29/9/15

A conexión da Operación Patos co chófer de Louzán

"Na lista de 49 pontenciais imputados da Operación Patos chama atención a presencia de dous construtores en relación coa Deputación de Pontevedra. Trátase de Jesús Fontan Piñeiro, de Covsa, e Mauricio Rodríguez Osorio, de Construccións E.C. Casas. Dúas empresas que foron invitadas a concursos que acabou gañando a construtora da familia do chófer do presidente. 

A Policía cre que as compañías citadas no sumario da Operación Pators pactaban prezos para repartirse as contratas. O presunto modus operandi era o seguinte: unha administración tiraba de procedemento negociado sen publicidade para adxudicar unha obra. 

Trátase dunha vía legal que permite non sacar as obras de menos de 50.000 euros a concurso, senón pedirlle prezo únicamente a tres compañías. As empresas invitadas pola Deputación serían escollidas en función do criterio do presunto líder da trama, Enrique Alonso Pais, de Construcciones Eiriña.

 Os construtores invitados a participar serían case sempre os mesmos, podendo pactar entre eles o reparto dos traballos públicos.

Ademais de nas adxudicacións da Operación Patos, Covsa e Construccións E.C. Casas foron invitadas a outros dous contratos negociados sen publicidade, contratos que  gañando unha empresa da familia do chófer de Rafael Louzán, ex-presidente da Deputacion de Pontevedra.

Construcciones Transportes y Aglomerados de Galicia COTRARGA, empresa de obras na que Jesús Pombo Varela foi administrador único (agora figura Patrica Pombo Varela). Os Pombo Varela sons curmans de Marcos Galiñanes Varela, quen foi chófer de Louzán até que entrou como funcionario na Deputación.

En 2011 Cotrarga gaña 91.000 euros pola obra "reposición e acondicionamento dos firmes nos lugares de Apedrado, Pumadartán e Longas (Moraña)". A Deputación resolveu este contrato a dedo, mediante o procedemento negociado sen publicidade. 
Ademais da compañía da familia do chofer, a Deputación pediulle precio a Construccions Obras e Viais SA (COVSA) e Construccines E. C. Casas, dúas empresas que tamén gañan habitualmente contratas da Deputación e cuxos directivos están agora a piques de seren imputados na Operaicón Patos.
En 2012  Cotrarga faise con máis de 227.000 euros pola obra "mellora e ampliación da Estrada Provincial 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro". Rafael Louzán tamén resolveu este contrato a dedo, mediante o procedemento negociado sen publicidade. De novo só se lle pediu prezo a Cotrarga, Construccions Obras e Viais SA (COVSA) e Construccoines E. C. Casas.
En relación coa Deputación de Pontevedra, a fiscalía pide a imputación dos empresarios de Covsa e E.C. Casas e das costructoras Canalizacións y Construcciones Salnés (Diego González Fernández), Manuel Fernández Valdés (Construcciones Crespo), Angel Pintos Vila (Sercoes Obra Civil) e Juan Manuel Carro Pelllejero (Caldevergazo). 
No sumario a Polícia ve comprobado as "influencias" de Eiriña -a construtora de Alonso Pais presunto cerebro da trama- sobre "funcionarios e o daquela presidente para lograr as obras"· Por iso imputa a Louzán, ao vicepresidente José Manuel Figueroa, ao xefe de Servizos Técnicos Manuel Ángel Juanatey, ao xefe de gabinete Luis Serantes e ao responsábel da delegación en Vigo Julio Manuel Vázquez. 
As obras que están baixo sospeita da Deputación son unha ponte na Estrada, os campos de fútbol de Moraña, Coia e Coruño, o abestecemento de Nigrán, Olveira e Poio, as áreas de descanso de Chans e Bembrove e a reforma do centro social Pena Moura."         (Manuel Vilas | Pontevedra | Galicia Confidencial, 22/09/2015)                 

No hay comentarios: