23/4/18

A defensa do monte veciñal nun medio rural vivo resoa con forza nas rúas de Compostela

"Galiza escoita, o monte está en loita”. 

Baixo este berro arrancou na explanada da estación de tren de Compostela a manifestación na defensa do monte veciñal e en man común e de rexeitamento ás políticas da Xunta que desde o sector entenden que van camiño de “privatizar” o monte. 

Centos de persoas procedentes de diferentes comarcas do país percorreron as rúas da capital de Galiza para denunciar que as últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común e a revisión do Plano Forestal de Galiza poñen as bases para “roubar” o monte veciñal ás Comunidades de Montes. Comuneiros e veciñanza de diferentes comarcas do país, de Baixo Miño ou O Salnés até Santiago, tomaron parte na mobilización, convocada pola Organización galega de comunidades de montes cos lemas Por un plano forestal para un medio rural vivoNa defensa do monte vecinal como titularidade da veciñanza comuneira.

 O propio presidente da Orgaccmm, Xosé Alfredo García, denunciaba que “aos intereses que representa e ampara o PP a figura do monte en man común estórballe, porque está fóra do comercio, non se pode negociar con ela, non se pode vender. E por riba está xestionada democraticamente, calquera cousa a facer nese monte require debate, asembleas… 

E iso non lles val, de aí que queiran convertelo en propiedade privada. Para que ? Para ter terra barata para instalar industrias ambiental e socialmente agresivas, como as de magaminería, ademais de proxectos como campos de golf, áreas comerciais, urbanizacións de luxo”.

 Neste sentido, na manifestación había representantes de diferentes comunidades de montes (Noalla, Barredo), que denuncian estar afectadas por diferentes proxectos (campo de golf, desafección).

 A marcha, que tiña o apoio de CIG, a Federación Rural Galega, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra e a  Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galiza; contou coa presenza, entre outros representantes políticos, dos portavoces de BNG e EN Marea. 

Neste sentido, Pontón afirmou que “o goberno ten que escoitar o clamor social e dar un xiro radical á política forestal, hai que pasar dunha política forestal pirómana que enche o país de eucaliptos a unha política que aposte por un monte limpo, vivo e multifuncional, que xere riqueza, emprego e revitalice o medio rural”.

Para Luis Villares, "a reforma do Partido Popular pretende expropiarlle os montes á veciñanza para cederllos a empresas privadas. Estamos aquí porque non nos resignamos a esas políticas do Partido Popular". 

 Desde Orgaccmm tamén fan referencia ao fracaso da Xunta na súa política antiincendios, que agora quer obrigar os propietarios a limpar os terreos. Lembra este colectivo que das 600.000 hectáreas de monte comunal que hai en Galiza, por volta de 250.000 son xestionadas pola Xunta e que hai estudos que indican que de esa superficie, por volta de 40% está abandonada. De aí que insten o goberno galego a dar exemplo."                 (Sermos Galiza, 22/04/18)


"Aos intereses que representa o PP o monte en man común moléstalles”.

“Na defensa do monte vecinal como titularidade da veciñanza comuneira”, é unha das palabras de orde da mobilización convocada pola Orgaccmm“Por un plano forestal para un medio rural vivo”  é outro dos lemas. A organización de comuneiros acusa o PP de querer “privatizar e desclasificar” os montes veciñáis en man común. “Fica claro que para o Partido Popular o medio rural non ten futuro”. 

-Denunciades que a Lei de montes veciñais en man común e a revisión do Plano forestal de Galiza sentan as bases para que o PP “roube”, dicides, o monte veciñal ás comunidades de montes…

-É un roubo e ademais é un roubo descarado. Isto vén de lonxe, de cando o PP volveu ao poder, que activa unha estratexia para eliminar estas terras de titularidade comunitaria, os montes comuneiros, e entregarlla a empresas privadas. A lei de acompañamento aprobada en decembro do ano pasado modifica dous artigos da Lei de montes veciñais e de man común, actualmente vixente e que foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego. 

Estas modificacións fainas o PP en solitario e permiten que a Consellaría de Medio Rural sexa xuíz e parte para declarar o monte veciñal en estado de abandono por razóns  puramente técnicas e administrativas, como que unha comunidade non dea constituído en forma unha xunta rectora. Debe ser a primeira vez en Europa que incumprir un precepto dunha lei non leva unha sanción senón o roubo da xestión do monte.

-Falabas antes dunha estratexia por parte do PP…

-Aos intereses que representa e ampara o PP a figura do monte en man común estórballe, porque está fóra do comercio, non se pode negociar con ela, non se pode vender. E por riba está xestionada democraticamente, calquera cousa a facer nese monte require debate, asembleas… E iso non lles val, de aí que queiran convertelo en propiedade privada. 

Para que ? Para ter terra barata para instalar industrias ambiental e socialmente agresivas, como as de magaminería, ademais de proxectos como campos de golf, áreas comerciais, urbanizacións de luxo… Ademais, e iso dío claramente o lobby forestal, queren un monte ao seu servizo, que esa industria decida sobre o monte. E para iso, claro, a propiedade veciñal en man común é  un obstáculo.

-Describes un escenario antagónico desa ‘multifuncionalidade’ que os expertos, e non só eles, destacan que debe rexer o monte galego

-O que queren eses intereses dos que falamos antes é un monocultivo forestal.

-Os montes veciñais en man común representan máis dun cuarto do territorio galego, máis de 600.000 hectáreas. Como sacar proveito a toda esa potencialidade?

-Hai que ir a unha ordenación do territorio. A capacidade de decidir nestes montes é e debe seguir sendo a veciñanza comuneira. Os cambios da Lei de monte di que un monte que non estea ‘aproveitado’ pode ser incautado, eu xa digo directamente ‘roubado’. Iso é unha vergoña. Unha asemblea xeral dun monte mancomunado decide que destina parte del para pastos, outra parte para madeira e outra déixaa como está para defender o patrimonio que hai nela. 

 Ese monte está desaproveitado? Non, pero pode ser incautado se o Banco de Terras, mira ti que función lle dá esta Xunta ao Banco de Terras, di que esa superficie é susceptible de ser forestal e non se está a usar para iso."                  (Sermos Galiza, 20/04/18)


"La Organización Galega de Montes califica de “robo” la desclasificación del de A Lanzada.

La última resolución de la Xunta por la que los terrenos del monte de A Lanzada de los comuneros de Sanxenxo pasarán a ser competencia de Costas, ha puesto en pie de guerra a las comunidades de montes de Galicia. Un dictamen que han definido como un primer paso de la “política de privatización del Gobierno gallego y que la Organización Gallega de Comunidades de Montes Vecinales (OGCMV) ha calificado de “robo a los vecinos de Noalla”.

En una circular enviada a las 50 comunidades de montes gallegas, la OGCMV ha convocado para este domingo una manifestación en Santiago para protestar contra las últimas reformas legales emprendidas por el PP y el futuro plan forestal. Comuneros de más de 3.000 montes vecinales están llamados a concentrarse en la capital gallega contra los planes de ”expropiación” de la Xunta, con el respaldo del Sindicato Labrego Galego, Atrifoga, Fruga, Adega y la CIG, entre otras.

En la circular firmada por su presidente, Alfredo Pereira, la organización de comuneros considera que detrás de la decisión del Jurado de Montes para desclasificar el itsmo de A Lanzada “hay intereses especulativos y capitalistas” porque “los montes vecinales estorban y hay que eliminarlos”.

Pereira señala que la Consellería de Medio Rural se encuentra en un proceso de desclasificar estas tierras comunitarias para entregarlas gratuitamente a las empresas forestales privadas y las diversas administraciones públicas, como Costas del Estado, en el caso de A Lanzada. “Para corroborar esta estrategia solo basta con echar un vistazo a las últimas medidas legislativas, como el pago de falsas e injustas deudas, declaración de montes vecinales en estado de grave abandono o la modificación de la Ley del Suelo de Galicia”, apunta su presidente y portavoz.

“Vienen a robarles el monte vecinal a la comunidad de Noalla (Sanxenxo) para entregárselo a un organismo del Estado central como es Costas”, denuncia Alfredo Pereira. “Las razones que llevaron al Jurado de Montes a desclasificarlo, después de declararlo vecinal en 1989, no se ajusta a la ley y son hechas a la carta, lo que supone el inicio de un proceso promocionado por el Gobierno gallego para robarnos el monte”, añade.

Pereira también ha criticado que en la ley de acompañamiento de los presupuestos de la Xunta de este año se incluyen dos modificaciones legales que afectan a los montes vecinales por las que el Gobierno gallego se convierte en "juez y parte" para declarar un terreno "en estado de grave abandono" y poder expropiarlo "por causas burocráticas y administrativas".

Además, Pereira advierte de que la revisión del plan forestal de la Xunta apuesta por incrementar el cultivo de eucalipto en vez de apoyar a las frondosas para maderas de calidad y a la multifuncionalidad del monte. De este modo, alerta de que el Partido Popular pretende "privatizar y desclasificar" unas 750.000 hectáreas que ocupan los montes en mano común, es decir, "una cuarta parte del territorio gallego", de los que se benefician más de 250.000 vecinos.

 Para la OGCMV la situación de abandono solo se puede decretar en caso de que el monte vecinal incumpla algún precepto tanto de la ley en mano común como la de prevención de incendios, o que no se elija una junta rectora a tiempo en las comunidades."Debe ser la primera vez que esto ocurre en un país que llamamos civilizado, porque el incumplimiento de una ley no solo acarrea una sanción, que en eso estaríamos todos de acuerdo, sino que acarrea la pérdida de la gestión", ha declarado Pereira.

Y advierte que la Xunta abre así la posibilidad de entregar montes vecinales que expropia a empresas privadas por un periodo de cincuenta años, sin posibilidad de recuperación de los terrenos en ese periodo, poniendo como ejemplo la futura ciudad deportiva que proyecta el Celta en Mos (Pontevedra) cuyos titulares de las tierras son los comuneros de Tameiga."                    (Elisa Lois, 21/04/18)

No hay comentarios: