"En declaracións a GC, Nogueira argumenta que “non se pode entrar
no despacho dun avogado, nin a Policía nin ningún corpo de seguridade
do Estado, e levarse o computador enteiro dun avogado, porque nel hai
datos supersecretos, e isto vulnera o secreto profesional porque afecta a
unha terceira persoa”. O Consello acaba de dar amparo a un letrado da Coruña -sen
identificalo- que denunciou precisamente isto, que a Policía, por orde
de De Lara, entroulle na oficina e arramploulle co disco duro.
Por outra banda, fontes vinculadas á investigación
aseguran a Galicia Confidencial (GC) que o auto de entrada e rexistro é
correcto e non foi recorrido no seu momento pola fiscalía. As mesmas
fontes indican que os axentes de Vigilancia Aduanera limitáronse
a facer un volcado do disco duro como se fai en todos os rexistros e
como xa fixo anteriomente noutros despachos de avogados.
Ademais, o avogado rexeitou a posibilidade de que o decano do Colexio
estivese presente no rexistro, como lle ofreceron, rexistro ao que a
xuíza Pilar de Lara non acudiu persoalmente.
Estas fontes indican que o avogado coruñés en cuestión é Carlos Seoane, imputado na Operación Zebra e letrado do polémico Nené Barral, quen fora alcalde por Ribadumia (PP), investigado por contrabando e mentor político de Rafael Louzán, ex-presidente da Deputación.
Ten que ver o denunciado coas múltiples investigacións de corrupción
política que instrúe a xuíza de Lugo? O líder dos avogados galegos
responde unicamente que non ten que ver coa Operación Pokemon, causa pola que seguen imputados varios ex-concelleiros herculinos.
Nogueira explica que, despois do suposto rexistro do despacho, o
letrado pediu o amparo do Colexio de Avogados da Coruña, que llo
concedeu. Despois o Colexio pediu a adhesión do Consello Galego, que se
fai pública agora.
O presidente di descoñecer se o afectado, logrado o apoio do seus compañeiros, prefire deixar o asunto aquí ou presentar unha denuncia oficial ante o Consejo General do Poder Judicial,
o órgano de disciplina de goberno dos xuíces. Isto contradí o que
publica hoxe en portada El Progreso, xornal afirma que o Consello galego
xa presentou unha denuncia ante o Consejo General. (...)" (Galicia Confidencial, 05/01/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario