9/2/16

O alcalde acode aos barrios a falar directamente cos coruñeses

"A idea é que os cidadáns e cidadás se acheguen aos centros cívicos para debater libremente sobre calquera tema que teñan a ben, e trasladen ao alcalde e as concelleiras e concelleiros as súas propostas, ideas, problemas e demandas”, indicou Ferreiro esta semana. O alcalde fixou o primeiro destes encontros para este sábado, ás 12.00 horas, no centro cívico de San Diego.

O programa repetirase o último sábado de cada mes polos centros cívicos de toda cidade, sempre coa participación do alcalde e doutros membros do equipo de Goberno, e cun formato “non limitado aos veciños dese barrio, senón aberto a todas as persoas que queiran asistir”.

Pola súa banda a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, dixo que “estamos a facer un esforzo importante de mediación para que a cidadanía sexa consciente de que este espazo está aberto, para que eses encontros realmente sexan plurais, e que toda esa diversidade e singularidade da cidade estea presente”.        (Galicia Confidencial,A Coruña | 29/01/2016)

No hay comentarios: