"No Hospital da Costa, os e as médicas teñen que pedir os medicamentos
duns departamentos a outros porque a farmacia está desabastecida desde
finais de decembro, cadrando coas datas das festas de inverno.
A xerencia do centro público recibiu varias reclamacións de facultativ@s após se veren na obriga de interromper algúns dos tratamentos pautados ao non haber fármacos.
Sermos Galiza contactou cun traballador do hospital. Alfonso Lourenzo --identidade fiticia-- dixo que "temos constancia de que se deu orde de que a partir do 20 de decembro non se fixera pedido de ningún tipo de material. Non sabemos por que. Imaxino que para cadrar as contas a final de ano". Ao lle pediren explicacións ao Sergas, a resposta foi descarregar a responsabilidade na adxudicataria da central de compras, a empresa privada Servicio Móvil.
"Débese a un problema de distribución alleo a nós", explicou a Xunta. Porén, é a Xunta a encargada de velar polo cumprimento das condicións estabelecidas no contrato, tamén no relativo aos prazos dos repartos. "O que está a acontecer é un exemplo de que privatizar servizos mingua a calidade da asistencia que prestamos", subliñou Lourenzo, acrecentando que "é tamén un exemplo de que o principal prexudicado é o paciente".

Con todo, e malia non teren fármacos, no Hospital da Costa os dous capeláns que prestan asistencia relixiosa e que están en nómina
da consellaría de Sanidade manteñen a periodicidade habitual das
visitas. A xubilación dun deles non causou alteración ningunha porque o
Sergas, que mantén para o persoal sanitario unha taxa de reposición do
10%, cubriu a vaga de maneira inmediata.
É dicir, de se xubilaren 100 sanitari@s, a Xunta contrataría unicamente 10. Aconteceu isto nos centros de saúde de Cervo, Xove e Ribadeo, onde as vagas médicas que deixaron as xubilacións non se cubriron.

No
hospital público de referencia da comarca da Mariña escasean os
medicamentos mais, como conclúe Alfonso Lorenzo, "sen cura non quedamos
nin un só día". A consellaría de Sanidade gasta 50.000 euros ao mes en capeláns." (Sermos Galiza, 10/01/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario