"A última operación de Pemex en Galicia é unha máis dos
investimentos que nos últimos tempos veñen facendo as grandes
multinacionais mexicanas no Estado español. Aquilo que antes facían os
españois en Latinoamerica, fano, agora, os mexicanos con España.
Foi, precisamente, Pemex a que veu a España como un mercado atractivo, barato e con posibilidades de futuro. Por iso, en 2011 deu o gran paso do desembarco mexicano na península ao adquirir o 4,62% de Repsol (un investimento superior aos 1.300 millóns de dólares) que se sumaban ao 4,8% que xa tiña (9,49% en total).
Logo chegaron outras grandes compañías. É o caso da compra da principal compañía de autobuses ibérica Avanza pola mexicana ADO (segunda no seu país) ou da española Campofrío, líder en Europa no sector de cárnicos, polo xigante Sigma, operacións próximas aos 1.000 millóns de dólares cada unha, reflicten o interese das fortunas mexicanas tal e como recolle unha reportaxe da BBC.
Foi, precisamente, Pemex a que veu a España como un mercado atractivo, barato e con posibilidades de futuro. Por iso, en 2011 deu o gran paso do desembarco mexicano na península ao adquirir o 4,62% de Repsol (un investimento superior aos 1.300 millóns de dólares) que se sumaban ao 4,8% que xa tiña (9,49% en total).
Logo chegaron outras grandes compañías. É o caso da compra da principal compañía de autobuses ibérica Avanza pola mexicana ADO (segunda no seu país) ou da española Campofrío, líder en Europa no sector de cárnicos, polo xigante Sigma, operacións próximas aos 1.000 millóns de dólares cada unha, reflicten o interese das fortunas mexicanas tal e como recolle unha reportaxe da BBC.
Os bancos españois, pola súa banda, reciben inxeccións de liquidez de millonarios mexicanos como David Fernández (Sabadell) ou Antonio del Valle (Popular). Este último forma parte dunha familia de orixe asturiana que se converteu na sétima máis rica de México, segundo Forbes. Tamén o home máis rico do planteta, Carlos Slim, fixo o propio coa compra de máis de 400 sucursais da Caixa catalana.
E é que México é o país latinoamericano que máis investiu en España na última década, segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal). A pesar diso, até 2009 os investimentos considerábanse modestas e puntuais. Nos últimos anos a tendencia cambiou. O Citibank, por exemplo, espera este ano investimentos latinoamericanos (a maioría delas mexicanas) por un valor de 2.700 e 4.000 millóns de dólares.
O que fai vinte anos facían os empresarios españois en México, cando comezaron a investir en bancos (España é o segundo investidor en México despois de Estados Unidos), agora protagonízano os mexicanos. Nisto inflúe o crecemento sostido de México que para os próximos dous anos calcúlase nun 3% e un 3.5%, segundo as últimas previsións do Fondo Monetario Internacional.
De feito, os medios mexicanos destacan os investimentos no país europeo con títulos que subliñan os baixos custos das empresas españolas. "España está en remate", titula El Economista, "Mexicanas de compras", di Expansión ou "Avalancha de inversiones de México en España", destaca Dinero.
Outros mesmo son máis elocuentes como unha columna de Luís Miguel González titulada "ADO en España, la venganza de Moctezuma II", na que fala da compra da empresa de autobuses Avanza como a segunda maior operación de México en España despois da millonaria compra de accións de Pemex na española Repsol.
"A España vaille a pasar o que lle pasou a México nos 80. Coa crise os custos baixaron. Había talento bo e barato. Moitas das empresas que foron a China, en sectores como o das maquilas, están a regresar a México porque os custos non son moi diferentes e é moi importante a experiencia", destaca Luís Solís, decano asociado da IE Business School de Madrid en declaracións á BBC.
Prevese que os investimentos mexicanos en España continúen en sectores como o inmobiliario, a gastronomía, a hostalaría, a industria de novos materiais para o sector aeronáutico e automotriz como a tecnoloxía que desenvolve España para Airbus. De feito, a propia Pemex mercou o 51% de Barreras coa intención de levar toda a tecnoloxía deste asteleiro para a construción de buques no país azteca.
"A México tamén lle interesan moito as enerxías renovables. É un país que segue importando petróleo para o seu consumo. Outro sector é o da saúde e a biotecnoloxía. España é un país con moi bos médicos e con investigacións punteiras", subliña Solís.
Tamén as universidades mexicanas, pola súa banda, como o Tecnolóxico de Monterrey, están interesadas en abrir sedes en España para formar a executivos latinoamericanos." (Galicia Confidencial, 30/01/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario