"Galicia sitúase á cabeza no Estado cun 18,6% de vivendas vacías
respecto ao total de vivendas na comunidade. As provincias coa maior
porcentaxe en toda España son Ourense e Lugo. E en Ribeira disparáronse
en dez anos un 606,8%, segundo os datos do censo de 2011 publicados hoxe
polo Instituto Nacional de Estatística.
Galicia é a primeira comunidade autónoma con maior porcentaxe de
vivendas baleiras respecto ao total de vivendas e a cuarta en número
total de domicilos vacíos, segundo os datos datos do censo de 2011
feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
O número de vivendas baleiras en Galicia aumentou significativamente na
primeira década deste século. Entre os anos 2001 e 2011, Galicia pasou
de ter 229.360 domicilios vacíos a 299.396, é dicir, un total de 70.036
vivendas baleiras máis e un incremento porcentual do 8,7%, só superado
por Andalucía (+18,5%), Comunitat Valenciana (+14,7%) e Cataluña (+13%).
O número total destas vivendas en Galicia representa o 8,70% das que
están baleiras en todo o Estado.
A comunidade galega lidera a porcentaxe de vivendas vacías respecto do
total cun 18,6%, seguida d'A Rioxa (18%), Murcia (16,6%) e Catela-A
Mancha (16,3%).
No número total de vivendas baleiras, Galicia, con 299.396, ocupa o
cuarto posto, só superada por Andalucía (637.221), Comunitat Valenciana
(505.029) e Cataluña (448.356).
Hai que salientar que o noso país ten 36.117 vivendas baleiras máis que
a Comunidade de Madrid, e que foi a segunda na que máis se incrementou o
número total de vivendas vacías en dez anos, só superada por Andalucía,
onde aumentaron en 88.552, é dicir, só 18.516 máis que en Galicia.
Por provincias
As dúas provincias no Estado con maior porcentaxe de vivendas baleiras
son Ourense, cun 22,7%, e Lugo, cun 20,2%. Tras estas sitúanse Castelló,
cun 19,5%, e A Coruña, cun 18,6%. Pontevedra non aparece entre as 15
primeiras provincias desta clasificiación do INE.
Por número total de vivendas baleiras, entre as provincia galegas é A Coruña a que lidera a clasificación:
- A Coruña: 120.069
- Pontevedra: 78.152
- Ourense: 55.936
- Lugo: 45.239 35.349
Porcentualmente, entre as provincias galegas foi en Ourense onde máis
medraron as vivendas baleiras entre os anos 2001 e 2011, un 61,65%,
seguida de A Coruña (+29,85%), Lugo (+27,97%) e Pontevedra (+16,75%).
Por concellos
Entre os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes, hai que
salientar o espectacular crecemento porcentual de vivendas vacías en
Ribeira, onde se dispararon un 606,8%. Tamén son importantes os
incrementos en Vilagarcía de Arousa (83%), Cambre (72,3%), Ames (66,7%) e
Ourense (45,5%). Pola contra, houbo unha importante caída na porcentaxe
de vivendas baleiras en Carballo (-17,7%), A Estrada (-15,4%),
Redondela (-8,1%) e Lugo (-7,3%).
Vivendas vacías vs desafiuzamentos
Os datos do INE son especialmente chamativos na conxuntura actual de
crise económica e inmobiliaria, pero especialmente polos miles de
desafiuzamentos que se están executando.
Nos últimos cinco anos, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, executáronse en Galicia 6.483 desafiuzamentos,
a inmensa maioría deles sobre vivendas, aínda que tamén hai casos nos
que o ben afectado foi un baixo comercial, unha oficina ou outro tipo de
inmoble. E só só durante o ano pasado 1.461 familias galegas (é dicir,
catro cada día) perderon os seus fogares.
O número de familias con causas xudiciais abertas por non poder facer
fronte á súa hipoteca vai en aumento. Segunda a mesma estatística, os
xulgados galegos iniciaron o ano pasado 2.528 execucións hipotecarias,
ou o que é o mesmo, procedementos mediante os cales os bancos esixen o
pago das débedas garantidas por un contrato hipotecario. A cifra é un
26,2% superior á do ano anterior e representa máis do triple das
execucións que se tramitaban en Galicia en 2007.
Esqueletes inmobiliarios en Galicia
A especulación inmobiliaria dos últimos anos deixou centos de vivendas abandonadas que murchan na paisaxe galega. En
2010, o Ministerio de Fomento cuantificaba o stock de vivendas novas
por vender no Estado en 675.000, pero distintos organismos elevan a
cifra a dous millóns. En Galicia non hai datos. A Xunta non os ten, nin
os quere ter, pero nas paisaxes urbanas e semiurbanas, as fieiras de
encostados habitados conviven con outros nos que as silveiras comezan a
ser os únicos moradores.
E hai casos espallados por toda a xeografía
galega, como a urbanización Costa Miño Golf de Martinsa-Fadesa no pobo
coruñés de Miño, Urbanización A Carballeira de Oleiros, a urbanización
Solmiñor en Gondomar, urbanización no Castiñeiriño (Compostela),
o "Miradoiro de Sales", en Vedra, a urbanizción no Val do Seixo no
Concello da Merca e un longo etcétera.
Podes ollar unha fotogalería destas urbanizacións." (Galicia Confidencial, 18/04/2013)
2 comentarios:
The gooԁ thing with this one is thаt it
is readilу available for moѕt ρeople.
Constiρation - Stop promοtes 2 to 3 healthy
bowel movementѕ еаch day. This is alsо often
known as thе lemon detox diet - giving prominence to itѕ
rolе aѕ a system tο riԁ thе body of unheаlthy tоxins.
Alsο visit my webpage laxative
I need to to thank you for this fantastic read!! I definitely loved every bit of it.
I have you book-marked to look at new things you post…
my blog post: אישורי הגעה מי יבוא
Publicar un comentario