"Xosé Antón Álvarez Salgado, do Instituto de
Investigacións Maríñas, explica na revista National Geographic o
proxecto ClimeFish para estudar e predicir os efectos do cambio
climático nos mexillóns galegos e outras especies mariñas.
Galicia é, despois de China, líder mundial en cultivo e comercialización
de mexillóns. As nosas rías contan con máis de 3.300 bateas. Porén,
este molusco, ao igual ca outras especies, enfróntase aos riscos que
supón o cambio climático.
Co obxectivo de estudar e avaliar estes efctos
nas especies do mar, púxose en marcha o proxecto ClimeFish, financiado
pola Comisión Europea e coordinado pola Universidade de Tromso
(Noruega) para "predicir e proporcionar directrices para o impacto do
cambio climático en especies mariñas e continentais de interese
comercial".
Entre os participantes de Europa, Canadá, Chile e Vietnam atópase o Instituto de Investigacións Maríñas do CSIC;
con base en Vigo, cuxo obxectivo é avaliar como o quecemento global
afectará a produción de alimentos procedentes da pesca e a acuicultura
nos próximos 50 anos e, particularmente, aos mexillóns, de especial
importancia para a acuicultura en Galicia, que xera o 98% da produción
total de mexillóns en España, con 200.000 toneladas anuais.
Cos datos obtidos do estudo, elaboraranse plans estratéxicos para as
empresas que explotan esta especie de alto valor comercial e vital para a
economía galega.
A importancia deste proxecto queda recollida no novo número de abril da revista National Geographic, na súa edición española, onde Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador principal do proxecto ClimeFish no CSIC, explica o proxecto e os resultados que están acadando.
"O cambio climático é unha realidade que xa está a afectar e continuará
facéndoo nun futuro próximo para o desenvolvemento sustentable da
acuicultura e a pesca en todo o mund
o. A poboación mundial está a crecer
e a demanda de alimentos está a aumentar, polo que é necesario facer un
esforzo para predicir como este fenómeno global afectará a extracción e
produción destes recursos, para desenvolver plans para adaptarse á nova
situación que permite tomar decisións para mitigar o seu efectos e
mesmo aproveitalos ", explica Salgado." (Galicia confidencial, 10/04/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario