21/1/15

“Só hai unha ambulancia para Santiago e arredores”

"Isabel é unha veciña de Ames que presentou distintas queixas ante o SERGAS polo mal funcionamento do servizo de urxencias do CHUS. A súa nai ten 90 anos e o trato recibido puido complicar todo aquilo que se acababa de controlar collendo unha pulmonía ou tendo un accidente o subir a casa.

A primeira queixa data do día 2 xaneiro; tras acudir a urxencias a doutora dá o alta e Isabel solicita que se lle axude para poder cambiar a súa nai de roupa. “Non hai persoal sanitario suficiente", é a resposta recibida. A enferma continúa co camisón sanitario e unha simple manta; tras esperar neste estado 5 minutos na rúa, “con tódolos riscos que iso conleva para unha persoa da súa idade”, apunta a súa filla.

Cando a levan ao domicilio a ambulancia non dispón de cadeira de rodas polo que Isabel ten que subir a casa e baixar unha cadeira de cociña coa que se sobe á enferma ao domicilio.

O 11 de xaneiro Isabel volve pasar por urxencias coa súa nai e tras o alta solicita de novo unha ambulancia para trasladar ao seu domicilio á enferma; a ambulancia chegou tras unha espera de seis horas e media. A explicacións que se lle deron a Isabel é que "só hai unha ambulancia para Santiago e os pobos de ao redor". Unha ambulancia que, supostamente, ten que atender un volume de poboación de máis de 150.000 habitantes.

Esa espera de 6.30 horas puido ser o motivo, segundo a familiar, dunha nova infección. Ademais, e por se todo isto non fora pouco, Isabel denuncia que o asento do acompañante da ambulancia tiña o cinto atrancado e non o puido abrochar en todo o traxecto.

Estas son algunhas das queixas que estes días están chegando aos xornais. E a pesar da situación, tanto o Sergas, como o presidente galego, insisten en que o sistema sanitario está funcionando ao 100%, tanto en persoal como en medios." (Galicia Confidencial, 18/01/2015)

No hay comentarios: