"(...) Segundo o estudo “Pobreza Energética en España. Análisis de Tendencias”
a proporción de fogares en Galiza que destinan máis do 10% dos seus
ingresos –o que se considera un gasto excesivo – en consumos de enerxía
é dun 18% en 2012, é dicir, serían máis de 455 mil persoas no noso país
as que se encontran nesta situación, máis do duplo das que había en
2006. (...)
O promedio anual de mortes por esta causa en Galiza de 1996 a 2011
estaría entre 200 e 800 personas, dependendo o criterio de cálculo que
pode elixir. (...)
-Cales serían solucións de acceso democrático á enerxía para
familias, aldeas, comunidades de veciños, explotacións agrarias, etc.?
É preciso camiñar para aumentar a capacidade de autoabastecemento de
todos eles e ir cara á unha xeración eléctrica distribuída e coa
participación directa da poboación. Mais para conseguilo é necesario
mudar o actual marco legal que vai en dirección contraria. (...)
Con menores ingresos reais familiares e cunha elevación considerábel dos
prezos da enerxía, o número de familias en pobreza enerxética medrou de
forma notábel en países onde antes era máis residual. Xa non é problema
duns poucos ou doutros países, nos países desenvolvidos agora é un
fenómeno cotiá." (Entrevista a Xoán Doldán, Sermos Galiza, 20/01/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario