"As ‘Brigadas deseucaliptizadoras’
lanzáronse públicamente este sábado, día 21. En Froxán, Lousame, actuou
a primeira brigada, a da Barbanza, nunha xornada de traballo na que se
desenvolven diversas acción e tarefas. O monte comunal de Froxán ten cen
hectáreas, das que xa se libraron 20 de eucaliptos mos últimos anos.
Desde Verdegaia -que dan cobertura ás
brigadas-informan que durante a maña, e nunha zona perto da aldea de
Froxán, procederase a machacar manualmente brotes de eucalipto e plantar
frondosas autóctonas sobre un eucaliptal que foi rozado mecanicamente
pola comunidade. Após una pausa para o xantar e o convivio, os brigadistas desprazaranse para a parte alta do monte, onde procederán a retirar eucalipto e piñeiro de Monterrei dunha braña/turbeira que foi drenada nos anos 70.
As brigadas defínense a elas propias na súa web como “una iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza”. As Brigadas organízanse de xeito comarcal ou local, sumando grupos de persoas voluntarias baixo unha estratexia, metodoloxía e coordenación común. Cada intervención no territorio é rexistrada nun visor xeográfico que permite o seu seguemento público e cuantificación a longo prazo do impacto do proxecto.
Nunha entrevista con Sermos Galiza, Joam Evans Pin, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto, informaba da boa receptividade da iniciativa desde diferentes partes do país. Nesta altura, xa superan as 100 as persoas dispostas a ser brigadistas." (Sermos Galiza, 21/04/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario