Sacando os trapos de argazo á rúa en Muxía para secalos/ QPC
A práctica do argazo é unha actividade económica con moita historia na zona/ QPC
"Son trapos, pero non dos téxtiles. Así lle chaman en Camelle aos mantos
de algas que deixan secar nas rúas. Unha actividade que volve estar de
moda na Costa da Morte pola crise e conómica e, aínda que non é sucia, o
que traballa agora no sector non está nas mellores condicións.
Que foi do Plan de Explotación do argazo? Dende que o o PP rexeitara a
súa regulación no 2009, apenas se escoitou falar del nun recente pleno
fisterrán (moción tamén rexeitada polo grupo de goberno), e pouco máis. E
iso que a recollida de argazo é unha das actividades económicas máis
antigas da Costa da Morte.
A típica actividade que, ademais, sempre volve crecer en tempos de crise, pois ademais dos típicos pensionistas, moitos mozos, parados, intentan sacar unha axuda a través desta práctica tan tradicional.
A típica actividade que, ademais, sempre volve crecer en tempos de crise, pois ademais dos típicos pensionistas, moitos mozos, parados, intentan sacar unha axuda a través desta práctica tan tradicional.
Moita xente da zona sae cada primavera a apañar o argazo, ben sexa para
utilizar como abono para as súas leiras, ou ben para vender ás poucas
empresas do arredor que as transforman e aproveitan. Estas empresas
están en Camelle, Muxía ou Barizo, principalmente.
Cómpre destacar que as algas non só serven para consumir como alimento
(o seu consumo continúa en forte aumento) senón que conteñen compostos,
como o agar-agar, que se utiliza en numerosas industrias como
xelificante ou espesante.
Pois ben, toda esta xente está nun limbo legal. A súa actividade é
alegal, non contan nin con licenzas, non hai un control, nin un tope de
extracción, nin sequera guías, e, por suposto, non están dados de alta
na seguridade social. As autoridades fan a vista gorda e evitan unhas
multas que serían imposibles de cobrar. “É mellor estar traballando que
facendo algo malo por aí”, entenden os propios axentes do Seprona cando
atopan un apañador en plena faena.
Pero ademais disto, ao non existir unha regulación, moitos quéixanse
dos prezos abusivos das empresas que mercan o argazo. Cóntanos un
veciños que se adica a esta tarefa como nalgún momento tivo que vender
un saco de 71kg a 65€, a menos de 1€ o quilogramo de alga, seca!.
“É un traballo tremendo. Tes que mollar as orellas para, se cadra,
apañar 3 ou 4 sacos. Despois carrexalos ribeira arriba co que pesan
cando están mollados; estiralos no paseo para que sequen. E de aí á
empresa de turno a esperar que paguen o que consideren oportuno”,
explica.
“E ollo de non caer ao mar… que xa algunha vez salveime de
milagre”, recorda indicando que, aínda que o seu traballo non é tan
perigoso como o de percebeiro, si que ten os seus riscos." (Galicia Confidencial, 18/06/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario