"Unha tese doutoral, presentada na Facultade de Veterinaria da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), investigou a enfermidade
provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción
de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e
en España.
O autor da investigación é Abul Farah Md. Hasanuzzaman, da Khulna University de Bangladesh, integrado no departamento de xenética da USC.
Segundo esta investigación, a comprensión dos mecanismos moleculares
que están detrás desta enfermidade é un requisito esencial para
desenvolver estratexias que permitan o seu control, polo que esta
investigación representa "unha información clave" para conseguilo.
O estudo analiza os mecanismos xenéticos empregados polo parasito para
superar as defensas inmunitarias da ameixa. Desta forma, puídose coñecer
as causas desta tipoloxía e progresouse no coñecemento desta
enfermidade." (Galicia Confidencial, 30/06/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario