"O pasado 30 de abril, Editorial compostela, S.A., o grupo matriz de El Correo Gallego, Radio Obradoiro e Correo TV,
recibiu un aval por parte do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE). O acordo foi publicitado case cinco meses despois no Diario
Oficial de Galicia.
Sen embargo, na orde publicada no DOG non figura os motivos
polos que a Xunta decidiu darlle este aval de tal cantidade a un medio
de comunicación que, desde hai tres anos, leva despedindo traballadores e
realizando ERE's temporais. De feito, e segundo as fontes consultadas, a situación económica desta empresa é "alarmante" e podería estar preto da "quebra técnica".
O IGAPE concede estes avais para apoiar plans de
viabilidade de empresas, para apoiar accións que sexan consecuencia de
plans e programas sectoriais de competitividade ou para o apoio e
promoción de novas empresas ou ampliación das existentes. Segundo estas
fontes, os cartos que a Xunta lle deu á Editorial Compostela son para realizar un plan de viabilidade.
Para este tipo de operacións, a duración do aval concedido non excederá de cinco anos
nos casos de reconversión e reestruturación de empresas e consistirán
na prestación de aval ás empresas beneficiarias perante as entidades de
crédito ou establecementos financeiros de crédito legalmente
establecidos. O aval terá un carácter subsidiario e a comisión anual non será superior ao 1% do importe do aval.
Para obter este aval, Editorial Compostela tivo que entregar, supostamente, un plan económico-financeiro, elaborado por unha auditoría independente, para facer viable a continuidade da empresa. (...)
E é que este tipo de préstamos ten os seus riscos, sobre todo, para os petos dos galegos. O pasado ano, o Consello de Contas, chamou a atención sobre unha serie de "riscos e ameazas" que poderían "afectar á sustentabilidade financeira de todo o sector".
E o principal destes riscos sitúase, segundo Contas, no IGAPE cuxa
misión pasa por favorecer a creación de empresas e atraer
investimentos.
"Algunha das operacións realizadas pode ter unha repercusión futura nas contas públicas e mesmo obrigar á Xunta a facerlle inxeccións de capital",
alertaba no seu informe este órgano. Ademais, suliñaba que nos "últimos
anos o Igape incrementou notablemente a concesión de avais a operacións
de préstamo ou crédito, cuxo risco é asumido pola administración
autonómica".
Para estas operacións, o IGAPE acudiu ao Banco Europeo de Investimentos. Pero a
finais de 2010, o saldo dos créditos concedidos por esta vía ascendía a
82,4 millóns, "dos que 14,3 foron considerados de dubidoso cobro"
polo propio IGAPE.
"A situación económica pode afectar
considerablemente á recuperabilidad dos importes concedidos", avisa
Contas. "Non se debe esquecer que estas operacións si poden ter unha
repercusión futura nas contas públicas, xa que se os prestatarios non
poden devolver o financiamento concedido será necesario facer inxeccións
de capital no Igape para que atenda os pagos do BEI", explica." (Galicia Confidencial, 18/10/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario