"Marcial Dorado foi proveedor de combustíbel para calefacción do Servizo
Galego de Saúde (SERGAS, dependente da Consellería de Sanidade) "entre
1991 e 1996", segundo explican a GC fontes de Compromiso por Galicia.
Este partido político galeguista lembra que as fotos do presidente da
Xunta no iate do narcotraficante publicadas hoxe por El País son de
1995.
Alberto Nuñez Feijóo foi secretario xeral da Consellería de Sanidade dende 1991 e
1996. De ser certa a información do partido galeguista, o número dous
do SERGAS ía de vacacións no iate dun detido na Operación Nécora ao
mesmo tempo que as empresas do narcotraficante fornecían material á
Administración que codirixía Feijóo.
Versión de Feijóo
O presidente da Xunta saíu ao paso das fotos alegando
que só tuvo unha relación indirecta co contrabandista. "Todas las veces
que coincidí con esta persona fue por coincidencia con un compañero de
trabajo de mi juventud, y en un contexto de ocio, nunca en el ámbito de
mis responsabilidades laborales", di un comunicado do PPdeG difundido as
00:44 horas do domingo.
O máximo líder conservador de Galicia insiste que este contacto co
traficante de cocaína é un "intento de amedrentarme" pero que ten "la
conciencia muy tranquila".
Cando a foto, todo o mundo sabía dos problemas de Dorado coa Xustiza
Feijóo tamén alega que "que en el momento de esas fotografías, esta
persona no había sido condenado por ninguna de las causas por las que
años después lo ha sido". Isto é unha verdade a medias.
Efectivamente, Dorado non tiña ningunha condena firme por narcotráfico
daquela, pero dende hai lustros era público que estaba relacionado co
mundo do contrabando, pois en 1998 a Policía desarticulou unha banda que traficaba con tabaco liderada por Dorado.
Como lle lembrou hoxe o PSdeG, xa a mediados dos 90 calquera persona
minimamente informada en Galicia sabía que Dorado tiña problemas coa
Xustiza.
Reacción da oposición
Outra forza, Alternativa Galega de Esquerdas, tamén tenta desmontar a
excusa de Feijóo de que Dorado era 'trigo limpo' cando lle sacaron as
fotos veraneando. AGE destaca que o presidente "mantiña unha relación
de amizade cunha persoa que tivera xa dúas detencións por contrabando de
tabaco e outra dentro da operación Nécora, o que, cando menos, pon en
dúbida a súa calidade ética". O BNG pediu xa a demisión do presidente da
Xunta.
O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, ven de
manifestar que o Presidente da Xunta debe dar “explicacións máis
contundentes” . Neste sentido, o lider da organización galeguista apunta
a “de ser certo que Dorado era provedor do SERGAS cando Feijóo era
Secretario Xeral da Consellería de Sandidade e Servizos Sociais”, o
Presidente da Xunta “debe dar moitas máis explicacións”. Compromiso
aínda non explicou que empresas de Dorado vendían material ao SERGAS." (Galicia Confidencial, 31/03/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario