"Galicia deixará o vindeiro luns, 7 de marzo, de rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de Covid-19,
en virtude do acordo alcanzado entre as comunidades e o Ministerio de
Sanidade, salvo en "ámbitos vulnerables", entre os que se inclúen as
áreas de hospitalización, residencias de maiores e discapacitados,
centros de día e de diálese, ademais de cárceres.
Así o explicaron este venres en rolda de prensa o conselleiro de
Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública,
Carmen Durán, quen ratificaron que desde o 7 de marzo non se rastrexarán os contactos estreitos dos casos positivos de Covid da poboación xeral.
"Tras dous anos case de pandemia a volta á normalidade empeza a ser
unha realidade", afirmou o titular de Sanidade, quen apelou a "facelo
con sentidiño", co uso da máscara e outras medidas que "salvaron vidas".
Ademais, agradeceu o traballo dos profesionais sanitarios que fixeron
"posible esta situación". No entanto, indicou que "preocupan" secuelas,
en especial no ámbito da saúde mental.
A decisión da Xunta, se ben está motiva pola decisión do Goberno central, deixa así atrás o contrato de 14 millóns polos que Sanidade adxudicou o rastrexo á empresa Extel, un acordo polo que esta debía prestar un ano de servizo pero que, coa cambio de rumbo do Goberno, quedou en apenas tres meses. Nas primeiras semanas sucedéronse as críticas á empresa pola deficiencia do servizo desenvolto, con chamadas que non se repetían e PCRs que nunca chegaban a porto. Como xa publicou o GC, a empresa comezou a prestar servizo a toda a poboación galega con só 10 persoas. A CIG calculou que con ese mesmo orzamento se poderían ter contratado miles de sanitarios do sistema público galego." (Galicia Confidencial, 04/03/22)
No hay comentarios:
Publicar un comentario