1/3/11

"Dilapidaronse moitos cartos e eu fun dos que axudou a dilapidalos"

"O alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, recoñece o que moitos outros rexedores din coa boca pequena; que durante os "tempos de bonanza" económica se lle daba a todo "pa diante".

O portavoz do PP na Deputación da Coruña e alcalde histórico de Boqueixón non ten pelos na lingua. En conversa co colaborador de GC, Manel Pardo, non dubida en falar de temas que outros rexedores prefiren calar; o do gasto excesivo dos concellos durante os últimos anos. Unha situación económica que, agora, os aboca a unha situación de endebedamento. (...)

Por iso, e para facer fronte a esta situación, tamén é partidario de medidas drástica; "reducir os escalóns da administración" e "reducir costes". E unha das medidas que propón, a diferencia das que o seu colega de Ames, Carlos Fernández, manifestou en GC, é a de unificar concellos porque "son demasiados en Galicia".

Pero, tamén é moi claro con quen debe botar unha man ante esta situación. "Como alcalde dun concello pequeno creo que as deputacións son fundamentais xa que e o organismo máis próximo a administración local”. (Galicia Confidencial, 28/02/2011)

No hay comentarios: