"Despois de pechar Orinoco, a mostra que Museo Gaiás desmontará nos
próximos días, o centro de arte da Cidade da Cultura prepárase para
acoller “Auga Doce”, unha exposición promovia pola Axencia de Turismo de
Galicia, entidade que publicou o 30 de decembro no DOG
o concurso para a súa montaxe.
Serán 237.958,60 euros (196.660 € máis
41.298.60 en concepto de IVE (21%)) os que a Xunta investirá en montar
unha exposición que ten como título “Auga Doce” e que estará aberta ao
público dos meses de marzo a setembro.
A montaxe recolle os elementos, mobles e instalacións para a montaxe
da mostra que contará con catro apartados “A auga na atmosfera”, “A
relación entre o home e a auga”, “A auga na superficie” e “A auga
escondida”.
Nas condicións do contrato faise fincapé na necesidade de
adaptarse ás catro caprichosas plantas do edificio deseñado por Peter
Eisenman. Trátase da terceira exposición do museo Gaiás, despois da
dedicada á pedra e a “Orinoco” que agora se pecha. Na presentación, a
Xunta anunciaba que a exposición abordaría a relación da auga doce coa
arte, a ciencia, a tecnoloxía e os sectores productivos. (...)" (Sermos Galiza, 14/01/2014)
1 comentario:
Hola, veo que no comentas nada sobre el auditorio(17 millones de €) que están construyendo en Lugo. Un saludo.
Publicar un comentario