"A Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica publicaba
hai uns días un novo informe que reflicte a capacidade de rastrexo dos
casos de coronavirus por parte das Comunidades Autónomas e que pon de
manifesto que se descoñece a orixe do contaxio dun 50,8% dos casos detectados a nivel estatal.
Segundo estes datos, Galicia é a comunidade que a día de hoxe menos identifica a orixe dos contaxios,
en concreto descoñece o do 80,9% dos positivos diagnosticados,
séguenlle Melilla cun 71,4% e Cataluña, onde dos casos detectados, non
se sabe de onde veñen o 75,1%.
As comunidades que mellor están a identificar a orixe do contaxio dos
novos pacientes son Aragón, que descoñece só o do 4,1% dos novos
positivos, País Vasco (11,7%) e Andalucía (15%).
FEIJÓO DEFENDE O SEU SISTEMA
Preguntado por Galicia Confidencial sobre esta situación, Feijóo
destacou que en Galicia hai máis de 6.000 persoas contratadas para
detectar e facer seguimento dos casos da Covid tanto na Atención
Primaria, como en Atención Preventiva e no ámbito técnico. (...)" (Galicia Confidencial, 23/07/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario