"O músico J.C. Cambas lembrou unha curiosa anécdota que aconteceu nunha
visita de Fraga a Arxentina nunha entrevista na Radio Galega que se pode escoitar aquí. "Fue una vez Fraga y había llevado como 400 kg de pulpo... y te pagaban 50 dólares por ir a votar y entonces solo fuimos a votar a Fraga... La verdad que pasaban cosas muy raras”.
Ademais, Cambas lembra que votou sen saber a quen votaba e que na
Arxentina había moitos votantes, "máis que os de Lugo e Ourense xuntos".
A afirmación deste músico non pasou desapercibida por traballadores da
Radio Galega e tamén polo secretario Xeral do PSdeG que xa lanzou un
Tuit no que pregunta : “E Feijóo que di disto?”.
"O músico J.C. Cambas presentounos ´ A Viaxe ´: "É a historia de meus pais, pero tamén a de Galicia e Arxentina". (Radio Gallega, 29/05/20) " (Galicia Confidencial , 30/05/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario