5/10/15

Lanzan o primeiro portal galego de compra e venta de artigos para Internet

"Un emprendedor galego, Borja García, baseado na cidade de Vigo, acaba de crear losredactores.com. Trátase do primeiro portal deseñado en Galicia especializado na compra e venda de artigos e contidos para páxinas web.

O rexistro por parte do redactor web que ofrece os contidos é totalmente gratuíto e efectuase de xeito moi rápido. Unha vez rexistrado, os usuarios poden fixar un prezo por cada un dos seus escritos, que se clasificará dentro dunha das máis de vinte categorías. A partir deste intre, é cando entra en funcionamento a ferramenta tecnolóxica. "Nós ocupámonos de bucarlle compradores", explican os promotores do portal vigués.

Dende o punto de vista das empresas ou publicacións, o sitio web, que forma parte do grupo de portais galegos Donwebmaster, resulta especialmente interesante para quen necesite de bos contidos rápida e puntualmente.  

Publicar artigos que interesen a audiencia regularmente  é un requerimento imprescindíbel para posicionar nos primeiros lugares as  webs en buscadores como Google ou para gañar seareiros a través de perfís en redes sociais como Facebook. Por exemplo, a necesidade de actualizar para estar ben poscionado é o motivo que leva a moitas tendas en liñas a manter un blog de seu.

Unha das vantaxes desta nova ferramenta dixital é a súa rapidez. En losredactores.com resulta posíbel mercar artigos a través de Paypal e adquirilos de xeito inmediato, despois de recargar o noso saldo de cliente.

Antes de mercalos, pódese consultar o título da peza, o ton do artigo e o número de palabras. Realizada a selección do artigo, a súa compra é instantánea, debido a que as pezas ofertadas están xa redactadas.

Ademais, existen multitude de categorías dispoñíbeis nas que escoller; dende contidos de viaxes até trucos de beleza ou artigos sobre comunicación, cociña, animais ou ciencia, entre moitos outros."                  (Galicia Confidencial, 30/09/2015)

No hay comentarios: