"Os recortes sanitarios e a paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria. Eses son unha das principais causas do colapso que está a sufrir nas últimas semanas a sanidade pública. Así o denuncia a o Sindicato Sanitarios Galegos Públicos ( SAGAP )
que di que a actual situación “non se trata dun simple adianto do pico
de gripe, como os nosos dirixentes queren facer ver á sociedade”.
Así, destaca que o “problema real” deriva, no fondo, da política de
recortes sanitarios da Xunta de Galicia. “A redución do gasto sanitario
vese reflectida ao longo de todo o ano nunha considerable redución de persoal e contratación de persoal, o peche de camas
e de unidades, escaseza e diminución notoria da calidade de recursos
materiais (faltan padiolas, agullas, roupa... ), o desabastecemento das
farmacias hospitalarias, e moitas outras”, apuntan nun comunicado.
Por iso, quere deixar claro que esta “situación especial”
nada ten que ver con imprevisible. “Todo o mundo é capaz de relacionar
frío e inverno con problemas respiratorios e gripes, repetíndose ano
tras ano”, engade.
Outra das cuestións que denuncian desde a SAGAP é a paralización do
Plan Mellora de Atención Primaria que, di, repercute tanto na prevención
como no correcto seguimento e control dos pacientes para evitar a súa
chegada ao sistema hospitalario.
“A todo isto debemos sumar outros factores como o envellecemento da nosa poboación,
con necesidades de saúde aumentadas, o recorte nas axudas á
dependencia, o copago sanitario e a diminución da capacidade económica
das súas pensións que fai que, moitas veces abandonen os seus
tratamentos, e por tanto debiliten aínda máis a súa saúde”, engade.
Por iso, insiste, que o colapso sanitario é “estrutural”,
que pouco ten que ver coa gripe, e que non se resolve “coas simples
desculpas do presidente de quenda”. “Son desculpas que de pouco valen
aos profesionais que día a día, minuto a minuto, déixanse a pel no seu
traballo, tratando de facer menos visible esta situación de caos
insustentable e indefendible e en pouco reconfortan aos pacientes e
familiares”, di ao tempo que esixe unha “xestión eficaz e eficiente” dos
recursos públicos." (Galicia Confidencial, 13/01/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario