"Seis de cada dez fogares de Galiza recoñecen que chegan a final de mes con dificultade ou con moita dificultade, segundo o informe publicado esta terza feira polo IGE.
Un 58% das familias recoñecen esta situación, o que supón un aumento a
respeito do ano anterior, en que a porcentaxe era do 57%.
De cada 100
fogares galegos, 45 afirman que chegan a final de mes con “dificultade” e
13 con “moita dificultade”. Na outra cara da moeda, os 42 que afirman
que acaban o mes con facilidade ou moita facilidade.
Así pois, hai 476.000 fogares no país que pasan dificultades para
acabar o mes e 138.000 que pasan moitas dificultades. Esta radiografía
do país que ofrece a 'Enquisa estrutural a fogares' tamén
indica que nun 32% dos fogares os seus ingresos proceden só de
prestacións. E para o 44,6% das familias as prestacións representan máis
da metade dos seus ingresos.
Aliás, o 22% da poboación que vive en Galiza está en risco de pobreza
ou exclusión social. Dase un incremento na poboación entre 50 e 60 anos
de idade, mentres que entre os de máis de 65 anos baixa lixeiramente." (Sermos Galiza, 30/12/15)
No hay comentarios:
Publicar un comentario