29/9/20

A outra cara da contratación de profesores: "a ampliación real é de 221 interinos, non 847"

 "Inicio de curso accidentado nas aulas galegas. Na xornada do mércores a Xunta de Galicia de que ampliaría en máis de 800 profesores o corpo docente -logo de semanas de mobilizacións por parte da comunidade educativa- para permitir o cumprimento do procotolo. Con todo, e malia a celebración da propia Consellería de Educación, non está claro que o reforzo concedido polo goberno galego sirva para garantir a seguridade de cara ao curso máis incerto que se lembra.

 Fronte á versión oficial da Consellería, que na xornada do mércores inundou as planas de certos medios de comunicación, ducias de galegos deixaron patente a súa disconformidade coa medida na rede social twitter; que dende onte recolle as máis variadas críticas á medida de Román Rodríguez. Por unha banda sitúanse aqueles centros que advirten que a dotación extraordinaria de profesorado segue sen ser suficiente para cumprir o protocolo da propia Xunta de Galicia.

 A denuncia discorre paralela ó caso daqueles centros que, pola súa natureza especial, non resultaron beneficiados polo incremento de persoal ó que a Xunta accedeu logo de sucesivas protestas de sindicatos, anpas e equipos directivos; moitos dos cales chegaron mesmo a dimitir ante a imposibilidade de garantir a seguridade no curso.

 Por riba, o feito de ter anunciado a ampliación de profesores a apenas uns días do inicio das aulas deixa nunha situación de incerteza ós docentes que serán chamados ás aulas.

UNHA CIFRA "INFLADA"

Xunto con estas denuncias, a CIG-Ensino vén de destacar que, se ben a Xunta anunciou un incremento do profesorado de 847, postos, o aumento "real" non irá máis alá de "221 interinidades". Dende o sindicato explican que esta cifra é a diferenza entre a adxudicación provisional de destinos de xullo e a definitiva, feita pública de agosto. Neste aspecto, o sindicato critica "a maquinaria de propaganda" da Consellaría, que "empregou os contratos programa e a obriga legal de cumprir as ratios en primaria" para "inflar a cifra neste corpo".                 (Galicia Confidencial, 17/09/20)

No hay comentarios: