25/5/22

O irmán do xerente do Consorcio Galego de Benestar é apoderado da empresa propietaria da residencia denunciada de Pazos de Borbén

 "Lucía Pedroso Suárez é mais coñecida polas súas responsabilidades como directiva da patronal pontevedresa que polos seus propios negocios. Porén, a directora da residencia. Mi Casa de Pazos de Borbén -denunciada ante a Xunta con acusacións por malos tratos- é socia en diversas empresas do sector da dependencia e participa do capital doutros dous centros de maiores.

 A residencia Mi Casa de Pazos de Borbén é a matriz dos negocios de Lucía Pedroso. O centro de maiores, coñecido pola denuncia por maltrato presentada por Traballadoras das Residencias da Galiza (Trega) e Vellez Digna, é un negocio familiar fundado polos proxenitores de Pedroso, quen dirixe o xeriátrico desde a morte do seu pai no ano 2000.

No hay comentarios: