqueles países onde a hepatite A é un virus moderadamente endémico, debería existir unha vacina universal para os nenos", asegura Pinto Solé, que lamenta que, "a día de hoxe, iso non se está facendo por cuestión de cartos, porque custa moito", de tal xeito que "a nosa vacina abarataría os custes e permitiría levar a cabo esa campaña universal de vacinación". Os países en vías de desenvolvemento, onde as condicións hixiénicas aínda non son as máis axeitadas, son aqueles nos que o virus circula moito. Neles, como apunta a investigadora, "os nenos entran en contacto co virus dende que son pequenos, e pasan unha enfermidade moi moderada, mesmo non chegando sequera a manifestar síntomas a pesares de estar infectados". Pois o normal, no caso da hepatite A en concreto, é que non se manifesten síntomas ata os 5 anos de idade, a partir desa idade van incrementando de xeito expoñencial e é a partir dos 60 ou 70 anos cando a problemática se agrava. Deste xeito, "cando son adultos, ao ter pasado xa a enfermidade, atópanse inmunizados".

Cal é o problema entón? Por que necesitan a vacinación? Para protexer ao resto do mundo, indirectamente. E é que, como indica Pinto Solé, "nos países máis desenvolvidos, entramos en contacto co virus fai cousa de tres ou catro décadas, non máis, e, como os nosos habitantes non padeceron a enfermidade de nenos, ao chegar a adultos, o virus ataca con forza". De feito, os grupos de risco son aqueles de máis de 75 anos, porque canto máis anciá é a persoa, máis problemas asociados terá e maior gravidade terá a infección polo virus da hepatite A nela. De feito, a pesares de que a mortalidade é dun 1 por 1.000, no caso do grupo de maiores de 70 sobe a un 3 %, incrementándose de xeito importante. Ademais, Pinto Solé incide no feito de que, "aínda que dende unha perspectiva clínica non se trata dunha enfermidade moi importante, si o é dende unha perspectiva económica, pois persoas de máis de 20 anos que contraian o virus van pasar tres semanas de baixa laboral", ao que se suma que "a transmisión a través de alimentos contaminados fai que se tes, por exemplo, 3.000 toneladas de mexillóns positivos no virus, teñas que tiralas directamente ou destinalas a outro tipo de produción, non ao consumo humano, o que supón importantes perdas a nivel empresarial".

MÁIS DE 15 ANOS DE TRABALLO CRISTALIZAN NUNHA VACINA LISTA PARA OS ENSAIOS CLÍNICOS EN HUMANOS

Así as cousas, "a vacinación universal nos países onde o virus máis circula sería unha maneira de facer que o virus circulase menos e, mesmo, se podería chegar a expor nun futuro a erradicación total do mesmo", afirma a investigadora, que pide que a sociedade non esqueza que as fronteiras que existen nos mapas non existen na realidade, e que todos os países se atopan interconectados, máis aínda nun tempo no que a mobilidade das persoas é maior que nunca e, un virus que comeza a infectar nunha punta do mundo, pode rematar facilmente na outra. O mellor exemplo desta realidade é o que aconteceu no caso do coronavirus, que de China foi quen de espallarse polo mundo enteiro. Así, tras máis de 15 anos traballando no desenvolvemento desta vacina, o equipo da doutora Pinto Solé atópase moi orgulloso dos resultados acadados, coa vista posta xa nos seguintes pasos ata que poida, por fin, chegar ao mercado."     (Ángela Precedo, Galicia Confidencial, 05/10/24)

6/7/21

A start up camariñana BreikoBreiko estivo presente no Mobile World Congress 2021

 "Coñecíamolos en febreiro tras colocar a súa APP para transportistas no nº1 de Google Play. Agora, a startup camariñana Breiko Breiko, usuaria do Carballo Coworking, dá un paso máis na súa meteórica carreira coa súa próxima presencia no Mobile World Congress 2021, un dos eventos sobre tecnoloxía móbil máis importante do mundo.

Na feira poderán establecer contactos con grandes corporacións internacionais e dar a coñecer o seu proxecto a novos inversores coa finalidade de procurar financiamento máis alá das nosas fronteiras. Así mesmo, está previsto que participen en diferentes talleres de innovación xunto a grandes expertos do sector. “Cando comezamos con todo isto, imaxinabamos que en breve estariamos no MWC co noso propio stand, xunto a grandes empresas como Microsoft, Amazon… E o que é a vida… grazas ao convite de Conector, alí estaremos”, comenta entusiasmado Mario Pais, CEO de Breiko Breiko.

Desde a súa creación hai menos dun ano, esta app para móbiles orientada aos profesionais do transporte por estrada está a bater récords de usuarios e expansión empresarial. Teñen xa máis de 10.000 descargas, interesando a grandes multinacionais de loxística."                  (Qué pasa na costa, 29/06/21)

"Breiko Breiko, do Carballo Coworking a número 1 en Google Play”.

 En apenas un mes esta App móbil gratuíta, orientada ao profesional do sector do transporte por estrada, converteuse no número 1 de Google Play con miles descargas en todo o país e unha interminable lista de transportistas rexistrados nun dispositivo que vai camiño de consolidarse como referente no sector. E detrás deste ambicioso proxecto están Mario, David e Fran, tres emprendedores da Costa da Morte que forxaron o seu soño aquí, no Carballo Coworking. Apetécevos coñecelos A fondo?   

Faládenos de vós…..A que vos dedicades?

Mario: Dende fai 20 anos traballo nunha empresa de autocares propiedade da miña familia.

Fran: Son enxeñeiro informático (especialidade en enxeñería de software) e, desde hai 5 anos, traballo nas oficinas de Indra na Coruña.

David: Dedícome ao desenvolvemento de produtos e servizos e son formador e titor en márketing.

Cal é o proxecto no que andades a traballar xuntos? Como xurdiu a idea?

Mario/Fran/David: O proxecto que estamos a desenvolver conxuntamente e que nos levou ao Carballo Coworking chámase Breiko Breiko. É unha APP móbil gratuíta orientada ao profesional do sector do transporte por estrada. A finalidade da nosa aplicación é actuar como complemento aos dispositivos GPS convencionais aportando información útil para o día a día de calquera transportista (incidencias na rede viaria en tempo real, prezos de combustibles actualizados, puntos conflitivos en ruta, áreas de descanso, aparcamentos vixiados, restaurantes específicos para transportistas, etc.).

A idea parte de Mario, que como profesional do transporte por estrada era coñecedor das numerosas queixas sobre as indicacións da maioría de GPS, que cada vez se magnifican máis dentro deste sector. Todos vimos que agora, máis ca nunca, era o momento de buscar algún tipo de solución a este problema e lanzámonos a crear esta rede social para os profesionais do transporte coa intención de colaborar e facerlles máis amigable o seu día a día.

 Por que vos animastes a solicitar praza no noso coworking?

David: Precisabamos dun espazo común para poder traballar, reunirnos os tres e tratar os temas que xorden, repartir tarefas, etc., e pareceunos unha boa oportunidade.

Fran: E non son para poñer en común os nosos coñecementos e necesidades, senón tamén para intercambiar coñecementos con outra xente, que sempre pode aportar unha visión diferente a túa.

Mario: Ademais, a localización é perfecta para os tres. Carballo é, sen dúbida, un excelente punto de encontro e o centro neurálxico da Costa da Morte, con servizos, tecido empresarial e boas comunicacións. 

Que é o que máis vos gusta do voso traballo?

Fran: Ver como a tecnoloxía pode axudar tanto no día a día de calquera ser humano.

Mario: Eu quédome co feedback positivo da xente e ver que somos unha ferramenta útil.

David: Saber que estamos construíndo algo que a xente valora e que podemos desenvolver un modelo de negocio dixital, onde todos gañamos.

E do Carballo Coworking? Que vos aporta?

David: Iniciativas de apoio para emprender novos proxectos e a posibilidade de establecer vínculos con outras empresas.

Fran: É o espazo que necesitamos para colaborar entre nos e seguir crecendo. Non sempre tes a oportunidade de ter un posto sempre dispoñible con todas as facilidades que iso supón.

Mario: Ademais é un espazo cunhas magníficas instalacións no que se promoven accións formativas moi interesantes.

Sodes dos que vivides para traballar ou traballades para vivir?

Mario: No meu caso, é bastante estacional. Agora mesmo, claramente vivo para traballar pero o obxectivo é traballar para vivir o mellor posible.

David: En realidade traballo todo o día, e todos os días, sobre todo agora coa monotonía de vida que temos, pero como o que fago é case coma un entretemento para min, a miña sensación é que traballo para vivir.

Fran: O traballo sempre é necesario, pero se ademais sabes aproveitalo e enfocalo ben, vas rematar desfrutando e valorándoo cada vez máis. Así que, unha complementa á outra.

No voso traballo resúltavos imprescindible…. E no día a día?

Mario: O móbil, sinceramente. E, no día a día, creo que estar rodeado de xente que “aporta” é fundamental.

 Fran: A concentración e a organización. Ademais do meu traballo como enxeñeiro informático e as horas que invisto cada día en Breiko Breiko, tamén estou cursando actualmente un máster a distancia en Big Data. Sen concentración e organización compaxinar estas 3 tarefas cada día sería imposible

David: O ordenador e a tecnoloxía en xeral. Sen ela, non podería render e ser eficiente.

Recomendariades este modelo de espazo de traballo compartido? Por que?

David: Polo entorno de emprendemento que se crea. Sumar mentalidades emprendedoras axuda moito nunha sociedade onde predomina máis o “funcionariado”.

Fran: Eu recoméndoo polas sinerxías que se xeran e o trato persoal con outros coworkers.

Mario: O factor económico tamén é importante, sobre todo para un autónomo e/ou emprendedor. Este espazo permite o desenrolo de moitas actividades sen que teñas que destinar recursos, que na súa suma, poden facer que non sexa viable unha actividade.

Que vos gusta facer no voso tempo de ocio? Algunha recomendación? Peli, libro, música, deportes…

Fran: Deporte. Sempre foi un piar fundamental na miña vida (fútbol sala, balonmán, bádminton, triatlón). Agora, dedícolle pouco tempo pero axúdame a desconectar e liberar estrés.

David: A min gústame ler libros de márketing, de modelos de negocios ou de emprendedores. Escoito tamén bastantes podcast relacionados con estas cuestións. No caso das pelis xa non, aí o que predominan ultimamente son as infantís porque teño un peque de seis anos.

Mario: Durante anos dediquei ao kickboxing e agora practícoo para “matar o mono”. A música, claramente, rock (Led Zeppelin, Deep Purple, Lenny Kravitz, etc…) Encántanme as pelis psicolóxicas (Memento, Interestelar e Origen) e deixo para o final o libro, para facerlle un pouco de publicidade ao noso socio David Fernández Veloso, autor de “Contra las grandes empresas, Gamification” , un e-Book que podedes atopar en Amazon e que  recomendo a todo o mundo.

E, por último, cales son os vosos recunchos favoritos? Ese lugar onde sempre recargades a batería.

Mario: A praia de Traba, en Laxe. É espectacular! E a casa de miña avoa, onde me recargo física e mentalmente.

David: Calquera sitio no que poida romper coa monotonía váleme para refrescar a cabeza e recuperar folgos.

 Fran: Desde hai un ano estou vivindo en Baldaio e sempre que teño un momento libre aproveito e vou camiñar co can pola praia. É un lugar incrible e que lle recomendo a calquera! Ah!, gustaríame aproveitar esta oportunidade para convidar a todo o mundo a que se descarguen Breiko Breiko no móbil e nos transmitan as súas impresións. Está dispoñible tanto en Google Play para Android coma en App Store para iOS.  + info en www.breikobreiko.com

Mario Pais Fondo (Ponte do Porto-Camariñas, 1980). Lugar de residencia: Oleiros. Fran Pais Fondo (Ponte do Porto-Camariñas,1994 ). Lugar de residencia: Baldaio-Noicela Carballo. David Fernández Veloso (Fene, 1974). Lugar de residencia: Fene."          (Carballo Coworking

28/1/21

A corna de cervo, un anticanceroso tan potente como a quimioterapia

 "O glioblastoma multiforme é un tipo de cancro agresivo que se xera no cerebro e pode ocorrer a calquera idade, aínda que é máis frecuente en adultos maiores. Esta enfermidade provoca dores de cabeza que empeoran, náuseas, vómitos e convulsións, e pode ser moi difícil de tratar; de feito ás veces non se pode curar.

 Segundo datos da Sociedade Americana do Cancro, a taxa relativa de supervivencia a cinco anos entre enfermos de 20 a 44 anos é do 22 %, porcentaxe que se reduce ao 9 % entre os 45 e os 54 anos e ao 6 % entre os 55 e os 64. Agora, un novo estudo científico achega a confirmación dunha potencial solución alternativa ou complementaria á quimioterapia para este tipo de cancro: o extracto de corna de cervo.

 O estudo foi liderado por investigadores do Hospital Universitario de Albacete e da Universidad de Castilla-La Mancha, en colaboración co reputado científico chinés Chunyi Li –experto en bioloxía celular e molecular da corna de cervo en crecemento–, e con participación do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia (CETECA).

Os resultados, din, demostran que o extracto de corna de cervo é un anticanceroso tan potente como a quimioterapia utilizada para tratar o glioblastoma.

Máis detalladamente, co extracto da punta, non da parte media da corna, reduciron a proliferación de dúas liñas celulares de glioblastoma nun 38 % e a formación de colonias nun 84 % (o que podería equipararse á metástase), ademais de inhibir a migración celular nun 39 % e producir outros cambios, que non foron significativos en células sas. 

Tras as probas con cultivos celulares, o seguinte paso é ver se o extracto inxerido ou inxectado logra reducir glioblastomas en modelos de rato. “Isto é particularmente difícil, porque o sistema nervioso está protexido pola barreira hematoencefálica que filtra moitos fármacos e outras moléculas”, sinalan.

Este é o segundo estudo no mundo e o primeiro non asiático que apunta á corna en crecemento dos cervos como fonte de compostos bioactivos que reducen o cancro, xa que esta crece a unha velocidade superior que a enfermidade.

De feito, a corna dos cérvidos é a única estrutura en mamíferos que se rexenera totalmente cada ano e é o tecido de crecemento máis rápido que existe: “De 1 a 4 centímetros por día en lonxitude e crea máis de 20 centímetros cadrados de pel ao día na punta, por onde crece”, explican.

O primeiro estudo apuntou ao potencial do extracto das hastas dos cervos contra o cancro de próstata. Aquel traballo foi liderado, precisamente, polo doutor Chunyi, e foi realizado por científicos chineses e coreanos.

“Tanto en glioblastoma como en cancro de próstata, o extracto produce mortalidade nas liñas celulares de ambos os tipos de cancro, pero é inocuo en liñas celulares sas”, afirman os científicos, que destacan como o cervo desenvolveu xenes supresores de neoplasias malignas (cancerosas) para protexerse.

Este segundo traballo, centrado neste caso no glioblastoma, abre outra fiestra de esperanza para un tratamento do cancro menos agresivo que a quimioterapia. De feito, e tal e como destacan os científicos, “o extracto de corna de cervo non mostrou efectos adversos en comparación co tratamento de quimioterapia con Temozolomida”, o “único fármaco quimioterápico que consegue alongar a vida dos enfermos que desenvolven este tipo tan agresivo de cancro”.

Os científicos van máis aló: “Se o extracto de corna de cervo se utilizase como terapia para o tratamento do glioblastoma en combinación coa Temozolomida, é probable que os factores de crecemento contidos no extracto puidesen beneficiar os tecidos normais circundantes, deteriorados pola toxicidade non específica do tratamento con Temozolomida”.

Aínda que quedan moitos estudos por realizar e financiamento que acadar até chegar aos ensaios con humanos, os investigadores resaltan que estes primeiros resultados “suxiren que o extracto de corna de cervo contén compostos bioactivos con propiedades supresoras de tumores e podería desenvolverse como un fármaco terapéutico valioso para o tratamento do glioblastoma”.

Os resultados destes achados veñen de publicarse na revista científica Nature e están asinados, entre outros, por José Manuel Lorenzo, responsable da área de Tecnoloxía de Produtos, Procesos e Envasado de Alimentos no Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e profesor asociado na área de Tecnoloxía dos Alimentos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo no do campus de Ourense."           (Galicia Confidencial, 24/01/21)

8/1/21

Dos alumnos ferrolanos desarrollan un innovador software para detectar el Parkinson

 "Lucía Toval y Brais Romalde son alumnos de segundo de bachillerato del instituto ferrolano Sofía Casanova. Ambos forman parte del programa del Bachillerato de Excelencia en Ciencias y Tecnología (STEMBach)

Esta modalidad de bachillerato tiene plazas limitadas, que se asignan por nota académica, e incluye la realización de un proyecto de investigación en colaboración con la Universidade de A Coruña. En el caso de estos dos alumnos ferrolanos, su proyecto se centra en utilizar el software Knime para diagnosticar automáticamente párkinson a través de grabaciones de voz de pacientes.

En febrero de 2020, las facultades colaboradoras del campus de Ferrol ofrecieron a los 19 estudiantes del programa un tema para trabajar. “Nos asignaron un proyecto sobre inteligencia artificial, que nosotros teníamos que aplicar sobre la base de datos que quisiéramos”, cuenta Lucía.

“Decidimos el tema del párkinson porque a ambos nos toca en nuestras familias y así podíamos dar un punto de vista más personal”, explica Brais sobre la elección del tema. “Nos pareció interesante porque aunque se conoce desde hace mucho, es muy difícil de diagnosticar. Los síntomas son ambiguos. Además, un diagnóstico precoz siempre es mejor”, subraya Lucía.

 El proyecto parte de una base de datos con grabaciones de voz hechas a pacientes, unos con párkinson y otros que no. “Nuestro software analiza estos datos” y tras varios ensayos, “hemos conseguido que el programa aprenda a saber cuáles son con pacientes de párkinson y cuáles no. La idea es que sea capaz de diagnosticar escuchando su voz”, explica Lucía sobre el proceso de la aplicación.

 El proyecto se desarrolla bajo la supervisión de Elisa Moreira, la tutora del instituto y dos tutores de la Escuela Universitaria Politécnica. Óscar Fontenla y Andrés Piñón son los apoyos de la universidad que ha tenido el equipo. Sobre su trabajo, Lucía comenta su apoyo, “al principio estábamos muy perdidos y gracias a ellos aprendimos a usar el programa, sin ellos no hubiéramos llegado al final”.

Debido al contexto sanitario, el seguimiento fue mediante tutorías telemáticas. Sin embargo, según su tutor, Óscar Fontenla, “fueron capaces de trabajar de manera autónoma rápidamente”. Según cuenta el docente, “les damos apoyo y materiales. En nuestro caso el software es gratuito, pero les dimos un curso para que supieran manejarlo”.

Fontenla resume el trabajo de los tutores en “buscar el equilibrio”. “Tienen que ser proyectos sencillos que no requieran una gran experiencia previa, porque son alumnos del instituto”, añade el docente, “simplificar las herramientas pero que puedan ver todo el proceso, desde que recogen los datos hasta los resultados”.

Una efectividad de casi el 90%

Respecto a las conclusiones del proyecto, Brais nos avanza que han terminado ya la parte práctica. “Hicimos varias pruebas, algunas llegaban al 70%. Pero intentamos mejorar y conseguimos llegar hasta alrededor de un 90% de efectividad”, cuenta el alumno. Ahora preparan la memoria del proyecto, donde tendrán que recoger toda su investigación y defenderla ante sus tutores a principios del próximo año.

Además del resultado puramente de investigación, este proyecto estrecha lazos entre instituto y universidad. Según Fontenla, tiene un doble beneficio, “para los estudiantes de bachillerato, conocen lo que hacemos en la universidad y en las titulaciones, así que tienen información de primer amano para decidir la carrera”. Por su parte, la universidad “siempre se ve como un edificio docente. Pero con estos proyectos se acerca la divulgación y las aplicaciones prácticas a la sociedad”, añade el tutor.

Los alumnos también ven esa sinergia entre ambas instituciones. “Yo antes no sabía cómo funcionaba la universidad, es una oportunidad para hacerte una idea”, cuenta Lucía. Como era de esperar, ambos pretenden estudiar alguna ingeniería el próximo curso. Sin embargo, este proyecto no les contará para su nota de acceso a la universidad. Ambos recalcan “es algo que hacemos porque disfrutamos y tenemos el interés en ello”.               (Enfoques.gal. 27/12/20)

9/7/19

“Son nai e científica e quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela”

"Por mor dun erro de previsión da Xunta de Galiza na convocatoria de bolsas posdoutorais até 34 investigadoras e investigadores que estaban contratados polas tres universidades galegas a través do programa da Xunta I2C quedan no paro. Ademais, este ano o programa penaliza a aqueles investigadores e investigadoras que soliciten baixas por maternidade ou paternidade.

Inés Viana é unha das investigadoras afectadas e, ao igual que as súas compañeiras e compañeiros cos que Sermos Galiza conversou a pasada semana, ve con preocupación o desentendemento da Xunta de Galiza perante esta problemática. Precisamente, o día 1 de xullo unha delegación do grupo de investigadoras e investigadores afectados reuníronse coa Consellaría de Educación para tentar paliar o agravio, mais desde a Xunta, e a pesar da súa responsabilidade, instaron o colectivo afectado a pedir solución ás universidades.

Inés Viana ten 34 anos e unha filla de 14 meses coa que vive en Vigo. Traballa no campo da ecoloxía mariña na UVigo investigando organismos mariños do litoral que constitúen un auténtico bosque do mar. Durante tres anos traballou para distintos centros investigando coa bolsa da Xunta dunha modalidade contractual denominada A

Ao igual que as outras 34 investigadoras e investigadores a súa idea é continuar dous anos máis mediante o contrato B que tamén convoca a Xunta. Porén, esta institución retrasou a convocatoria e como mínimo até novembro non se poderán incorporar algunhas destas persoas á universidade, co cal todos estes meses ficarán no desemprego e sen poder prever se terán a bolsa para poder continuar os seu traballo.

En que afecta a incertidume en que vos deixa a Xunta á túa investigación e á túa actividade académica?

 No meu caso non estou afectada polo paro de 5 meses, senón por desfrutar dun permiso por maternidade. O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando te incorporas. Pero esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais, pois quédome descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá.

De que me sirve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ao paro indefinidamente? É importante facer chegar que en investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional.

Levo traballando en ciencia dende que rematei a carreira hai xa 12 anos, e non quero renunciar ao meu traballo, e non renuncio. Pero eu acollinme o meu dereito de desfrutar do permiso de maternidade, porque penso que teño un compromiso coa miña filla. Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Mais a nivel persoal reformúlome o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos ao meu arredor, co desgaste que iso implica.

Máis da metade das mulleres de 45 anos que non tiveron fillos quixera telos, máis manifestan como un dos principais motivos de non dar o paso as razóns laborais e de conciliación. E parece que teñen razón, pois esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, co coidado dos menores.

Que lle pedirías á túa Universidade e á Xunta de Galiza?

Á Universidade pediríalle que aposte por esta xeración de científicos e que aproveite as ganas que temos de traballar e de facer ciencia nas universidades da Galiza grazas a este programa I2C.

Pediríalle á Xunta que o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección mediante medidas concretas de continuidade na carreira investigadora como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexíbeis de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc.

Estas medidas xa existen en diversas convocatorias estatais e europeas. Eu pediría á Universidade de Vigo e á Xunta de que aposten pola investigación e a conciliación escoitando as persoas.

En que consiste o proxecto de investigación no que traballaches na convocatoria A?

Traballo en ecoloxía mariña. A miña investigación céntrase no impacto dos aportes antropoxénicos de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno ou o mantemento doutros organismos proporcionándolles alimento e protección.

Os aportes extra de nutrientes ao medio, provenientes por exemplo da agricultura ou augas residuais, poden exceder a capacidade de autorregulación do sistema producindo un desequilibrio ecolóxico denominado hipereutrofización, que leva asociados cambios, primeiro a nivel fisiolóxico nos organismos, e despois nas comunidades, como perda de biodiversidade.

Estes impactos do ser humano a nivel rexional, xunto cos cambios a escala global, repercuten nas respostas e no equilibrio destes organismos e do sistema.

En que centros de investigación traballaches estes anos coa bolsa da Xunta e que consideras que achegou a túa estadía ao sistema de investigación galego?

Durante a estadía no estranxeiro coa axuda posdoutoral da Xunta de Galiza estiven no Leibniz Centre for Tropical Marine Research (ZMT) en Bremen (Alemaña) e no Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) en Porto. Anteriormente fixera estadías no Marine Biological Laboratory nos EEUU e no Inter-University Institute for Marine Sciences de Israel.

Nestas estadías aprendín técnicas de análise, deseño experimental e apertura dos meus estudos a un escenario de cambio global do que a Galiza forma parte. Estou a adoptar as ferramentas aprendidas para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas.

Estudar os efectos nos produtores primarios mariños é importante, especialmente na Galiza, que con máis de 1600 km de costa (a máis extensa do territorio nacional) ten parte da súa economía baseada nestas áreas, como o marisqueo ou turismo, o mesmo tempo que concentra a maioría da súa poboación na costa."                       (Entrevista a INÉS VIANA, INVESTIGADORA E NAI, Sermos Galiza, 06/07/19)

5/7/19

34 investigadores e investigadoras de primeiro nivel contratados polas universidades galegas ficaron esta semana sen emprego. "A Xunta debe asumir a súa mala xestión e impedir a fuga de talento científico que haberá este ano"

"34 investigadores e investigadoras de primeiro nivel contratados polas universidades galegas ficaron esta semana sen emprego pola falta de previsión da Xunta de Galicia á hora de poñer en marcha unha convocatoria pública. 

A Consellería de Educación publicou hai dúas semanas a convocatoria que debe permitir a renovación por dous anos da vinculación aos seus actuais centros de investigación. Porén, este proceso, que debería ter comezado hai meses, non se resolverá no mellor dos casos ata o 1 de decembro. 5 meses no pao, no mellor dos casos.

Mentres, a súa participación e numerosos proxectos de investigación está paralizada, e tampouco poderán dar clases durante o primeiro semestre do vindeiro curso. Varios destes e destas investigadoras están procurando unha saída noutras comunidades ou noutros países e alertan da "fuga de cerebros e de talento" que se pode producir por mor do atraso da Xunta.

Os investigadores e investigadoras afectadas esixen "unha solución para a súa situación ata que se publique a resolución da adxudicación das novas axudas correspondentes á Modalidade B". E sinalan que esta medida "non supón un gasto adicional para a Xunta, xa que queda diñeiro orzado na convocatoria do 2016 sen gastar debido a desvinculación de 15 investigadores do programa", unha cantidade "máis que suficiente para cubrir estes contratos até a resolución da Modalidade B", din.
"Así o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas"

 Unha destas investigadoras é a murciana Marta Marín Luna, de 34 anos, unha especialista en Química Orgánica que estaba a traballar na Universidade de Vigo na "protección selectiva de polioles e revalorización de produtos derivados da biomasa", unha investigación de grande importancia "para a síntese total de produtos con relevancia biolóxica e farmacéutica" e para "reciclar os produtos secundarios que proveñen da biomasa mediante o deseño de novos catalizadores metálicos". Marta Marín chegou a Vigo procedente da Ludwig-Maximilians-Universität de Munich e contribuíu a establecer una liña de colaboración entre a universidade galega e a alemá, "situando a Galicia como un punto de referencia en Munich".

O atraso na convocatoria da Modalidade B do programa IC2 obrigouna non só a renunciar á docencia que estaba previsto que impartise no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. "Isto é un obstáculo máis para a miña futura estabilización xa que é un requisito indispensable ter horas de docencia acumulada para conseguir unha praza na Universidade",afirma. Salienta tamén que perdeu o dereito a ser titora de estudantes que ían a desenvolver o seu Traballo Fin de Grao na liña de investigación que ela lidera.

 A súa situación de desemprego obrigouna tamén a regresar a Murcia, a casa de seus pais, ata que solucione a súa situación laboral. "Non podemos facer ciencia vivindo do aire", di, e afirma que "a forma en que nos tratan e nos valoran desde a Universidade e a Xunta fixo que dubide se seguir neste programa e empece a valorar outras ofertas de traballo". "Os programas financiados con diñeiro público deben reverter na sociedade dalgunha forma, e iso é o que queremos os investigadores: devolver o que un día se gastou na nosa formación". Porén, conclúe, "con estas formas de xestión o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas".

As universidades "deben implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores"

Algo semellente opina o compostelán Javier Dubert, de 35 anos, e especialista en microbioloxía mariña. Traballa no grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura, da USC. As súas investigacións céntranse en esclarecer a virulencia de bacterias patóxenas do xénero Vibrio que provocan altas mortalidades en bivalvos de alto valor engadido e causan grandes perdas económicas en acuicultura, un sector clave na economía galega. Antes de chegar á USC, realizou estadías en centros de prestixio internacional en Francia e en Boston (Estados Unidos).

El non terá que paralizar as súas investigacións, pois o seu grupo financiará o seu contrato durante estes meses, pero si que quedará sen poder dar clases no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. Con todo, pídelle á Xunta unha solución global a través de contratos-ponte: "que sexan consecuentes e aposten por este programa de I+D". Ademais, estende a responsabilidade ás universidades para as que traballan, sinalando que "son culpables ao 50% deste problema".

"Para a USC somos man de obra gratuíta e quitámoslles unha carga docente de 80 h por ano e investigador, sen incluír TFGs, TFMs e Teses", critica. Sinala que "a eles nosa situación non lles preocupa, posto que ano tras ano entra unha nova remesa de investigadores" e conclúe que "debían implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores e non limitarse a asumir un papel de mero espectador nas negociacións coa Xunta".

"Somos bos, aí están os nosos CV, no meu caso rexeitei un contrato de dous anos no MIT polo meu desexo de retornar a Galicia", explica e salienta que "estas ganas de trasladar e implementar o coñecemento adquirido en centros de referencia mundial non pode verse freado por trabas burocráticas que che deixan fóra de xogo". 

"Só lles pido aos políticos que melloren o programa en consenso directo cos investigadores, para adecuar mellor os prazos de convocatoria e avaliación, e facelo atractivo para os aspirantes facilitando a súa estabilización e retención evitando deste xeito a fuga de cerebros", di. "Aí están os resultados xerados por programas como o ICREA ou o Ikerbasque, cuxo retorno supera con fartura ao investimento, sexamos como eles", remata.

"As mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional"

O atraso na convocatoria prexudicou especialmente a aquelas persoas que solicitaran un permiso por maternidade ou paternidade, tres mulleres e un home, que terán que agardar ata a próxima convocatoria do programa cando rematen o seu contrato (sen saber sequera se haberá convocatoria para o ano próximo) para que o seu traballo na Modalidade A sexa avaliado, sen  poder presentarse polo tanto á convocatoria da Modalidade B neste ano 2019. 

É o caso da coruñesa Inés Viana, de 34 anos, que tamén traballa na Universidade de Vigo e que ten unha filla de 14 meses. Viana traballa en ecoloxía mariña e a súa investigación céntrase no impacto das achegas antropoxénicas de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. "Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno, ou o mantemento de outros organismos proporcionándolles alimento e protección", explica.

Antes de chegar a Vigo, esta investigadora traballara en centros de prestixio de Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Israel. "Estou a adoptar as ferramentas aprendidas nestes lugares para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas, estudando os seus efectos nos produtores primarios mariños", comenta.

Para ela esta paralización supón unha dobre penalización para as investigadoras que son nais, "pois quedo descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá". O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando a muller se incorpora. "Pero de que me serve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ó paro indefinidamente?", di.

"En investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional", salienta Inés Viana, que lembra que "esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, de coidado dos menores". "Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Pero a nivel persoal repenso o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos o meu arredor e o desgaste que isto implica", di.

Pídelle á Xunta que "o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección". Neste senso, suxire medidas concretas de continuidade na carreira investigadora "como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexibles de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc". "Estas medidas xa existen en diversas convocatorias nacionais e europeas, engade.

"Unha investigación paralizada custa moito traballo retomala"

Nunha situación semellante queda a ourensá Susana Cid Fernández, de 35 anos, especialista en Neurociencia, máis concretamente en Psicofisioloxía. Na actualidade traballa na USC na procura de marcadores psicofisiolóxicos que permitan a detección da Enfermidade de Alzheimer moito antes de que presente os seus síntomas característicos. "Estanse a aplicar técnicas de estimulación eléctrica cerebral non invasiva coa intención de atopar terapias alternativas ou que poidan mellorar os resultados das actuais terapias farmacolóxicas, que polo momento só conseguen ralentizar a enfermidade, no mellor dos casos", comenta,

Antes de regresar a Galicia traballou no Centro San Giovanni di Dio en Brescia (Italia), un hospital especializado en demencias e enfermedades mentais, no grupo liderado por Carlo Miniussi, "unha das máis importantes personalidades mundiais na investigación sobre estimulación cerebral non invasiva", explica, destacando que "a niña estadía achegoulle ao sistema de investigación galego novas técnicas e novas aplicación que non se dominaban ata agora, ademais de estender a rede que vai unindo grupos na loita contra as demencias".

O seu permiso de maternidade fixo que o seu contrato ficara prorrogado ata xaneiro do ano 2020, polo que terá que presentarse á convocatoria do ano que vén, que co atraso que acumula a de 2019 podería adiarse ata o mes de novembro. Isto é, Susana Cid podería quedar no paro un ano enteiro, no mellor dos casos. "Neste período cortaranse todos os traballos dirixidos que podería comezar no curso 2019-2020. E, por suposto, as investigación suspéndense neste tempo, e unha investigación paralizada custa moito traballo retomala", explica.

"Durante un ano enteiro terei que elixir entre cobrar o paro e non traballar, concorrer a outras convocatorias que de novo (e de ser o caso, será para sempre) me leven fóra de Galicia, ou cambiar de traballo, abandonando a investigación e o sistema público galego para traballar de calquera outra cousa na empresa privada", di. "As dúas últimas opcións significan botar a perder os recursos investidos por todos os galegos durante os 32 anos de formación financiada publicamente que recibín na miña vida", engade.

Susana Cid pídelle á USC "que rompa unha lanza por nós" e aposte "polos que estamos nesta situación, co persoal tan altamente cualificado que tiveron a sorte de captar con esta convocatoria". É á Xunta reclámalle que "asuma a mala xestión do programa e facilite contratos que impidan a fuga de talentos que sen dúbida haberá este ano" e que en próximas convocatorias "utilice a lóxica". "Existen outras convocatorias a nivel estatal que resolven de forma sinxela todo isto, non entendemos por que a Xunta é tan reticente a usar esas fórmulas probadamente útiles", di."                    (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 04/07/19)


"Las protestas fuerzan a la Xunta a corregir el error que dejó sin empleo a 34 investigadores de alto nivel.

El Gobierno gallego prorrogará sus contratos hasta el 15 de octubre para evitar el vacío generado por el retraso en la convocatoria que debía permitir su continuidad (...)"         (Marcos Pérez, eldiario.es, 08/07/19)

21/5/19

Os "martes negros" dos investigadores da USC

"A Asemblea de Investigadoras de Compostela naceu para tentar solucionar problemáticas do colectivo predoutoral, pero pronto trascendeu como plataforma que ablangue todos os colectivos da investigación. Nestes últimos meses cobraron moita trascendencia grazas a campañas como os "Martes Negros", inspirados nos "Venres Negros" de Defende a Galega.

Durante os últimos anos foron habituais grandes mobilizacións de eido estudantil, dende as multitudinarias protestas contra a LOMCE en Ensino Medio, como a nivel universitario. Exemplo paradogmático foi unha histórica manifestación en Santiago de Compostela no 2017 que ateigou a Praza de Quintana ao nivel das grandes mobilizacións galegas.

Nese contexto nace a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), que botou a andar nese curso -o 2016/2017- “por uns cambios de códigos no contrato para o colectivo predoutoral”, explica Alejandro Vilar, doutorando en Física de partículas. A partir de aí, déuselle continuidade ao espazo para reivindicar as problemáticas comúns “de todo o colectivo investigador”. Susana Mallo, investigadora de Psicoloxía indica que a Asemblea está aberta a “calquera persoa”, reivindicando o seu carácter aberto como organización.

Aínda que as accións máis vistosas da AIC concéntranse nos últimos meses, a súa actividade é moito máis antiga. “Por exemplo o ano pasado reunímonos coa Secretaría Xeral da Universidade para tratar o tema das axudas predoutorais, onde había unha serie de irregularidades incluso na propia convocatoria. Tamén reivindicamos a apertura de cursos de innovación docente ao noso colectivo e estamos satisfeitos porque a Universidade está dando pasos para solucionar o problema”, sinala Vilar.

UN COLECTIVO COMPLEXO

Dentro do colectivo predoutoral, tal e como se encargan de sinalar os membros da AIC, hai diferentes subcolectivos. Existen persoas que investigan por proxectos e outros a partir de axudas públicas, que poden vir tanto da Xunta como do Goberno Central. O segundo grupo “está a cobrar menos e non está a poder acceder aos aumentos salariais que ten previsto á USC para os seus traballadores e non tiñan dereito a indemnización por final de contrato”.

Fala en pasado porque fai unhas semanas o TSXG sentou xurisprudencia sobre que, efectivamente, si que é un dereito que ten o seu colectivo,

Ademais, hai un terceiro sector: aqueles non teñen contrato e que en palabras de Vilar: “viven condicións moi precarias”. Mallo sinala que a USC entende que estas persoas están a “traballar gratis porque os considera estudantes, pero realmente non o son porque están a facer unha produción científica que lle conta á USC a todos os niveis como se viñera doutra calquera outra fonte”.

O reclamo destas reivindicacións tivo o seu cumio o 28 de febreiro cando se organizou en fronte de reitoría unha concentración multitudinaria. Ademais, todos as semanas levan a cabo os “Martes Negros”, onde van vestidos cunha camiseta dese cor na que se pode ler “Por unha USC digna” e que admiten que tivo unha clara inspiración nos Venres Negros de Defende a Galega.

O seu obxectivo con esta campaña era pretender que a comunidade universitaria fose consciente da situación pola que pasan os investigadores “e iso pensamos que o conseguimos”, sinala Vilar. Actualmente levan vendidas unhas 300 camisetas que “a nivel Compostela é un número moi alto” e teñen intención de continuar coa iniciativa.

“A ACTITUDE DA UNIVERSIDADE É DECEPCIONANTE”

Os membros da AIC cualifican os movementos para solucionar a situación por parte da USC como “moi deficientes”. Vilar é moi crítico coa actitude da universidade: “Todas as reunións que puidemos ter coa Xerencia da Universidade non se materializaron e ningunha proposta pola súa parte, cousa á que se comprometeron. Xa pasaron dous meses dende a última reunión e nin nós nin os sindicatos sabemos nada”.

“Ademais, hai actitudes canto menos decepcionantes”, continúa Vilar. “Tras a resolución do TSXG sobre a indemnización de despido, recorrérona ao Supremo. Iso non é tentar solucionar as cousas, é ter vontade de poñer atrancos”, asevera. “A USC alega que non hai cartos, pero tampouco lle vemos ningunha estratexia para modificar esa ausencia”, observa Mallo. Ademais, sinalan que ata o ano 2016, si que se pagaban con cartos provenientes integramente da Universidade.

Tamén denuncian que a USC non está a cumprir con outras obrigacións, como o Estatuto de Persoal Investigador en Formación, aprobado polo Goberno Central a modo de Real Decreto en marzo.

Dende a AIC consideran que non acada as súas demandas pero que “mellora un pouco a situación, como por exemplo un aumento de soldo nos últimos anos do contrato predoutoral que non se está a cumprir a día de hoxe. Isto xa é ir contra lei, é gravísimo”. Se isto segue así consideran a posibilidade de artellar accións a nivel estatal con outras universidades na mesma situación.

APOIO DOUTROS SECTORES

Pódese observar un apoio á AIC dende sectores alleos ao seu campo. Para Mallo, “hai moia xente que se está a dar conta de que temos unha situación moito máis precaria do que eles tiñan en mente”. Vilar apunta que “aínda que non fose un colectivo moi representado na mobilización” teñen “unha certa simpatía” de gran parte do colectivo docente dentro da USC porque “son conscientes do que está a pasar”.

Tamén se sumou dun xeito moi notable o alumnado da universidade e non é nada estraño atoparse persoas coa camiseta dos Martes Negros por calquera esquina de Compostela. Un deles é Bruno Arias, estudante de Comunicación Audiovisual. “Nos últimos meses asistimos a unha avalancha de apoio dende todas as esferas do estudantil. Puiden ver a moita xente diante do reitorado que nunca asociaría a ese tipo de mobilizacións”.

Arias entende que isto ven motivado porque a AIC “reivindica dereitos laborais básicos”. Ademais, considera que é moito máis grave ao tratarse da Universidade pública, un órgano que para el “debería ser vangarda cultural e intelectual do noso país”. En síntese, para el demostra o “importante que é organizarse e crear comunidade” en torno ás problemáticas que acontezan e que a maior ensinanza que deixa a Asemblea de Investigadoras é como “as cousas poden funcionar máis aló de intereses partidistas”.

A Asemblea tamén logrou tamén o apoio dos diferente sindicatos. “Isto é moi relevante porque se non, a USC negábase a establecer unha mesa de negociación sobre o tema, e soamente puidemos ir e expoñer o noso problema, porque os sindicatos o consideraron necesario”, sinala Vilar. Pola súa banda, Mallo agradece o apoio de todos os colectivos e sinala que todo isto “axuda a lograr cada vez máis presión” para poder satisfacer as súas reclamacións."                        (Brais Nogueira, Galicia confidencial, 18/05/19)

5/3/19

Martes negros por unha carreira de investigación digna

"O calendario semanal galego suma máis un día de loito. Aos venres negros da TVG únense os martes negros convocados pola Asemblea de Investigadoras da USC (AIC). O colectivo reclama a fin da fenda salarial que sofre parte do persoal docente e investigador, a equiparación dos diferentes contratos do persoal predoutural e o remate da precarización deste sector.

Arancha Nogueira é investigadora predoutural pola facultade de Filoloxía. “Eu recibín unha bolsa da Xunta de Galicia que me permitiu asinar un contrato de tres anos coa USC. Este contrato ten como finalidade principal que eu faga a miña tese, pero conleva unha serie de obrigas xunto a esta, das que normalmente as universidades se aproveitan.

 Unha é a docencia. Partindo da base de que ás bolseiras nos toca o que o resto do profesorado non quere, no caso do meu departamento esta docencia asignase ao chou, non ten que ver coa liña da miña investigación. Iso repercute en nós (o persoal investigador), que temos que pasar moito tempo preparando as aulas, pero tamén no alumnado, que recibe unha docencia con menor calidade”.

O caso de Arancha podería ser paradigmático de moitos outros no eido dos investigadores predoutorais. Un eido confuso, no cal é doado perderse entre súas as múltiples variables contratuais. “Hai moito descoñecemento. 

Un dos principais problemas cando empezas unha carreira investigadora é que non sabes o que vas atopar”, sinala Aldara Cidrás. Ela e máis Valeria González son investigadoras predoutorais e forman parte da AIC. “A asemblea é un espazo de debate e defensa dos dereitos do colectivo de investigación da USC, isto engloba ao persoal de investigación, de xestión e técnico”, engade Valeria.

Un convenio para rematar coa desigualdade contratual

A desigualdade na carreira investigadora comeza no propio casilleiro de saída. Existen distintas posibilidades para as persoas que desexan realizar unha tese de doutoramento: por unha banda, as bolsas convocadas pola Xunta de Galicia e, pola outra, as convocadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e denominadas FPU e FPI. En todos os casos a relación contratual é coa universidade, mais a duración dos contratos é diferente: tres anos para as persoas cunha bolsa da Xunta e catro para as beneficiarias dunha FPU ou FPI.

As diferencias van máis alá. “No caso das FPU ti podes solicitalas antes de estar matriculado no doutoramento, e polo tanto saber se vas ter unha estabilidade laboral ou non. No caso da Xunta é obrigatorio estar matriculado para solicitar a bolsa”, di Aldara. A Xunta, non obstante, inclúe nas súas partidas unha destinada as estadías no estranxeiro que realizan os investigadores, algo que non fai o Ministerio. 

“Tes que participar nunha convocatoria aparte, e o número de estadías que se conceden é moi inferior ao número de persoas solicitantes”, explica Valeria. “Queremos unha unificación deste tipo de contratos. Estamos a realizar o mesmo labor, por que se nos trata de forma diferente?”, incide a súa compañeira. “Tampouco temos un convenio propio”, continúa Aldara, “Precarios, a organización que actúa a nivel estatal, está mantendo esa loita co Ministerio por un convenio que fixe os dereitos do persoal predoutoral”.

As diferencias son máis acusadas cando se compara a situación deste colectivo coa doutros do persoal docente e investigador da USC. “Actualmente a nosa bandeira é a equiparación salarial”, sinala Aldara. Denuncia que a parte do persoal investigador está a cobrar por debaixo do salario mínimo, ao non ser beneficiario das recentes subas salariais. Por exemplo, unha persoa cun contrato FPU ou FPI percibe actualmente 1.173€ mensuais, setenta menos do que debería segundo a táboa laboral actualizada, 1.244,91€. Ao ano, isto significaría unha perda de 1.000€.

Trasladadas as reclamacións á xerencia da USC, a resposta foi a falta de fondos para cubrir a diferencia salarial. “Os nosos contratos están integramente cubertos polas axudas da Xunta e do Ministerio, tamén cobren a seguridade social”, explica Valeria. A maiores, tras unha petición realizada pola AIC ante a Valedora do Pobo, o colectivo foi informado de que a USC recibía 1,3 millóns de euros da Xunta “pola captación de talento investigador”. “Queremos saber a onde se está destinando esa partida orzamentaria”, reclaman as dúas investigadoras.

A precariedade na docencia

Na carreira investigadora, en cada final de etapa agarda un novo contrato por unha serie de anos. O predoutoral, o posdoutoral, as bolsas concedidas aos equipos de investigación universitarios e un longo etc. A posible meta, o posto de profesor ou profesora titular nalgunha facultade, é hoxe practicamente inalcanzable. 

Namentres, os investigadores tratan de acumular todos os méritos posibles. Isto implica non só a propia tese, senón as estadías no estranxeiro, a redacción de artigos para publicacións de prestixio ou as horas de docencia.

Outra das diferencias entre contratos predoutorais que acusa a AIC son as horas de docencia: 240 no caso das FPU, 120 no caso das FPI e 60 no das bolsas da Xunta de Galicia (xa que o contrato ten unha duración menor). Na actualidade, estas horas de docencia son empregadas pola universidade para cubrir as fendas que deixa a falta de reposición do profesorado. 

Manuel Magán é investigador FPU: “O alumnado fala de tres ou catro predocs nun mesmo ano dando aulas”. “Actualmente o Ministerio e a Xunta poñen máis cartos para contratar predocs, ti non tes por que dar as horas de docencia, pero somos cada vez máis, e para que ti podas competir no futuro, por méritos, o mellor é que as deas”. Aliméntase así unha dinámica competitiva entre o persoal predoutural."                         (Raquel C. Pérez, El Salto, 25/02/19)

2/1/19

Despega desde Siberia o LUME-1, un nanosatélite vigués que pode revolucionar a loita contra os lumes

A nave Soyuz, a piques de despegar da base espacial rusa de Vostochny. Foto: GKLaunch

“Todo comezou o 30 de novembro de 2007 cunha primeira chamada dunha exalumna da Universidade de Vigo para convidarnos a participar no que sería a primeira experiencia espacial da Universidade de Vigo”.

Así lembrou este xoves o profesor e investigador Fernando Aguado, director da Agrupación Aeroespacial, os inicios do que denominou a “aventura espacial da Universidade de Vigo”, unha historia que arrancou con forza en febreiro de 2012 co lanzamento do satélite Xatcobeo, continuou co Humsat-D en novembro de 2013, co Serpens en agosto de 2015 e que agora se consolida co exitoso lanzamento de LUME-1, o cuarto satélite lanzado ao espazo pola Universidade de Vigo, unha especie de vixía automático dotado con tecnoloxía punteira para loitar contra os incendios forestais.

Cos mesmos nervios e emoción que naquela ocasión, “pero tamén con toda a bagaxe que che dá toda a experiencia adquirida ao longo destes anos”, os e as investigadoras da Agrupación Aeroespacial reuníronse ás tres da madrugada nunha sala de reunións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para seguir en directo o lanzamento, lanzamento que, nesta ocasión, se realizaba a bordo dunha nave Soyuz na base espacial rusa de Vostochny, en Siberia.

“Todo foi segundo o previsto, todo correcto”, explicou horas despois o profesor Fernando Aguado nunha rolda de prensa que comezou con palabras de lembranza e agradecemento para o profesor José Antonio Vilán, exvicerreitor de Transferencia e primeiro comisionado do reitor para o Vigo Tecnolóxico que segue convalecente logo de sufrir un grave accidente de tráfico en marzo de 2016.

Xunto a Aguado compareceron ante os medios de comunicación a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e Diego Nodar, exalumno da escola que formou parte desta “aventura” desde os seus inicios e que asistiu como cofundador da empresa Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo que se presentará nas vindeiras semanas e a través da cal se transferirá á industria todos os avances tecnolóxicos acadados nestes anos.

Os tres asistiron tamén ao primeiro pase do satélite por Vigo, pasados apenas un cuarto de hora das 11.00 da mañá na estación de control da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, onde puideron comprobar que todo ía segundo o agardado, “batería cargada, antenas despregadas, todos os comandos en funcionamento…”. Houbo aplausos e, como xa vén sendo tradición, un pequeno brinde co que dar os parabéns “a todos cantos fixeron posible un novo fito histórico”.

Na rolda de prensa posterior tanto Aguado como Rubio e Nodar amosáronse “tremendamente orgullosos” do éxito acadado e moi ilusionados coa posibilidade de sacar “o máximo proveito posible” a toda esta tecnoloxía “desenvolta en Galicia pero que conta coa calidade suficiente para poder ser exportada a calquera parte do mundo”.
Un sistema de comunicacións con baixo custo e cobertura global inserido no proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, financiado pola Unión Europea con máis de dous millóns de euros e no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés.

O LUME-1 é un satélite cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2,1 quilogramos. Aproximadamente cara hora e media dará unha volta completa á terra –cada día haberá un total de entre catro e seis pases polo campus de Vigo- e súa misión fundamental será dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto.

A idea é que a través de sensores -que son como vixías automáticos que se colocan en emprazamentos elevados e que teñen un software que pode detectar un radio de ata dous quilómetros de altura- se poida detectar o comezo dun potencial fogo.

“Ao momento esta información recollerase no satélite LUME, que automaticamente o notifica ao centro de control de fogo, onde este datos se actualizan con información sobre a evolución previsible das chamas. Todo dun xeito absolutamente automático”, explicou Aguado, que fixo fincapé en que LUME-1 permitirá o contacto permanente tanto cos sensores como cos avións non tripulados.

“É un sistema de comunicación que estará en todo momento á disposición das autoridades encargadas da loita contra o lume”, recalcou Aguado, quen deixou a porta aberta á posibilidade de integrar novos satélites nesta rede e tamén vehículos autónomos dotados de sensores que permitan incrementar aínda máis a eficacia do sistema. “No futuro imos ter tamén capacidade de monitorización de avións e, incluso, de monitorización do propio espectro, un ben tremendamente prezado na actualidade”, explicou Aguado.

Lembrando tamén o lanzamento do Xatcobeo, a vicerreitora de Investigación puxo en valor nesta rolda de prensa o traballo do equipo que coordina Aguado e que contribuíu a facer da Universidade de Vigo “un referente na construción e posta en órbita” de pequenos satélites.

O que hai anos fora un fito histórico, hoxe xa é unha traxectoria”, salientou Rubio, quen puxo en valor o “traballo multidisciplinar” como un dos factores do éxito do Lume-1, á vez que o “carácter didáctico” dun proxecto que permitiu a estudantes de diferentes enxeñarías “seguir todo o proceso e aproveitar todo o que ven nas clases nun proxecto real”. 

Así mesmo, a vicerreitora valorou tamén esta iniciativa como “un verdadeiro exemplo de transferencia do coñecemento”, ao estar ligado este lanzamento ao nacemento dunha nova empresa, a spin-off Alén Space, xurdida da propia Agrupación Aeroespacial.

Diego Nodar interviú pois non só como cofundador deste novo proxecto empresarial, senón tamén como exalumno e investigador ligado a agrupación desde os seus inicios. “Foron dez anos de moitos esforzos nos que fomos capaces de crear o noso propio oco no mundo dos pequenos satélites”, resume.

Nodar lembrou nese senso a celebración en Vigo hai apenas uns mes do evento New Space España, “no que conseguimos traer ata aquí a toda a industria espacial española”, e sinalou nese senso que a culminación a esa década de traballo foi a creación de Alén Space, que ten como obxectivo “comercializar toda a tecnoloxía” desenvolvida nos últimos anos no deseño destes satélites, proxecto para o que, ademais de coa Universidade, contaron tamén co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do seu programa Ignicia.

Neste senso, apuntou Nodar, o proxecto Fire-RS contribuirá a “validar en órbita” unha tecnoloxía para a que “comezan a aparecer oportunidades comerciais” e que esta spin off intentará levar ao mercado co propósito de “crear oportunidades de emprego estables a longo prazo e crear industria” en Vigo arredor dos pequenos satélites, un campo en expansión, lembrou, como amosa o dato de que nos próximos cinco anos está previsto o lanzamento ao espazo de preto de 1500 nanosatélites.

Con este lanzamento culmina o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación.

“Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, detallou Fernando Aguado, quen lembrou que nos meses previos a este lanzamento o satélite completou durante meses un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema.

Nos vindeiros meses levaranse a cabo novas probas de comprobación do sistema, incluídas varias probas piloto con fogo real, para o que se contará coa colaboración da Axencia Galega de Emerxencias e d Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Montes, que está a ser o encargado de testar as tecnoloxías desenvolvidas ao abeiro deste proxecto, a través de varios simulacros parciais e un final con lume real e controlado."          (Xornal de Vigo, 27/12/18)

20/7/18

Comeza o transvasamento de fondos de I+D das universidades para construír o novo edificio do Gaiás


 Cinco anos despois da paralización das obras que supuxo desbotar a construción dun Teatro da Ópera e tras o gasto duns 300 millóns de euros en obras -tres veces máis do previsto inicialmente-, Alberto Núñez Feijóo anunciaba que sobre os cimentos do que ía ser o teatro será erguido o chamado Edificio Fontán, unha sede para diversos organismos universitarios que custará 17 millóns de euros.

 Poucos días despois, o 11 de xuño, a Xunta puxo en marcha o transvasamento de fondos de I+D+i das universidades para comezar a financiar as obras.

Na explicación do que definira como un exercicio de "sentidiño económico" Feijóo xa anunciara a previsión de pagar este edificio con fondos propios do Goberno galego e tamén con cartos que xa estaba previsto destinar ás universidades. Isto é, con fondos do Plan de Financiamento destas institucións académicas. 

Segundo a operación tramitada pola Consellería de Educación o pasado xuño os primeiros 700.000 euros sairán, concretamente, do apartado dese plan de financiamento destinado ao "fomento da I+D+i", unha primeira inxección de 700.000 euros -a Consellería prevé que teñan esta orixe ata 2,5 millóns- que se xustifican no expediente alegando que o seu obxectivo é "impulsar un complexo de I+D+i do Sistema Universitario Galego", isto é, o devandito edificio do Gaiás.

 Estes fondos foron recolocados no orzamento de gastos da Fundación Cidade da Cultura dentro do epígrafe "construcións en curso" e coinciden exactamente co diñeiro que, segundo o procedemento de contratación das obras, a Xunta prevé gastar no proxecto durante este 2018.  

Este cronograma proxecta que en 2019 os gastos ascendan a 3,5 millóns, que en 2020 a anualidade sexa de 8,3 millóns e en 2021, de 4,5 millóns máis. Así, ata chegar aos 17 millóns de euros previstos. Na documentación non hai referencia ningunha a posible financiamento estatal, que Feijóo suxeriu na súa presentación pero que nin mencionou na súa xuntanza desta semana con Pedro Sánchez.

Na documentación do proxecto inclúense abondosas explicacións do arquitecto Andrés Perea, deseñador do edificio que xa ocupara a dirección das obras das primeiras construcións no Gaiás. Perea, que na comisión de investigación sobre as obras gabara a Cidade da Cultura como "obra mestra moi traballada" e "dunha coherencia insólita", xustifica agora que o edificio non previsto no proxecto inicial de Peter Eisenman encaixará sen problemas no monte.

 Esta actuación na Cidade da Cultura, di a documentación, "responde a un tempo maxistral na obra" do arquitecto estadounidense e foi "resultado dunha empresa política eficiente na que foron convocadas as empresas, oficios e técnicos galegos". "A coherencia do proposto polo arquitecto americano e o construído é (...) incuestionable" e este novo edificio, asegura, engade "significado ao construído".

"Un proxecto neste lugar remedando o imaxinario de Peter Eisenman -detalla- resultaría patético e inadecuado" e mesmo podería "incorrer en vulneración dos dereitos de propiedade intelectual". No entanto, este novo deseño "comprometido co seu tempo" será "un proxecto que aterra, case ingrávido, no contexto matérico e inmoble da obra de Eisenman, sen nostalxias nin retóricas" e vaise "integrar" sen "mimetizarse cos edificios existentes".       (David Lombao, Praza Pública, 18/07/18)