16/11/07

Nuevas amenazas de deslocalización acuícola, después de las de Pescanova

Os privilexios lexislativos e as inxeccións económicas non son abondo para as empresas. Stolt Sea Farm bótalle agora o pulso ao Goberno.

Stolt Sea Farm comunicou esta semana, a través da Asociación Estatal de Fabricantes de Conservas de Pescado, ANFACO, a súa preocupación polos "efectos negativos" que tería a revogación de concesións acuícolas que se produciría vencellada ás novas esixencias do Ministerio de Medio Ambiente. En concreto, a empresa teme pola súa planta en Muxía, "inviábel" segundo as normas que se aplicarían.

Nese escenario, e malia os privilexios na busca de espazos e as importantes subvencións, de até case a metade do investimento necesario para as plantas, Stolt Sea Farm trata agora de presentar, coma o fixera Pescanova, o desvío de proxectos de inversión cara a fóra de Galiza. Neste caso, a empresa fala da busca de terreos en Marrocos onde gastaría até 100 millóns de euros na construción dunha nova planta. (Vieiros, 15-11-07)

No hay comentarios: