"O Estado español terá que facer fronte a unha multa de 46,5 millóns de euros polas grandes deficiencias atopadas polos inspectores europeos en Vigo, Ribeira e Santiago, así coma noutras 14 cidades.
De feito, a Comisión Europea anunciou que levará a España ante o
Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprir as normas en materia
de recollida e tratamento de augas residuais nestes
concellos.
Amparándose nunha sentenza anterior que obriga ao cumprimento
de recollida por supór "riscos significativos para a saúde humana",
pedirá que se lle impoña unha elevada multa.
Non é a primeira vez que o Goberno español ten que facer fronte a este
tipo de sancións, especialmente, polas deficiencias en depuración de
augas residuais, como aconteceu en varias ocasións coa situación de
algunhas depuradoras en Vigo e a rexeneración do río Lagares.
De feito, Bruxelas xa levou a España ante o tribunal
por este motivo e, en 2011, a sentenza fallou en contra das autoridades
españolas e apuntou deficiencias en 37 puntos urbanos a pesar de que o
prazo para aplicar a normativa terminara no ano 2000. Cinco anos
despois, 17 cidades de Galicia, Andalucía, Asturias, Valencia e Canarias
seguen sen cumprir as normas, pondo en "risco" a saúde de 1,4 millóns
de persoas." (Galicia Confidencial, 18/11/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario