"Analizar o impacto socioeconómico e ambiental da pesca marítima recreativa
(PMR) en España é o principal obxectivo do Proxecto SICORE, que lidera a
Universidade de Santiago de Compostela e que conta co financiamento da
Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura e Pesca,
Alimentación e Medio Ambiente e do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
(FEMP).
En Europa practican a PMR preto de 10.000.000 de afeccionados
que xeran un gasto para o desenvolvemento da actividade de arredor de
6.000 millóns de euros anuais. En España estímase que son 300.000, cun
gasto directo aproximado de 217 millóns. Diante destes datos, a Política
Pesqueira Común recoñece que a pesca recreativa pode ter un impacto
significativo nos recursos pesqueiros e por iso a Unión Europea comezou a
lexislala de maneira conxunta coa pesca comercial. “Para afrontar esta
estratexia é necesario realizar un maior esforzo investigador que
permita recompilar datos da actividade e así poder xestionala dunha
maneira máis sustentable”, asegura.
Non obstante, en España non existe unha recollida sistemática de información sobre a PMR en materia de participación, esforzo, capturas, gastos e perfil social dos pescadores, tal e como propón o grupo de traballo sobre pesca recreativa do International Council for the Exploration of the Sea. Esta cuestión pode resultar un problema, xa que se a Comisión Europea considera que España non está cumprindo as súas obrigas neste campo, podería impor sancións económicas tales como a imposibilidade de recibir fondos FEMP.
O PROXECTO SICORE
Para dar resposta a esta necesidade nace o Proxecto SICORE, que nesta primeira etapa se está dedicando a compilar a analizar toda a información e investigación existente acerca da PMR en España. Ademais, cara ao remate do ano está prevista a celebración don simposio internacional no que se orientarán as futuras políticas de investigación e xestión da actividade en España. Finalmente, co consenso de todas as partes implicadas, elaborarase un Código de Boas Prácticas para a actividade.
Os resultados do proxecto serán de aplicación en todo o litoral e en todas as augas territoriais españolas (tanto de competencia autonómica como estatal), coa previsión de desenvolver acción específicas en Baleares, Cataluña, Galicia, Murcia e o País Vasco.
O consorcio de SICORE está integrado por algúns de los científicos más recoñecidos no mundo no ámbito do estudo da PMR e do sector en Europa e España. O equipo investigador que coordina a USC –nomeadamente o profesor de Economía Aplicada Sebastián Villasante e o investigador posdoutoral da Xunta de Galicia Pablo Pita Orduna– está formado ademais pola Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (FEDPEMAR), o Centro Tecnolóxico AZTI-Tecnalia, as Universidades de Girona e Murcia e o CSIC a través do CEAB-CSIC e do CSIC-IMEDEA." (Galicia Confidencial, 14/04/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario