"A Unesco está a buscar "solucións simples e sustentables" como o modelo de tratamento dos biorresiduos que ten en marcha a Deputación de Pontevedra para adaptalas a algúns territorios dentro do seu programa Small Islands (SMILO), que busca optimizar a xestión de residuos en illas de pequeno tamaño.
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, acompañado do asesor de residuos Carlos Pérez, do director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) Carlos Vales, e da técnica María Martínez Abraldes, recibiu este xoves ao asesor científico da Unesco, Antonio Abreu, para informalo acerca do Plan Revitaliza de compostaxe.
Segundo explicou César Mosquera, a illa africana de Príncipe, declarada reserva da biosfera pola Unesco e destino turístico de alto nivel, quere aplicar este modelo Revitaliza, baseado na compostaxe de proximidade, para xestionar o seu lixo orgánico, tal e como anunciara o propio presidente do Goberno autónomo José Cardoso dos Ramos Cassandra, nunha anterior visita a Pontevedra.
"Non é só en Príncipe, xa que hai outras illas no mundo que están a aplicar este programa", sinalou o vicepresidente. Mosquera destacou que a Deputación está "a facer todo o posible para colaborar e mesmo para aprender" en vista do "entusiasmo" co que se acolleu este cambio do sistema de recollida e tratamento de lixo no país.
UN "PROBLEMA CENTRAL"
O asesor científico da Unesco explicou que na Illa de Príncipe "o tratamento dos residuos é un problema central xunto coa enerxía, a auga, a paisaxe ou o desenvolvemento económico", polo que, cando souberon das boas prácticas do Plan Revitaliza, viñeron ata Pontevedra "coa intención de coñecer mellor este programa" para aplicalo neste pequeno país do Golfo de Guinea.
Santo Tomé e Príncipe é un arquipélago con 200.000 habitantes dos que 10.000 están na illa de Príncipe, a máis pequena, situada a 250 quilómetros do continente africano. "Estamos a comezar o proxecto", indicou Antonio Abreu respecto ao momento no que se atopa a aplicación do modelo de compostaxe na illa.
Durante a súa estancia destes días en Pontevedra programaron un calendario cos próximos pasos a seguir. Tamén se acordou dar formación técnica aos cidadáns de Príncipe que se encargarán do funcionamento deste sistema, para o que terán que pasar un tempo nas Rías Baixas.
Paralelamente, supervisarase a instalación da infraestrutura necesaria na illa, porque "antes de final de ano isto ten que estar operativo", dixo o asesor científico da Unesco.
Ademais, Antonio Abreu destacou que, con este proxecto, "non vai haber resistencia", porque "foi escollido pola propia poboación", concretamente por un órgano consultivo denominado Comité Insular do que forman parte "todos os actores, desde os líderes tradicionais, o tecido empresarial, o Goberno, as autoridades e entidades todas" engadindo que están "ansiosos esperando polo inicio deste proxecto".
PROXECTO NOUTROS LUGARES
Antonio Abreu comentou, ademais, que tamén noutros lugares, como "Guinea Bissau, Tunes, Senegal xa están a pensar en implementar exactamente este proxecto".
O técnico da Unesco concluíu que, dentro da Axenda 2030 da ONU, este proxecto traballa sobre "o máis importante dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable" como é o tecer alianzas entre os gobernos, o sector privado e a sociedade civil construídas sobre principios e valores, unha visión e metas compartidas, que colocan á xente e ao planeta no centro." (Galicia Confidencial, 09/01/20)

No hay comentarios:
Publicar un comentario