"Nestas xornadas presentaranse oito comunicacións. Seis delas repasarán os traballos das comisións que soportaron o lanzamento da sonda estratosférica MarumaSat en maio de 2016, que constituíu o primeiro fito desta carreira espacial.
Tamén presentarán comunicacións os centros que se incorporan ao proxecto, ben para achegaren innovacións que permitan obter datos científicos máis sofisticados, ben para a creación da marca da axencia, que será escollida horizontalmente a través dos teléfonos intelixentes das persoas participantes no propio evento.
Recollida da sonda Maruma Sat logo da súa viaxe á estratosfera
| Fonte:
marumasat
Maruma Sat
O Maruma Sat foi un proxecto educativo do IES Maruxa Mallo que tivo como finalidade crear unha sonda estratosférica que foi lanzada a máis de 30.000 metros en maio do pasado ano. A iniciativa contou co apoio dos comerciantes locais de Ordes.
O lanzamento do Maruma Sat foi retransmitido en directo por Internet o 20 de maio e o proxecto serviu para que os alumnos analizaran os datos recollidos pola sonda." (Galicia Confidencial, 20/01/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario