7/9/20

Ao punto de que comecen as clases en setembro, a comunidade educativa non ten máis información sobre o que vai acontecer que as declaracións inconsistentes de distintos membros da Xunta... para obviar o principal problema: non queren destinar un patacón a todas esas medidas, nin sequera os cartos que o goberno central transferiu ás autonomías para ese fin

 "A tres semanas para que comecen as clases en setembro, a comunidade educativa non ten máis información sobre o que vai acontecer que as declaracións inconsistentes que distintos membros do goberno da Xunta soltan de cando en vez nuns poucos medios de comunicación escollidos. 

Durante o confinamento, a conselleira Carmen Pomar mandou unha contestada carta de agradecemento aos docentes e despois optou por un “perfil baixo”, que parecía o máis recomendábel de cara ás eleccións de xullo.

 O primeiro borrador de protocolo de volta ás aulas lanzado pola súa consellería xusto despois das eleccións e sen consenso con profesorado, persoal non docente ou ANPAS, foi rexeitado de pleno por todos os sindicatos. 

Así e todo, a consellería publicouno a finais de xullo sen modificar unha vírgula, e todos os subalternos da señora Pomar apresuráronse a cantar as louvanzas do protocolo: era sólido, seguro, non precisabamos de máis nada... até que a propia conselleira volveu á primeira páxina dos xornais para matizar que habería que ir vendo a evolución dun protocolo que, segundo dixo, debía estar en revisión continua.

 Case ao mesmo tempo que a conselleira de Educación desautorizaba os seus segundos, o de Sanidade e o propio Feijóo comezaron a facer a súa rolda polos medios amigos para declararse incompetentes (sic) e esixir ao goberno central un protocolo sólido, seguro e co que non precisásemos de máis nada para volver ás aulas.

Os máximos responsábeis do ensino no noso país deron bandazos en todas as direccións para obviar o principal problema: non queren destinar un patacón a todas esas medidas, nin sequera os cartos que o goberno central transferiu ás autonomías para ese fin, e así tanto ten que o “Protocolo COVID” teña noventa páxinas ou unha soa, porque sen investimento non hai medidas de protección. 

Para xustificar a súa inxustificábel decisión de non baixar ratios nin contratar reforzos de profesorado e PND (persoal non docente), viran a presión cara todo o que teñen ao seu redor: concellos, goberno central e, por último, profesorado, espallando mitos que acaban por prender na opinión pública. (...)"                (Patricia A. Janeiro, eldiario.es, 22/08/20)

No hay comentarios: