"A comarca conta con algunha Casa Niño como a do Ézaro. Un Un fogar alternativo para as crianzas paralelo ás Escoliñas. Un servizo que permite paliar a escaseza de prazas no rural a través do emprendemento.
Unha idea semellante (unha casiña cunha coidadora para o coidado de 5 persoas) é a “Casa do Maior”. A Xunta, mentres esquece a creación de novos centros de Día a pesar da demanda continua, prepara unha subvención para a creación deste novo servizo. E na Costa da Morte nace un proxecto ben fermoso de “economía social, baseado no cooperativismo sen ánimo de lucro, para dar un servizo de coidado a 5 maiores, dende un local cedido polos concellos, favorecendo o emprego feminino no rural, a conciliación, e a dinamización comunitaria”.
A que fala é Natalí Asorey, responsable do Centro Colaxe, e promotora do proxecto “Casas do maior da Costa da Morte”, que este mércores facía a presentación oficial na Casa dos Veciños. Con ela, despois de meses de contactos por toda a zona, un grupo de mulleres que queren “contribuír á transformación social da comarca a través da economía social e feminista”.
Queda agardar ao mes de agosto, cando a Consellería de Política
Social escolla os proxectos subvencionados, a partir de cando as
promotoras terán 3 meses para poñer as Casas en marcha." (Ubaldo Cerqueiro, Qué pasa na costa, 12/05/21)
No hay comentarios:
Publicar un comentario