14/12/25

Milleiros de persoas rexeitan o modelo industrial da Xunta en Compostela: "Altri non se vai instalar na nosa terra, defenderémola ao prezo que sexa" Após 19 meses de mobilizacións, a capital da Galiza acolleu unha manifestación masiva que urxe o "feche definitivo" por parte da Xunta da tramitación dos seus dous "proxectos estratéxicos", Altri e a reapertura da mina de Touro-O Pino. "É un éxito absoluto", afirma a organización (Nós)

 "Unhas 80.000 persoas chegadas de toda a Galiza, segundo a organización, marcharon polas rúas de Santiago de Compostela este domingo convocadas pola Plataforma Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e a Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino para manifestar o seu 'non' definitivo a Altri e mais á mina de cobre. "É un éxito absoluto após 19 meses de mobilizacións", sentenciaron.

No hay comentarios: