"Estamos en recesión, en grave crise económica, e a
pesar diso, a Xunta deciciu gastar diñeiro en envolver as máscaras nun
plástico co logo da Xunta. Unha circunstancia que se produce cando o
presidente galego baralla convocar as eleccións en xullo deste ano.
Segundo puido confirmar Galicia Confidencial, estas máscaras co logo da Xunta foron distribuídas nas farmacias
para repartir de xeito gratuíto entre determinados colectivos. A
Consellería de Sanidade confirma que son para repartir entre o colectivo
de pensionistas, parados e colectivos en risco de exclusión.
Así, lembran que esta medida aprobouse no Consello da Xunta
do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras
cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao
ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen
prestación de desemprego entre outros colectivos.
A Xunta distribuirá preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas,
repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun
orzamento de 952.187 euros. O reparto será tres máscaras de xeito
gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na
tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con
maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan
dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento.
Con esta inciativa a Xunta prevé beneficiar a 718.562 persoas." (Galicia confidencial, 08/05/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario