"O tempo dos coitelos longos:
Logo da desfeita electoral de Nós Candidatura Galega (alias BNG e catro ghatos!) o vixía da UPG emitiu o seu veredicto: DEMOLEDOR, un breve artigo en Terra e Tempo no que Paco arremetía coma un touro contra a afirmación de Beiras de que Galicia precisaba da axuda dos demáis partidos para reivindicarse coma entidade propia en Madrid.
A culpa dos resultados demoledores para o BNG non foi a súa mensaxe manida nin as persoas que seguen poñendo verdes aos galegos que votan PP ou PSOE ou calquera outra cousa que non sexa ao único partido que dísque traballa polo futuro da Galiza.
Igual era ben que Paco Rodríguez lera esta tese doutoral na que se explican cousas que algúns NON son capaces de ver a pesares de telas diante dos ollos, Paco aínda non foi quen de entender o 15M e segue sen querer enterarse de nada!
Veleiquí as palabras do sabio da UPG:

Lendo algúns comentarios teño a sensación de que gostarían de que se me aplicase a censura sumaria, isto é, non poder nin opinar. Porque o que digo son obviedades contrastadas. En todo caso, alá cada quen cos seus rancores e improperios, debo aclarar:
1) a lei electoral da II república nada tiña a ver con esta: había, na prática, con limitacións, listas abertas, e Castelao foi votado como tal persoa dentro do cupo para as minorías como galeguista ou na Fronte Popular tamén como tal deputado galeguista;
2) a unidade cos partidos da Fronte Popular fíxose coa condición de todos apoiaren o Estatuto para Galiza: cal é o obxectivo específico para Galiza de En Marea? Non o sabemos.
3) Na información do Ministerio do Interior, figura a designación de dúas maneiras distintas: como Podemos, En marea, e como En Marea.Podemos, único caso das tres coaligazóns de Podemos con forzas ou movementos de ámbito non estatal... Non sei por que, pero así é.
4) Permítome preguntarlles aos que denigran o BNG, que pensan da experiencia AGE? Non enrubescen cos resultado práticos en tan pouco tempo? Non é AGE unha parte de En Marea? É iso a nova política? Cantos votos tería en Marea, de non ir aliada con Podemos? Cantos dos seus votantes o fixeron por Pablo Iglesias? É Pablo Iglesias nacionalista galego? Todo pode ser criticado, pero hai evidencias que merecen unha consideración, por máis que esas evidencias nos sitúen perante problemas obxectivos que poidan non gustar, e a min non me gostan.....
É triste a xenreira que algúns teñen contra o BNG, contra o nacionalismo galego, tanta que prefiren a unidade cos de fóra como for, á unidade dos dentro con obxectivos propios do país. A unidade do nacionalismo galego rompeuse sen dar mesmo oportunidade de debater que sentido pode ter a unidade cos de fóra, alternativa que nunca se enunciou dentro. Por que? Presuman do que queiran os que tanta xenreira teñen contra o BNG. Pero, por favor, que non nos dean leccións de democracia nin de renovación...É demasiado....
RESPONDEMOS:
Bueno Paco dá gloria ver que te dignas responder [...] pero NON é xenreira contra o BNG meu, senon xenreira contra algúns "dirixentes" da UPG que seguides anclados non se sabe onde e que NON permitides avanzar ao "nacionalismo galego" por non se sabe que ESENCIAS que tedes a ben custodiar!
Imos ver se clarexamos as cousas: ¿non comprendes por que tanta xenreira conta tí...? Pois bastaría ler aquel artigo que publicaches aló polo 15M cando medio mundo estaba nas prazas e tí falabas de non sei que espanholismo (?) Segues sen reconocer a propia culpa, tanto tí coma Bautista Álvarez, e a xente militante tenvos MEDO e nin dios se atreve dicirvos o que pensa realmente dende hai ben de anos atrás... Esa é a xenreira que destilan algúns comentarios, non é contra o BNG que certamente traballou arreo durante anos a prol da xente do común deste país que tamén É O NOSO PAÍS !!!
Castelao na vida houbera posto pexas á UNIDADE DA ESQUERDA en GALICIA (fóra toda ela galega ou medio-pensionista coma Podemos ou Esquerda Unida ou mesmo algunha confesión evanxélica na que abondaran os xitanos...)
Castelao, se non estou equivocado, falaba dun soño, Federación Ibérica dos pobos da Península (non sei se as Canarias quedarían fóra para quen tedes as entendedeiras tan estreitas que só contades os VOTOS que poden sentarvos no Palamento Español, no que Paco estivo once longos anos e non escoitei nada contra daquel BNG nin dos votantes que eran cada quen do seu pai e da súa nai... agás que pensemos que tiñamos todos o RH - que tanto lle gostaba ao camarada Arzallus....
Daquela co pacto GALEUSCAT décheslle o escano europeo a un espabilado
de Convergencia e Unió, con oratorio privado na capela do Mosteiro de
Montserrat, sacrificando a Camilo Nogueira!!! ¿eran acaso mellores tempos para GALICIA ou conviñavos a VÓS?
PACO RESPONDE:
Todo moi lindo. Todos argumentos ad personam...
Algúns que meten medo e destilan prexuízos a mantenta.
Desde logo, eu nunca metín medo a ninguén, nin exercín de xefe ególatra, como si fixeron outros que son guais seguramente para Gamela. Sobre o meu papel en Madrid, xa nin comento. Pódese recorrer ao Diario de Sesións e ao Boletín do Congreso: falan por si sós. Pobre UPG!!! orixe de todos os males. Nin unha soia argumentación contra as evidencias que expuxen, que son políticas e claras. Recomendo un pouco máis de ecuanimidade á hora de falar dos demais.
Si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén...
E VELAÍ A RESPOSTA QUE NON MERECE VER A LUZ no Terra e Tempo (voceiro da UPG):
RESPOSTA a Paco Rodríguez:
Paco se os argumentos son "ad hominen" é precisamente porque "es tí o problema" levas tantos anos pontificando sobre o que é o que non é GALEGUIDADE e SER VERDADEIRO GALEGO que xa nin te decatas do dano que levas feito a este pobo que vive asfixiado por vinculeiros da 'merda' disfrados de señor...
e resulta que chega a UPG e en lugar de "contar coa xente" adícase a "CONTAR XENTE" (este sí, este non, este é bo e xeneroso este non pasa de cativo-burgués-espanholeiro...)
Sí, Paco, sí... fuches tí, e algún máis, os que determinachedes quén ía e quen viña de volta no "voso nacionalismo de libreta"; por iso Paco diríxome a tí en primeira persoa e gostaríame que non te puxeras de PERFIL botando culpas fóra, coma se non tiveras feito PURGAS ao longo da túa vida política en Madrid ou en Galiza tanto ten...
Repito, para concretar, que o teu último ERRO POLÍTICO consistiu en dinamitar calquera confluenza do "nacionalismo" cos rapaces do 15M que encheron prazas en Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense, Cangas, Tui, e tantos sitios máis... e tí sen piedade pontificaches unha vez máis -coma aínda estás a facer hoxe con Podemos- que eses non son GALEGOS que eses siguen as consignas de Madrid... ¿e tí quén es para ROMPER a unidade do pobo? ¿acaso non deches tí consignas sobradas ao longo dos anos? ¿por certo, se o BNG desapareceu do Concello de Vigo tirando por terra 5.000 votos non hai responsables do papelón que lle obrigaches a xogar encumbrando ao cacique local Abel Caballero? [...]
Non te queixes, que estou a ser suave...
Non é un ad hominen miserento, é só poñer en claro que VÓS sodes tan culpables coma o Beiras do "atraso político de Galicia"... pero disque rectificar é de SABIOS, e tí tamén estás a tempo de facelo se quixeres (Bautista non é preciso que rectifique, el está moi contente sendo terco! a xulgar polas súas últimas palabras -sobre o bico de Callón- que mellor deixamos correr...)
En fin, tí mellor que naide, sabes como están de tensos os fíos da UPG e polo tanto podes achegarte a este pobo ferido de morte durante anos pola vosa INCONGRUENCIA E INTRANSIXENCIA e basta pedir perdón un día, e arrimarse coma un máis para tentar CAMBIAR A HISTORIA!
Non é tan difícil, Paco, basta "querer mudar" e sen dúbida serás querido e venerado coma un dos pais desta patria común que vén sendo a "nosa terra", Galicia Sempre, e cicais algún día unha República Ibérica...!
Mellor non dar máis voltas, o dano está feito, agora cómpre porlle REMEDIO! (basta de buscar culpables!)
Unha última liña para deixar as cousas no seu sitio: lembras que berrábamos no 1975-78
¡¡ DISOLUCIÓN DOS CORPOS REPRESIVOS !!
Pois iso é o que toca, disolverse para camiñar máis lonxe que nunca...
Esta discusión comezou no Terra e Tempo.

E rematou no Galicia Confidencial, sitio no que se fai público o que censura Terra e Tempo.
Nota Bene:
Dúas palabras sobre o noxento artigo de Bautista Álvarez, "Cómo cambater as horas baixas"
Afirma Bautista: ...daquela soñaban algúns con baixar da serra de Manzaneda con estadullos e fouces irmandiñas, e, chegando a Compostela, queimar a bandeira española e enarborar a nosa no seu lugar...
E digo eu, que lamentablemente algúns valentes fixeronlle caso aos "covardes tabernarios" e foron executados vilmente sen que ningún dos autoproclamdos "pais da patria de cartón" deran un paso á fronte cando foron asasinados no setembro do 75.
O falar non ten cancelas... o malo é que algúns fanlle caso e perden a vida traballando para que eles engorden...!
Agardamos que os militantes da UPG fagan xustiza "colgandoos" da parede de cada en seu estadullo!" (Gamela | GC ABERTO | 15/01/2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario