A Xunta presume de que o novo concurso eólico significará para Galicia grandes beneficios e miles de postos de traballo ...
É propaganda institucional, xa coñecemos cantos postos de traballo e que inversións produciron os megawatios instalados até agora, que son case os mesmos cos repartidos no novo concurso.
O profesor da universidade de Vigo Xabier Simón calcula que os veciños dos muíños reciben o 1,6% da riqueza dos parques. Que lle parece este reparto?
Non e xusto, deberian participar dacordo co aportado, o seu terreo eolico, o 10% non e ningunha utopía.
Que lle aconsellaría a un propietario que tivese terreos nas zonas nas que se instalará os muíños do novo reparto?
Moitos xa os temos aconsellado de tempo atrás, primeiro, non firmar contratos lixo; segundo, defender a propiedade da terra.
Galicia é a segunda autonomía con máis muíños, cre que contribuíron significativamente ao desenvolvemento do rural?
As probas me remito, mais de dez anos de implantación, nada deixaron nada mais alá que pagar as festas patronais a unhas poucas parroquias, nin un solo proxecto produtivo.
Que reformas legais se necesitan para que a enerxía eólica deixe máis cartos nas aldeas?
Modificar a lei no tocante a normativa eólica, urbanística e fiscal, considerando o solo eólico independentemente do solo rústico e urbaninzábel.
No reparto do bipartito un dos principais beneficiados eran as cooperativas do leite, neste non levaron nin un megawatio...
Neste levan unhos pouquiños os coellos, pitas e porcos; con eso xa creen cubren o expediente da inversion rural, o do grupo lácteo era un proxecto tan real como o dos cataláns de Fenosa Wind [a marca 'que sona a galego' creada por Gas Natural para presentarse ao novo reparto da Xunta].
Por que Ventonoso cualifica o nov reparto da Xunta do PP de "irregular" ?
Faise despois de anular algo que ningún tribunal demostrou que ose ilegal e despois faise unha lei, para blindar o canon eólico e poñer criterios transparentes e baremables para o 45% dos puntos e o 55% discrecional para os empregos e investimentos. Sónanos a irregular, dá a impresión que algúns coñecían as preguntas do exame. (...)
Os que sempre mandaron na política enerxética da comunidade, os grandes grupos de poder: eléctricas, gasistas, caixas, bancos, construtoras e un grupo de amigos do partido gobernante, desta vez non aparecen cuñados que se saiba." (Galicia Confidencial, 29/11/2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario