"A Xunta quere até 45 postos de libre designación na nova Axencia de
Promoción Económica, que fará fixos ao actual persoal laboral do IGAPE e
poderá contratar segundo as súas propias normas. (...)
Ese cambio de modelo tamén afecta ao actual cadro de presoal do IGAPE.
Segundo datos facilitados aos sindicatos polo Goberno, a nova estrutura
contará con 133 postos. Deles 45 serán de libre designación, incluídos
os de 18 directivos.
É dicir, unha terceira parte do total de prazas non se repartirán en
función dos méritos ou experiencia dos actuais asalariados, senón en
función do criterio político que emane da Consellería de Economía. Tal
porcentaxe non gustou aos sindicatos." (Galicia Confidencial, 12/09/2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario