"O médico internista Ignacio Ramil, que traballa no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), chama á poboación a facer un "autoconfinamento domiciliario" para reducir as alarmantes cifras que deixa a pandemia en Galicia nas últimas semanas.
En declaracións difundidas á prensa, o facultativo avisa de que "as costuras" do hospital coruñés "están a saltar xa desde a semana pasada" cun ritmo de ingreso de "20 enfermos por covid diarios".
Ademais, estima que a "proxección futura" das hospitalizacións suporá
"os peores números, bastante pasados, de toda a pandemia".
De acordo con datos da Consellería de Sanidade,
a área Sanitaria da Coruña conta este domingo con 173 ingresados por
coronavirus, 28 deles en unidades de coidados intensivos (UCI), uns
números que nas últimas xornadas non pararon de aumentar.
Neste contexto, aínda que a sociedade está "cansa" e "anestesiada" de
escoitar as cifras de falecidos nos informativos, Ramil insiste en que "de verdade, máis que nunca", todos teñen que quedar na súa casa. "A
recomendación desde hoxe, desde xa, ten que ser un autoconfinamento
domiciliario moi similar a aquela que foi a fase 0, con algunha medida
de alivio en canto a actividades ao aire libre e pouco máis".
"Por favor, necesitamos que a xente responda non só polo noso ben, senón polo seu", conclúe este médico internista do Chuac." (Galicia Confidencial, 17/01/21)
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
18/1/21
Un médico do Chuac urxe ao autoconfinamento: "As costuras do hospital están saltando"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario