"Levamos varios anos batendo récords en Galiza
no que respecta a número de contratos asinados. Mesmo durante os anos
máis duros da crise, con destrución de emprego, aumentaban as
estatísticas de contratos que se rubricaban no noso país. Así, se ben
entre 2009 e 2011 descendeu a cifra de contratos, a partir dese ano
comezou a aumentar embora seguirse a se destruír emprego. O motivo, a
temporalidade.
No 2016 asináronse perto de 942.500 contratos en Galiza. Menios de 5%
dos mesmos era indefinidos: 42.250. A inmensa maioría foron contratos
temporais, 897.205, 95% do total. E neste grupo, o maior volume
corresponde aos contratos de menos dunha semana.
Un total de 311.030
eran dese período de duración, o que supón 33%. No ano 2009 os contratos
que duraban menos dunha semana eran menos de 13% do total.
De lle engadir a eses 311.000 contratos de menos dunha semana os
perto de 100.000 contratos cuxa duración non sobrepasa o mes teriamos
que perto de 50% das contratas laborais que se asinaron durante o ano
pasado foron por menos de 30 días de duración.E hai 32% de contratos
indeterminados (moi comúns en contrato por obra ou entre os eventuais
por circunstancias da produción).
De feito, só 17% dos contratos nese ano tiveron unha duración de
entre 1 e 6 meses, mentres que 2% foron de 6 meses a 1 ano e só 0,3%
serán para máis dun ano de duración. " (Sermos Galiza, 13/03/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario