"A produción e o consumo de enerxía están a mudar de paradigma.
Compostela acolleu un seminario coa temática da “Xeración eléctrica
distribuída” que incluíu unha mesa redonda de casos prácticos de
autosuficiencia enerxética a nivel europeo. Nela estivo Franc Comino: “Galiza tería que explotar a xeotérmica polo seu clima”.
A produción e o consumo de enerxía están a mudar de paradigma. Compostela acolleu un seminario coa temática da “Xeración eléctrica distribuída” que incluíu unha mesa redonda de casos prácticos de autosuficiencia enerxética a nivel europeo.
Neste marco Franc Comino, socio fundador de Wattia Innova, presentou a súa experiencia no proxecto EspaiZero, un edificio no que traballan 20 enxeñeiras e enxeñeiros que non dependen de fontes de enerxía externa. “Todo o que precisamos fabricámolo con sistemas propios”. Situado en Olot, unha poboación do norte de Catalunya con temperaturas extremas entre verán e inverno, serve como laboratorio, oficinas e lugar de visita para entendermos as posibilidades de autoconsumo enerxético.
“O modelo de enerxía vai mudar por completo, augura a Sermos Galiza, “sobre todo polo cambio climático”. Ao falarmos do noso país explica que “Galiza tería que explotar a xeotérmica polo seu clima”. No seu proxecto quería “demostrar que a seguinte revolución enerxética integrará diferentes fontes: sol, vento, biomasa, xeotermia...” e chegou a autosuficiencia do 100%.
O turismo rural como impulsor
Integrar un sistema de autoconsumo enerxético “non é caro”, asegura a Sermos Galiza. Segundo Franc Comino a introdución no interior podería realizarse a través das casas de turismo rural. “Son negocios que venden ser sustentábeis e este tipo de inversións ademais de aforro enerxético potenciaría a súa imaxe”.
A expansión posterior no territorio viría da man destas primeiras experiencias e de partillar a enerxía. “O sensato e posíbel para calquera familia é ir a por un 80% de aforro, unha vez aberto o mercado o resto sería partillar a dos veciños”.
Experiencia nun casco histórico
Xunto con Naturgy realizaron un proxecto para levar enerxías renovábeis ao casco vello de Olot. “40.000 m2 de edificios que funcionaban con gas e gasóleo agora funcionan con biomasa, xeotermia e fotovoltaica”, explica Comino a Sermos Galiza.
O sistema creado conecta sete edificios que teñen producen e consumen 600kW de biomasa, 180kW de Xeotermia e 25kWde fotovoltaica cun aforro anual de 750 toneladas de CO2." (A. Escuredo, Sermos Galiza, 03/11/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario