22/9/20

DomusVi defende os "ratios de atención" malia os testemuños de usuarias na Galicia

 "A compañía multinacional DomusVi, dedicada á atención residencial dos maiores -e que entrou na Galiza coa fusión con Geriatros e Sarquavitae e controla 30 centros-, acaba de asegurar que os seus estabelecementos cumplen as ratios de persoas e a calidade "que marcan as normativas autonómicas".

Responsábeis da empresa tamén defenderon os seus cadros de persoal, nunha clara alusión a informacións publicadas neste diario nas últimas semanas. No entanto, Nós Diario nunca puxo en dúbida a profesionalidade de traballadoras e traballadores senón as malas condicións nas que teñen que traballar. É o caso da residencia de Outeiro de Rei, onde as operarias da tarde reutilizan a roupa protectora das da quenda da mañá.

DomusVi afirma que as súas residentes e as familias son a súa "razón de ser".

"Os nosos empregados só teñen un obxectivo, un fin, que é coidar das persoas maiores con dependencia que residen nos nosos centros; facelo coa maior dilixencia e cariño é a súa obriga á vez que a súa vocación", defendeu o director xeral de operacións de DomusVi, José Luis Roselló.

Roselló subliñou que se sinten "moi orgullosos polo gran labor que realizan a diario e máis aínda pola que están levando a cabo desde o mes de marzo, durante esta dura pandemia".

Porén, na Galiza non houbo voces que puxeran en dúbida o labor  entregado das e dos empregados. Quer familiar, quer as propias usuarias advertiron das condicións nas que viven con comida en mal estado, tendo que estar sen atención porque os cadros de persoal están desbordados, arriscándose a roubos e asaltos nocturnos pola falta de persoal de seguridade en centros como o de Bembrive.

Hai uns anos mesmo houbo vinculación a roubos de material para outros centros, segundo recoñeceron a Federación Rede e a agrupación Traballadoras de Residencias da Galiza.

En Outeiro de Rei, que agora está intervida pola Xunta e é que a máis contaxios de maiores ten neste momento, os sindicatos advirten das deficiencias laborais. Mais non é o único lugar. No hai que esquecer que na primeira onda do coronavirus, o centro DomusVi de Compostela, situado no barrio de San Lázaro, foi un dos máis prexudicados."                   (Nós, 18/09/20)

No hay comentarios: