"Un total de 66 concellos galegos estiveron implicados en casos de
corrupción no periodo comprendido entre o 2000 e o 2010, máis do doble
que a media do conxunto do Estado español. Así, mentres que en España a
media foi do 8,35%, en Galicia case chegou ao 21%.
Estes datos aparecen recollidos no estudio "Aproximación a unha
xeografía da corrupción urbanística en España" de Luís M. Pérez Darías,
Víctor O. Martín e Ramón Pérez González, da Universidade canaria de La
Laguna.
O documento baséase nunha investigación financiada polo
Ministerio de Educación e Ciencia, sobre as características singulares
que, debido á burbulla inmobiliaria e á corrupción, adquiriu a crise
económica nos países do sur da eurozona coñecidos como PIGS (acrónimo
das iniciais en inglés de Portugal, Irlanda, Grecia e España).
Galicia é xunto con Andalucía, Comunidade Valenciana e Madrid das
comunidades máis afectadas pola corrupción. Segundo o estudio, a
avaliación do impacto da corrupción urbanística, alcanza a municipios
habitados por 26,3 millóns de persoas --o 56,1% da poboación española--. (...)
Precisamente, a evidencia de que a corrupción urbanística ten tido un
peso importante na actual crise é que España, que apenas representa o
10% do PIB europeo, construíu desde 2000 o 30% de todas as vivendas na
Unión Europea.
A maioría desas novas vivendas financiáronse con diñeiro
que procedía do exterior, polo que a crise inmobiliaria española está
estreitamente ligada á crise financeira." (Galicia Confidencial, 16/01/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario