5/2/15

" A vaca vai seguir cagando"

"O gandeiro multado en Santiago con 750 euros logo de que as súas vacas defecaran nunha estrada pública anuncia que se non lle retiran a sanción irá ata o Tribunal contencioso administrativo.

"Iso non resolve o problema. A vaca vai seguir cagando". Jorge Piñeiro, o gandeiro de Santiago multado con 750 euros por ser os responsables de que as súas vacas teñan defecado nun vial público está disposto a ir ata o Tribunal contencioso administrativo se o Concello de Santiago non lle retira a multa.

Tras a presentación dun recurso, o Concello de Santiago decidiu rebaixar a sanción a 500 euros, aínda que Piñeiro asegurou que a súa intención é a retirada total da multa, polo que presentou outro escrito do que aínda non ten resposta. “Vou ir até o final", dixo.

O gandeiro acusa á presidenta da asociación de veciños de “mentireira” e di que xa solicitou unha licenza de obras para habilitar outro paso para o gando que executará á menor brevidade.

Piñeiro estivo este venres apoiado por integrantes da Fruga e do BNG que, baixo a lema 'Non as sancións' ou "Goberno de compostela: a bosta nas pistas non é delito', acompañárono ao Concello." (Galicia Confidencial, 31/01/2015)

No hay comentarios: