"Cales son as zonas de costa máis vulnerables no
contexto de cambio global? Esta é a pregunta que tentaron resolver
investigadores do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os resultados obtidos mostraron que tan só unha pequena parte do litoral, un 0,02%, presenta unha vulnerabilidade máxima, mentres que o 4,52% da fachada costeira presenta valores de alta ou moi alta vulnerabilidade.
Para determinar o grao de vulnerabilidade das
distintas zonas do litoral galego aos temporais ou os posibles cambios
ambientais"., os científicos analizaron as variables físicas que afectan
os primeiros 100 metros da fachada marítima: pendente, altitude,
orientación, tipo de costa, litoloxía, cambio no nivel do mar, altura
media de onda e distancia á liña batimétrica dos 20 metros.
O uso de ferramentas SIG (Sistemas de Información Xeográfica) permitiu xerar un índice de vulnerabilidade costeira con valores entre 1 e 5, de menor a maior vulnerabilidade.
Os resultados mostran que só o 4,52% da fachada costeira galega presenta valores de alta ou moi alta vulnerabilidade (4-5), asociada principalmente aos areais, mentres que un 57,96% do litoral, maioritariamente costa rochosa, presenta uns valores de baixa vulnerabilidade (1-2).
As zonas de maior vulnerabilidade, con valores de 4 ou 5, están asociadas principalmente a areais e desembocaduras dos ríos. Os investigadores mencionan como zona de alta vulnerabilidade, por exemplo, os sistemas praia-duna de Rodas nas Illas Cíes ou o de Corrubedo, "áreas das cales é coñecida a súa enorme fraxilidade", aportan. Tamén A Lanzada sería outro caso paradigmático de zona vulnerable.
O valor de vulnerabilidade máis común no litoral galego é o 2 (baixa vulnerabilidade), que se estende por case o 58% do territorio, mentres que nun segundo lugar se atopan as zonas de moderada vulnerabilidade (3), cun 20,48% do litoral.
A costa de Galicia ten máis de 2.100 quilómetros de lonxitude que "se caracteriza polo encadeamento de sectores de costa rochosa e areosa" e, como se salienta neste estudo, "atópase nun contexto de alta enerxía, sometida ao paso de borrascas e temporais mariños".
Por iso, argúen os científicos da USC, "no contexto do cambio global no que nos atopamos é fundamental coñecer as dinámicas que interactúan nela para identificar os sectores máis vulnerables no presente e previr posibles consecuencias negativas no futuro".
Os investigadores xeraron así un índice de vulnerabilidade relativa para a costa galega atendendo ás súas características físicas e ás dinámicas mariñas que interactúan nela. A partir dos resultados, que se plasman nunha cartografía que se elaborou a escala 1:90.000, para permitir ver todo o conxunto da costa, e que se amplían en zonas de detalle a unha maior escala para facilitar a interpretación, puideron determinar cales son as áreas que presentan unha maior vulnerabilidade e, por tanto, ás que se lle debería prestar unha maior atención á hora da planificación e xestión.
CARTOGRAFÍA
Para viusualizar os datos, os investigdores crearon diferentes mapas que reflexan o grao de vulnerabilidade dos distintos sectores da costa galega, nomeados polas localizacións que os delimitan.
Os resultados mostran que a costa norte de Galicia, no seu extremo oriental, caracterízase por unha vulnerabilidade baixa ou moderada fóra das zonas sedimentarias que presentan uns valores máis elevados, como é o caso das proximidades da praia da Catedrais, en Ribadeo, ou a de Esteiro, na contorna de Ortigueira.
Entre Ortigueira e Doniños, a costa galega presente unha vulnerabilidade moderada que pasa a ser alta ou moi alta nos amplos sectores sedimentarios. A modo de exemplo os autores sinalan a existente en tramos como os de Cedeira ou as praias de Medote e Casal.
O extremo noroccidental da costa galega caracterízase por uns valores de vulnerabilidade baixos, que só aumentan nalgunhas praias sedimentarias como Doniños no norte ou a praia grande de Miño.
Na área que comprende Punta das Olas-Malpica, Costa de Razo, Malpica-Ponteceso; Praia de Cadoleiro, Ponteceso-Cabo Vilán, Praia de Traba, Cabo Vilán-Muxía e Praia de Barreira obsérvase como o índice de vulnerabilidade mostra en gran parte do territorio taxas moderadas, que dan paso en numerosos sectores onde dominan as altas ou moi altas, como son os casos das praias de Cadoleiro ou de Traba.
No mapa que inclúe Muxía-Fisterra, praias de Nemiña, praia do Rostro, Fisterra-Punta de Louro, zona sedimentaria do Ézar e praias de Lariño e Louro, a tónica xeral nesta zona litora é dunha vulnerabilidade moderada e importantes sectores de alta. As zonas cos valores máis elevados atópanse nas franxas sedimentarias de Nemiña, Rostro, Lariño e Louro.
No sector que inclúe Punta de Louro-Baroña, praia de Aguieir, Baroña-Cabo Corrubedo, praia do Río Maior e praia do río Sieira a vulnerabilidade atópase xeralmente entre valores baixos e moderados, que contrastan coas amplas zonas sedimentarias como a praia de río Sieira onde pasa a ser alta na maior parte do areal.
En liñas xerais, o sector que comprende Cabo Corrubedo-A Pobra do Caramiñal, sistema sedimentario de Corrubed e A Pobra do Caramiñal-Illa de Arousa, presenta unha vulnerabilidade baixa, exceptuando a ampla franxa litoral ocupada polo sistema dunar de Corrubedo, unha zona de especial interese que está protexida baixo a figura de Parque Natural que mostra unha elevada vulnerabilidade.
Na maioría do territorio que comprende Illa de Arousa-A Lanzada, praia da Lanzada, A Lanzada-Bueu e contorna da praia de Montalvo obsérvanse taxas de vulnerabilidade baixas ou moderadas, agás no caso da praia da Lanzada que une a península do Grove coa zona continental, que presenta unha alta ou moi alta vulnerabilidade.
O seguinte sector confórmano Bueu-Vigo, Vigo- Panxón, sistema sedimentario de Rodas (Illas Cíes) e praias de Patos e Panxón. Aquí móstrase que en xeral a ría de Vigo ten unha vulnerabilidade baixa, agás en zonas como as praias de Patos ou Panxón e o complexo sedimentario de Rodas nas Illas Cíes, do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Finalmente, o sector da costa sur galega (Panxón-A Garda) caracterízase por uns índices de vulnerabilidade baixos relacionados, en parte, co dominio que teñen nesta zona as costas rochosas.
Os investigadores tamén salientan que ao analizar a vulnerabilidade costeira en distintas áreas urbanas, "pódese ver como os paseos marítimos e infraestruturas accesorias se atopan frecuentemente na parte superior dos areais, zonas cunha alta vulnerabilidade". Como exemplo poñen o paseo marítimo da Coruña á altura da praia de Riazor, que "se caracteriza por uns índices moderados e altos en sectores máis puntuais e que se ve danado durante os temporais invernais".
En resumo, os científicos da USC comprobaron que "na costa galega existe unha vulnerabilidade física baixa" e calculan que "tan só o 4,52% do litoral se pode considerar como de alta ou moi alta vulnerabilidade", sendo "as zonas máis vulnerables as que se atopan nos areais e complexos sedimentarios próximos ás desembocaduras dos ríos e que á súa vez corresponden con espazos dun elevado valor ambiental".
Os sectores de moi baixa vulnerabilidade representan algo menos do 18% da superficie litoral galega, polo que, explican, "é difícil definir zonas nas que os efectos dunha modificación dos patróns climáticos e o nivel do mar afecten dunha forma clara o territorio".
"As costas rochosas e os sectores litorais de maior altitude son os que presentan uns índices de vulnerabilidade máis baixos e que se atopan separando as zonas sedimentarias que zarrapican o litoral galego, do mesmo xeito que as infraestruturas portuarias que segundo os materiais empregados para a súa construción presentan unha vulnerabilidade máis baixa", detallan.
A partir desta primera aproximación os xeógrafos da USC consideran que é "de grande interese no futuro poder ter en consideración os aspectos humanos e económicos do litoral galego para conseguir un índice de vulnerabilidade global que teña en conta as interaccións naturais/antrópicas que se producen nos diferentes sectores" para "comprender un xeito más preciso cales son as zonas que presentan unha mayor vulnerabilidade ante futuros eventos relacionados co cambio global e tentar mitigar as súas consecuencias".
Os resultados do estudo preséntanse nun artigo científico titulado 'Vulnerabilidad de las costas de Galicia ante los temporales marinos en el contexto del cambio global (Vulnerability of the Galician coast to marine storms in the context of global change)', na revista Sémata que edita a Universidade de Santiago de Compostela. Os autores da investigación son Alejandro Gómez Pato e Augusto Pérez Alberti.
PRAIAS EN ÁREAS CON ALTO RISCO DE INUNDACIÓN
Recentemente, investigadores das Universidades de Vigo, Linneo e Lund (Suecia), Canterbury (Nova Zelandia), Waterloo (Canadá) e do Western Norway Research Institute (Noruega) publicaron outro estudo no que avaliaron a vulnerabilidade de 724 praias de Galicia. Os resultados mostraron que 76 areais están situados en "áreas con alto risco de inundación".
Destas 76 praias, 43 están en risco de inundacións costeiras, 26 en risco de inundacións fluviais e sete en risco de ambas as dúas. Ademais, a zona máis vulnerable é a ría de Muros e Noia, onde "unha inundación dun metro podería alagar unha área de 104,3 quilómetros cadrados".
No caso deste estudo científico, a vulnerabilidade das praias de Galicia —onde se observou un aumento do nivel do mar de entre 2,2 e 2,5 milímetros ao ano—, avaliouse con respecto ao turismo, considerando tres indicadores: nivel de visitas, instalacións turísticas e ancho da praia. Estes indicadores foron avaliados en termos de risco baixo, medio ou alto e foilles asignada unha puntuación correspondente nunha escala de 1 a 3, que corresponde a vulnerabilidades baixas, moderadas e altas." (Alberto Quián, Galicia Conficencial, 29/01/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario