20/12/07

Quin, el Convergentizador del Bloque

Comienza el suicidio del Bloque:

Unha cabeceira histórica do nacionalismo, A Nosa Terra, vén de acabar en mans do sector do ladrillo. O proxecto político-cultural, en defensa do país, pode ficar esmagado para sempre...

“O pasado 28 de xuño, o diario El País, anunciaba que o construtor Jacinto Rey pasará a ser o principal accionista de Promocións Culturais Galegas S.A., editora do semanario. Unha operación a aprobar na xunta de accionistas do sábado 7 de xullo pero que será de puro trámite se damos crédito á información do País, segundo a que “Udra, a sociedade patrimonial do construtor pontevedrés, é de feito (aínda que sen escriturar) a principal accionista de Cultura Popular Galega, que ao tempo é quen posúe o paquete de control do semanario nacionalista”. Esta información resulta inquietante porque Jacinto Rey teríase feito, con anterioridade, con control do semanario sen que a xunta de accionistas aprobase previamente a operación “é de feito (aínda que sen escriturar) a principal accionista”, co cal semella obvio que algún ou algúns terían utilizado a súa capacidade de manobra á marxe dos 900 pequenos accionistas que forman parte desa xunta. Se cadra os/as responsábeis haberá que buscalos nos titulares de Cultura Popular Galega. Pero máis inquietante aínda é a aparentemente inexistente, pero real, transcendencia política que ten este asunto e sobre a que podemos especular. Desde a súa chegada á portavocía nacional, Anxo Quintana puxo en marcha un proceso de, como el di, “modernización” do BNG. Parello a ese proceso houbo un achegamento progresivo á clase empresarial. En setembro de 2005 “el joven Quin”, como adoita alcumalo El Correo Gallego, paseou con Jacinto Rey no seu iate privado. (…)

O papel de Anxo Quintana: O Día da Patria de 2006 o portavoz nacional, Anxo Quintana, deixábanos atónitos a moitos dos presentes falando dun BNG convertido en proxecto persoal “o BNG que eu quero”... Nunha entrevista concedida ao Faro de Vigo, previa a celebración da última Asemblea Nacional (decembro de 2006), falaba dun programa que el tería para o BNG e que o BNG -ou cando menos a súa militancia- descoñece, a nin máis nin menos que 10 anos! Ese proxecto non explicitado nos textos a debate materialízanse nun discurso cada vez máis morno, que conleva uns posicionamentos políticos “modernos” e que converten ao BNG como el mesmo afirmou, nunha forza política “tremendamente moderada”. Unha forza política ben relacionada co empresariado que sería quen de pactar, como tamén el anunciou, co PP ou co PSOE, simplemente con que o PP rebaixe a súa radicalidade actual. O novo CIU versión galega que non é nin de esquerdas nin de dereitas nin todo o contrario. Pero un dos principais problemas tanto do ‘vello’ BNG, como do ‘moderno’ foi e é a falta de medios de comunicación propios. E aquí entran Jacinto Rey, A Nosa Terra e o paseo en iate. O modelo de Quin para un BNG ‘aberto’ e ‘tremendamente moderado’ precisa para consolidarse do poder económico, que viría garantido a través dun empresariado que puidera constatar que esta forza política, outrora defensora dos intereses da maioría social, non ataca os seus propios intereses. Para iso é imprescindíbel irse rodeando daqueles que desde dentro defenderon sempre ese posicionamento e crear unha rede de poder que permita arrinconar aos sectores do BNG que, para os ‘modernos’, estarían ancorados ideoloxicamente no pasado. (…)

Doutra banda, coincide no tempo, e aí só abro un espazo a reflexión porque carezo de datos, a creación dunha patronal galega. Patronal auspiciada seguramente desde o BNG e, quen sabe, se cadra desde a propia administración. Por iso, e se aínda queda no BNG alguén capaz de reaccionar ante esta situación, era ben que apurara a facelo antes de que sexa demasiado tarde. Os nacionalistas de esquerdas, que somos moitos neste país, estamos desorientados e se, desta volta, votamos tapando o nariz para evitar que o único beneficiado fora o PSOE, se cadra nas seguintes quedamos na casa.” (Enviada por acontrafio: Quo Vadis, A Nosa Terra?; o 05/07/2007 19:23; Vieiros, 05-07-07)

No hay comentarios: